Pertinax

emperador romano no 193

Publius Helvius Pertinax, nado en Alba Pompeia no 126 e morto en Roma no 193, foi un emperador romano.

Infotaula de personaPertinax

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalPublius Helvius Pertinax
Biografía
Nacemento1 de agosto de 126 Editar o valor em Wikidata
Alba, Piemonte (Italia) Editar o valor em Wikidata
Morte28 de marzo de 193 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Roma (Italia) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata
Emperador romano
1 de xaneiro de 193 – 28 de marzo de 193
← CómodoDidio Xuliano →
Procónsul
188 – 189
Gobernador romano
175 – 185
Senador romano
Prefeito urbano (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
RelixiónRelixión na Roma antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , militar , soldado Editar o valor em Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeFlávia Ticiana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParellaÂnia Cornifícia Faustina Menor (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosPertinax Caesar (en) Traducir
 () Flávia Ticiana (pt) Traducir
Helvia (en) Traducir
 () Flávia Ticiana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisHelvius Successus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e valor descoñecido Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 35110089 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Durante os seus anos mozos estivo traballando como ensinante de gramática. Enrolouse no exército, e grazas ao patrón do seu pai, Loliano Alvito, cónsul no 144, foi nomeado centurión. Decontado amosou o seu gran valor nas guerras particas e foi trasladado a Britania. Dende alí o seu seguinte destino foi Mesia, como praefectus alae, onde estivo ao mando dunha das ás da cabalaría. Volveu trocar de destino, xa administrativo, en Alba Emilia, como praefectus alimentorun, cun novo cargo para a frota do Rhin. De alí marchou á Dacia como ducenarius, ou sexa, supervisor das contas da provincia, cargo que o levou a ser acusado falsamente de malversación dos fondos públicos. Foi cesado polo emperador dos seus cargos.

Retirado, foi chamado por T. Claudio Pompeiano para servir nas súas forzas como xefe da cabalaría. Pompeiano era o xenro do emperador Marco Aurelio no tempo en que os marcomanos irromperon en Aquileia, onde Pertinax estaba destinado. Destacou na loita contra os marcomanos, polo cal foi recompensado polo emperador, que o introduciu no Senado, xa que a súa honra estaba limpa ao se descubrir que a malversación fora unha trama para afastar un funcionario honrado e pouco dado aos subornos. Como a guerra continuaba, Pertinax foi nomeado legado da lexión I Adiutrix, para rexeitar os marcomanos de Raetia e Noricum, acción que conseguiu facer brillantemente. Marco Aurelio nomeouno cónsul.

Enviado a Siria no 175, tivo que volver de novo para o Danubio, xa que a guerra empeorara naquela provincia. Foi nomeado no 179 gobernador da Dacia, despois de telo sido da Mesia Superior e Inferior. Finalmente, e como cumio da súa brillante carreira, déronlle a Siria para gobernar. Á morte de Marco Aurelio parece que se deixou levar polas prebendas do cargo, xa que volveu a Roma moito máis rico do que fora na Dacia.

Xa en tempos de Cómodo, foi chamado por este para sufocar unhas revoltas entre as lexións afincadas en Britania. Á súa volta foi nomeado prefecto de Roma. Co asasinato de Cómodo, Pertinax foi nomeado emperador polos pretorianos. Só ocupou o cargo 83 días, xa que todas as iniciativas que tomou para volver a tempos anteriores foron mal tomadas, especialmente polos pretorianos, que querían continuar coas súas prerrogativas. Os seus esforzos para trocar o senso que estaba a tomar o imperio e rematar cos tempos de excesos de Cómodo remataron co seu asasinato polos propios pretorianos que o nomearan emperador.

Imperio Romano

Segue a:
Cómodo
Pertinax
Precede a:
Septimio Severo
Dinastía dos Severos

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar