Derek Allen
Derek Fortrose Allen, nado en Epson, no condado de Surrey, o 29 de maio de 1910 e finado en Chipping Norton, Oxfordshire, o 13 de xuño de 1975, foi un conservador de museo e numismático inglés, vinculado ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico e directivo da Academia Británica desde 1969 ata o seu falecemento.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de maio de 1910 Londres, Reino Unido |
Morte | 13 de xuño de 1975 (65 anos) Chipping Norton Oxfordshire Inglaterra |
23º Presidente da Real Sociedade Numismática | |
1966 – 1970 ← Philip Grierson – Colin M. Kraay → | |
18º Presidente da Sociedade Numismática Británica | |
1959 – 1963 ← Horace Herbert King (en) – Charles Wilson Peck → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Británica |
Q89547790 | Catalogación de moeda británica no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Ocupación | arqueólogo , numismático |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Winifred Gell (1938) |
Fillos | Nicholas Justin Allen (pt) |
Premios | |
- 1953: Medalla Sanford Saltus, da BNS. - 1966: Medalla da RNS. - 1971: Membro honorario da British Numismatic Society. | |
Traxectoria
editarInfancia e formación
editarDerek Allen era fillo do xurista Ernest Allen e de Elsie Mackenzie, que lle transmitiu a Derek a súa paixón pola música.[2] Logo do ensino primario en Sutton, cursou a educación secundaria no Wellington College de Berkshire. A delicada situación económica da familia na década de 1930 impediu que puidese realizar estudos superiores, aínda que afondou na súa formación musical co propósito de chegar a se converter en profesional, o que o levou a residir en Oxford.[3]
En Oxford tomou contacto coa historiografía e a arqueoloxía influído por varios dos seus profesores, e empezou a acudir a algunhas escavacións. Un deses profesores, Michael Parker, propúxoo para ocupar un posto vacante no Museo Británico.[4]
Vinculación coa numismática
editarE así foi que en 1935 accedeu como conservador axudante ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, ás ordes de John Allan e en substitución de G. C. Brooke, que falecera repentinamente.[5] A súa primeira publicación en materia numismática produciuse xa no ano seguinte, cun artigo para o Congreso Internacional de Numismática de 1936, celebrado en Londres, aínda que as súas contribucións máis significativas non empezaron a producirse ata a década de 1940.[6]
En 1938 casou con Winifred Gell, con quen tivo tres fillos, e estableceu a súa residencia no distrito londiniense de Bloomsbury.[7]
Aínda que nos primeiros momentos carecía de experiencia, axiña se lle encomedou encargarse da clasificación das 4.000 moedas dos reis Eduardo I e Eduardo II procedentes do tesouro de Boyton, e seguidamente do legado de Clarke-Thornhill, consistente en 12.000 pezas. A partir de aí, Allen non tardou en ser recoñecido como unha das principais autoridades mundiais na moeda antiga das illas británicas e na moeda celta de todo o continente. O seu proxecto de catalogar as emisións monetarias de Henrique II foi interrompido pola segunda guerra mundial, aínda que logrou concluílo en 1947.[8][9]
Derek Allen ingresou na British Numismatic Society (BNS) en 1935 e foi o secretario da entidade desde 1938 a 1941. Así mesmo, foi o editor dos volumes XXII e XXIII do seu órgano de expresión, o British Numismatic Journal. A súa estreita vinculación coa BNS levouno a ser elixido presidente entre 1959-1963.[5][9]
Tamén formou parte da Royal Numismatic Society, que presidiu entre 1966 e 1970.[10][11] Así mesmo, foi elixido membro da Academia Británica en 1963 e nela exerceu os postos de secretario e de tesoureiro.[9]
Allen xubilouse en 1968 e pasou os derradeiros anos da súa vida en Chilson, en Oxfordshire.[12]
Premio Derek Allen
editar- Artigo principal: Premio Derek Allen.
En 1976, un ano despois do seu pasamento, a súa viúva estabeleceu coa Academia Británica un premio na súa memoria, o premio Derek Allen, co que se recoñecen anualmente traballos de investigación sobre as tres paixóns de Allen: a musicoloxía, anumismática e os estudos celtas.[13]
Recoñecementos
editarEscolma de publicacións
editarA maior parte da obra científica de Derek Allen foi publicada no British Numismatic Journal, o órgano de expresión da British Numismatic Society. Porén, Allen publicou tamén nalgunhas das máis prestixiosas revistas numismáticas europeas do momento e foi autor de diversas monografías (unha importante parte das súas publicacións son póstumas).[16][17][18]
Artigos en British Numismatic Journal
editar- (1938-1941): "The ‘Weymouth’ and ‘Salisbury’ mints of Charles I". BNJ. Nº 23. Páxinas 97-118.
- (1945-1948): "The design of Edward III's silver coinage". BNJ. Nº 25. Páxinas 125-129.
- (1945-1948): "A medal of Anne Boleyn". BNJ. Nº 25. Páxinas 209-211.
- (1945-1948): "Edward the Confessor's gold penny". BNJ. Nº 25. Páxinas 259-276.
- (1955-1957): "A remarkable Celtic coin from Canterbury". BNJ. Nº 28. Páxinas 443-448.
- (1958-1959): "Some Ancient British notes". BNJ. Nº 29. Páxinas 1-4.
- (1962): "The Haslemere hoard". BNJ. Nº 31. Páxinas 1-7.
- (1964): "Celtic coins from the Romano-British temple at Harlow. Part I". BNJ. Nº 33. Páxinas 1-6.
- (1965): "A Celtic miscellany". BNJ. Nº 34. Páxinas 1-7.
- (1967): "Three ancient British notes". BNJ. Nº 36. Páxinas 8-10.
- (1967): "Celtic coins from the Romano-British temple at Harlow. Part II". BNJ. Nº 36. Páxinas 1-7.
- (1968): "Celtic coins from the Romano-British temple at Harlow. Part III". BNJ. Nº 37. Páxinas 1-5.
Outros artigos
editar- (1965): "Les pièces d'argent minces du comté de Hampshire : nouveau lien entre la Gaule celtique et la Grande-Bretagne". Revue Numismatique. 6ª ser. Nº 7. Páxinas 79-93
- - (1974). "The Philippus in Switzerland and the Rhineland". Schweizerische numismatische rundschau = Revue suisse de numismatique (en inglés) (Schweizerischen Numismatischen Gessellschaft). Band 53: 42–74. ISSN 0035-4163.
- (1976): "The Houssen hoard at Colmar". Revue Belge de Numismatique. Nº 122. Páxinas 79-85.
- (1977): "The Celtic coins in the Royal Netherlands Cabinet at The Hague". Jaarboek voor Munt- en Penningkunde. Nº 64. Páxinas 5-22.
Monografías
editar- (1938): The Richborough hoard of 'radiates', 1931. Con H. Mattingly et al. American Numismatic Society.
- (1963): Sylloge of Coins of the British Isles, Part 3: The Coins of the Coritani. British Academy - Oxford University Press.
- (1978): The Coins from the oppidum of Altenburg and the Bushel series. Con F. Fischer. Ed. P. von Zabern.
- (1978): An introduction to Celtic coins. British Museum Publications. ISBN 9780714108414
- (1980): The coins of the ancient Celts. Con Daphne Nash. Edinburgh University Press. ISBN 9780852243718
- (1987- 1995): Catalogue of the Celtic coins in the British Museum : with supplementary material from other British collections. Con John Kent e Melinda Mays. British Museum Publications.
- (1987): Vol. 1: Silver coins of the East Celts and Balkan peoples.
- (1990): Vol. 2: Silver coins of North Italy, South and Central France, Switzerland and South Germany. ISBN 9780714108698
- (1995): Vol. 3: Bronze coins of Gaul. ISBN 9780714108780
Notas
editar- ↑ "Allen, Derek Fortrose". En Who´s Who & Who Was Who.
- ↑ 2,0 2,1 Turner, E. G. (1977). Páxina 435.
- ↑ Turner, E. G. (1977). Páxina 436.
- ↑ Turner, E. G. (1977). Páxina 438.
- ↑ 5,0 5,1 Turner, E. G. (1977). Páxina 439.
- ↑ Blunt, C. E. (1976). Páxina 90-91.
- ↑ Turner, E. G. (1977). Páxina 440.
- ↑ Turner, E. G. (1977). Páxinas 439-456.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 9,5 Blunt, C. E. (1976). Páxina 91.
- ↑ "Presidents of the Society". The Royal Numismatic Society.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 11,3 Turner, E. G. (1977). Páxina 446.
- ↑ Turner, E. G. (1977). Páxina 447.
- ↑ "Derek Allen Prize". The British Academy.
- ↑ "Sanford Saltus Gold Medal". British Numismatic Society.
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
- ↑ "Allen, Derek Fortrose 1910-1975 Arquivado 27 de marzo de 2019 en Wayback Machine.". En Digital Library Numis.
- ↑ Thompson, R. H. (1974).
- ↑ "Derek Fortrose Allen". En WorldCat.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Turner, E. G. (1977). "Allen, Derek Fortrose, 1910-1975". En Proceedings of the British Academy. Vol. 62. Páxinas 434-457. ISBN 978-0-19-725976-4
- Blunt, C. E. (1976). "Obituary: D. F. Allen, 1910-1975". The British Numismatic Journal. Vol. 46. Páxinas 89-91.
- Thompson, R. H. (1974). "Published work of Derek Fortrose Allen".The Numismatic Chronicle. Serie 7. Nº 14. Páxinas 259-271.
Ligazóns externas
editar
Predecesor: Philip Grierson |
Presidente da Royal Numismatic Society 1966 - 1970 |
Sucesor: Colin M. Kraay |