Michael H. Crawford
Michael Hewson Crawford, nado en Twickenham, no Gran Londres, o 7 de decembro de 1939, é un numismático e historiador británico especializado en Historia antiga.[1]
Nome orixinal | (en) Michael Crawford |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 7 de decembro de 1939 Twickenham, Reino Unido (pt) |
País de nacionalidade | Británica |
Educación | - Universidade de Oxford |
Q89547790 | - Estudos de moeda grega e romana. - Estudos de historiografía antiga |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e historiografía. |
Ocupación | historiador, profesor universitario, numismático, erudito clásico |
Empregador | University College de Londres |
Membro de | |
Premios | |
- (1984) Medalla da Royal Numismatic Society. - (1984) Jeton de Vermeil da SFN. - (2001) Oficial da Orde das Palmas Académicas da República Francesa. - (2002) Medalla Huntington, da ANS. - (2017): Premio Derek Allen, da Academia Británica. | |
Lista
| |
Membro de: Academia Británica. Instituto Lombardo. Instituto de Francia. |
O interese dos seus estudos céntrase na "economía antiga e a historia monetaria, a historia da Italia antiga e do dereito romano". Crawford é coñecido principalmente polas súas obras Roman Republic Coinage (1974), texto de referencia para o estudo das emisións monetarias da República de Roma, e Roman Statutes (1996), un corpus da lexislación aprobada polas asembleas do pobo romano.[2][3]
Traxectoria
editarCrawford tivo a súa formación secundaria na escola pública londiniense St Paul's School e realizou os seus estudos universitarios na Universidade de Oxford (Oriel College) e na Escola Británica de Roma.[1]
En 1964 foi elixido como bolseiro investigador na Universidade de Cambridge (Christ's College) e desde 1969 ata 1986 mantivo a súa vinculación con esa universidade, na área de Historia Antiga.[1][3]
Durante ese período, no curso 1964-1965 foi tamén profesor visitante na Universidade de Princeton.
Entre 1986 e 2005 pasou a exercer como profesor desa mesma disciplina no University College London, do que se converteu en profesor emérito logo da súa xubilación.[1][3][4]
Ademais dos seus dous destinos principais, na Universidade de Cambridge e no University College London, Crowford foi tamén profesor visitante en diversas institucións académicas europeas, como as universidades itálicas de Pavia (1983 e 1992), Padua (1986), San Marino (1989), Milán (1990) e L'Aquila (1990), ou as parisienses École Normale Supérieure (1984), École Pratique des Hautes Études (1997) e École des Hautes Études en Sciences Sociales (1999).
Recoñecementos
editar- 1980: nomeado membro da[Academia Británica.[1][3]
- 1984: medalla da Royal Numismatic Society de Londres.[5]
- 1984: Jeton de Vermeil, da Sociedade Francesa de Numismática.[6]
- 1990: nomeado membro estranxeiro do Instituto Lombardo.[3]
- 2001: nomeado oficial da Orde das Palmas Académicas da República Francesa.[3]
- 2002: medalla Huntington da Sociedade Americana de Numismática.[7]
- 2006: nomeado membro correspondente estranxeiro do Instituto de Francia.[3]
- 2017: Premio Derek Allen, da Academia Británica.[8]
Publicacións
editarEsta é unha listaxe das monografías publicadas por Crawford en materia historiográfica e numismática:[9]
Obra historiográfica
editar- (1978): The Roman republic. The Harvester press. ISBN 978-0-85527-761-1
- (1983): Archaic and Classical Greece: a selection of ancient sources in translation. Con D. Whitehead. Cambridge University Press. ISBN 9780521296380
- (1983): Sources for ancient history. Cambridge University Press. ISBN 9780511622229
- (1985): Rome in the late Republic. Con M. Beard. Cornell University Press. ISBN 978-0-8014-1824-2
- (1986): L'Impero romano e le strutture economiche e sociali delle provincie. Edizioni New Press. Como.
- (1987): Art and production in the world of the Caesars. Con T. J. Cornell et al. Olivetti. Milán.
- (1993): Antonio Agustin between Renaissance and Counter-reform. University of London. ISBN 978-0-85481-086-4
- (1995): Ancient history and the antiquarian : essays in memory of Arnaldo Momigliano, Warburg Institute. University of London. ISBN 978-0-85481-095-6
- (1996): Roman statutes, Institute of Classical Studies, School of Advanced Study. Con C. R. Ligota. University of London. ISBN 978-0-900587-69-6
Obra numismática
editar- (1969): Roman Republican coin hoards. Royal Numismatic Society. Special Publications, 4. Londres.
- (1969): Coin hoards and the pattern of violence in the late Republic. R. Clay & Sons. Londres.
- (1974): Roman Republican coinage. Cambridge University Press. ISBN 0-521-07492-4
- (1982): La moneta in Grecia e a Roma. Laterza. Bari. ISBN 9788842020486
- (1984): A catalogue of Roman Republican coins in the collections of the Royal Scottish Museum, Edinburgh. Royal Scottish Museum. Edimburgo.
- (1985): Coinage and money under the Roman Republic: Italy and the Mediterranean economy. University of California Press. ISBN 0-520-05506-3
- (1987): The Coinage of the Roman world in the late Republic : proceedings of a colloquium held at the British Museum in September 1985. Con Andrew Burnett. B.A.R. ISBN 978-0-86054-420-3
- (1990): Medals and coins from Budé to Mommsen. Con C. R. Ligota. University of London. ISBN 978-0-85481-081-9
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Professor Michael Crawford FBA". The British Academy.
- ↑ "Emeritus staff: Professor Michael Crawford, FBA". University College London.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 "Michael Crawford". Academia Europaea.
- ↑ "Prof Michael Crawford. Emeritus Professor of Ancient History Arquivado 27 de marzo de 2019 en Wayback Machine.". University College London.
- ↑ "The Society’s Medal". En The Royal Numismatic Society.
- ↑ "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
- ↑ "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
- ↑ "Derek Allen Prize". The British Academy.
- ↑ "Michael Crawford - Publications". En Academia Europaea.