Castelo de Sant'Angelo
O Mausoleo de Hadriano, máis coñecido como Castelo de Sant'Angelo (en italiano: Castel Sant'Angelo) é un edificio en forma de torre cilíndrica que se ergue no Parco Adriano, na cidade de Roma, a pouca distancia da Cidade do Vaticano.[1] Nun principio foi encargado polo emperador romano Hadriano como un mausoleo para el e a súa familia. O edificio foi posteriormente empregado polos papas como fortaleza e castelo, e no presente é un museo. O castelo foi outrora o máis alto edificio de Roma.
Castelo de Sant'Angelo | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | museo, castelo cuadrangular, mausoleo romano e mausoleo ![]() | |||
Epónimo | Arcanxo Miguel ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
País | Italia | |||
Rexión | Lazio | |||
Cidades metropolitanas | Cidade metropolitana de Roma Capital | |||
Concello | Roma Capitale ![]() | |||
Localización | Parco Adriano e Municipio Roma I ![]() | |||
Rúa | Lungotevere Castello (en) ![]() ![]() | |||
Código postal | 02010 e 00193 ![]() | |||
Enderezo | Lungotevere Castello, 50 e Лунготевере Кастело, 50 ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 139 ![]() | |||
Inauguración | 1906 ![]() | |||
Acontecementos | ||||
123 | comezo da construción ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario/a | Hadriano ![]() | |||
Arquitecto/a | Decriannus ![]() | |||
Creador/a | Bernardo Rossellino e Bernardo Rossellino ![]() | |||
Director/a | Giovanni Battista Borghese (en) ![]() ![]() | |||
Visitantes anuais | 918.591 ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Ben cultural de Italia | ||||
Contacto | ||||
Páxina WEB | castelsantangelo.beniculturali.it ![]() | |||
[ Wikidata ] |

Comezado polo emperador Hadriano no ano 135 para ser o seu mausoleo persoal e familiar, foi rematado por Antonino Pío en 139. O monumento, erguido con pedra de travertino, estaba engalanado no seu punto máis alto por unha cuadriga en bronce guiada polo emperador Hadriano. O edificio cambiou de uso moi axiña e converteuse nun edificio militar. Integrouse á Muralla Aureliana en 403.

O actual nome do castelo data do ano 590, durante unha gran epidemia de peste que golpeou a cidade de Roma. O papa da época, Gregorio I, viu ó Arcanxo Miguel sobre o cumio do castelo que envainaba a súa espada significando a fin da epidemia. Para conmemorar a aparición, a estatua dun anxo coroa o edificio (primeiro unha estatua en mármore de Raffaello da Montelupo, e dende 1753 unha de bronce de Pierre van Verschaffelt sobre un debuxo de Bernini).

Dende 1277, o castelo está conectado coa Cidade do Vaticano por un corredor fortificado, chamado Passetto, duns 800 metros de lonxitude. A fortaleza foi o refuxio do Papa Clemente VII durante o asedio e saqueo de Roma no ano 1527, que levaron a cabo as tropas do rei Carlos I de España, emperador Sacro Imperio Romano Xermánico.
Notas
editar- ↑ "castell Sant’Angelo". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castelo de Sant'Angelo |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial Arquivado 06 de maio de 2016 en Wayback Machine. (en italiano)