Francesco Gnecchi
Francesco Gnecchi, nado o 8 de setembro de 1847 en Milán e finado o 15 de xuño de 1919 en Roma, foi un numismático e pintor italiano.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de setembro de 1847 Milán, Italia |
Morte | 15 de xuño de 1919 (71 anos) Roma |
País de nacionalidade | Italiano. |
Educación | Universidade de Pavia. |
Q89547790 | Estudos de moeda italiana. Pintura paisaxista. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e pintura. |
Ocupación | pintor, numismático, coleccionismo de moedas |
Xénero artístico | Arte de paisaxes |
Familia | |
Cónxuxe | Isabella Bozzotti (1873). |
Irmáns | Ercole Gnecchi |
Premios | |
(1906): Medalla da Royal Numismatic Society. | |
O seu traballo máis salientable é Medaglioni romani ("Medallóns romanos"), publicado en tres volumes en 1912.[3]
Traxectoria
editarGnecchi procedía dunha familia adiñeirada de comerciantes de seda, fillo de Giuseppe Gnecchi e de Giuseppina Turati. Ata os 18 anos estudou nun colexio relixioso da orde dos Barnabitas en Monza e posteriormente comezou os seus estudos de Xurisprudencia na Universidade de Pavia.[1][2]
En 1866 alistouse no exército como voluntario na guerra contra Austria.[2]
Ata 1875 compaxinou a súa dedicación á pintura co traballo coa empresa familiar e, ese ano pasou a formar parte da sociedade Figli di Giuseppe Antonio Gnecchi, dedicada ao sector téxtil. Porén, en 1878 a familia vendeu o negocio e Francesco comezou a ocupar postos directivos en diversas compañías lombardas.[2]
Pintor
editarGnecchi iniciouse nos estudos artísticos da man de Mosè Bianchi e de Achille Formis, e dedicouse principalmente ás pinturas de paisaxes, nas que aplicou trazos característicos do naturalismo lombardo da súa época. A maioría das súas paisaxes corresponden á zona do Lago Maior, na Engiadina.[2]
A presenza constante nas principais exposicións milanesas e en toda Italia na década entre 1881 e 1891 contribuíu a definir unha concepción profesional da súa actividade. A súa amizade con Luigi Scrosati favoreceu o seu interese pola pintura de flores.[2]
Numismático
editarA partir de 1870 comezou a dedicarse ao coleccionismo e ao estudo de moedas da Antiga Roma, e publicou, xunto co seu irmán Ercole (1850-1931) algúns opúsculos dedicados á clasificación da súa colección, seguindo o criterio de ordenación alfabética das lendas do reverso, característico de Henry Cohen. Os irmáns Gnecchi acabaron por repartirse, cara a 1870, os seus centros de interese: a moeda romana para Francesco e a moeda medieval Italiana para Ercole.[1][2][4]
Xunto con outros numismáticos, fundaron en 1888 a Rivista italiana di numismatica, dirixida inicialmente por Solone Ambrosoli e a continuación por ambos os irmáns. En 1892, Francesco participou tamén na fundación da Società numismatica italiana, xunto a outros estudosos desta disciplina.[4][5]
Á súa morte, en 1919, a súa colección numismática abranguía 20.000 pezas, e en 1923 foi adquirida polo Estado italiano para o Museo Nacional Romano, con sede no Palazzo Massimo alle Terme.[4][6]
Vida familiar
editarO 11 de febreiro de 1873 casou con Isabella Bozzotti, con quen tivo dous fillos, Cesare e Vittorio, e unha filla, Carla.[2]
Recoñecementos
editar- (1906): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres.[7][5]
Publicacións
editar- (1884). Le monete di Milano da Carlo Magno a Vittorio Emanuele II (con E. Gnecchi). Dumolard, Milán.
- (1886). Guida numismatica universale. Hoepli, Milán.
- (1887). Le monete dei Trivulzio. Dumolard, Milán.
- (1889). Saggio di bibliografia numismatica delle zecche italiane medioevali e moderne. Cogliati, Milán.
- (1894). Monete di Milano inedite. Cogliati, Milán.
- (1896). Monete romane. Manuale elementare. Hoepli, Milán.
- (1903). Roman Coins. Elementary Manual. Spink, Londres.
- (1911). The coin types of imperial Rome Arquivado 18 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.. Spink, Londres
- (1912). I medaglioni romani. Hoepli, Milán.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Gorini, G. (2002) Arquivado 08 de marzo de 2022 en Wayback Machine.. Páxina 65.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Parise, N. (2001).
- ↑ Véxase (1912) en "Publicacións".
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Laffranchi, L. (1919).
- ↑ 5,0 5,1 Gorini, G. (2002) Arquivado 08 de marzo de 2022 en Wayback Machine.. Páxina 66.
- ↑ Gorini, G. (2002) Arquivado 08 de marzo de 2022 en Wayback Machine.. Páxinas 66-67.
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Gorini, G. (2002). "Francesco Gnecchi (1847-1919) Arquivado 15 de decembro de 2014 en Wayback Machine.". En Compte Rendu 49. International Numismatic Council. Páxinas 65-67.
- Cesano, S. (1925). La collezione di monete romane Francesco Gnecchi. Museo Nazionale Romano. Roma.
- Laffranchi, L. (1919). "L'attività numismatica di Francesco Gnecchi". En Rivista italiana di nunmismatica. 32. Páxinas 151-204.
- Parise, N. (2001). "Gnecchi Ruscone, Francisco". En Dizionario biografico degli italiani. Vol. 57. Istituto dell'Enciclopedia Italiana, Roma.