Sociedade Numismática Italiana
A Sociedade Numismática Italiana (en italiano: Società numismatica italiana) é unha asociación cultural italiana sen ánimo de lucro que centra o seu interese na numismática e ten como finalidade a promoción e a divulgación dos estudos "relativos ás moedas, as fichas, os pesos monetarios, as medallas e os selos".[1][2]
Sociedade Numismática Italiana | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | sociedade científica ![]() | ||
Personalidades | |||
Fundador/a | Vítor Manuel III ![]() | ||
Actividade | |||
Campo de traballo | numismática ![]() | ||
Industria | Ensino superior ![]() | ||
Entidades | |||
Entidades subsidiarias
| |||
Data | |||
Fundación | 1892 ![]() | ||
Localización | |||
País | Italia | ||
Rexión | Lombardía | ||
Cidades metropolitanas | Cidade metropolitana de Milán | ||
Cidade | Milán ![]() | ||
Código postal | 20122 ![]() | ||
Enderezo | Via Orti, 3, 20122, Milano ![]() | ||
Área de operación | Italia ![]() | ||
Contacto | |||
Páxina WEB | socnumit.org ![]() | ||
[ Wikidata ] |
Historia
editarA sociedade constituíuse en 1892, no ambiente social e político inmediatamente posterior á unificación italiana, para cumprir o desexo expresado catro anos antes por un grupo de eruditos numismáticos italianos,[3] encabezados por Francesco Gnecchi, que se reuniran en 1888 con motivo da emisión do primeiro número da Rivista italiana di numismatica: "[...] fundar unha sociedade italiana de numismática do mesmo xeito que as que florecen noutras nacións".[4][5] Xa que logo, os modelos para a creación da nova sociedade eran outras entidades semellantes que naqueles anos xa estaban activas en Europa, como a Royal Numismatic Society de Londres (desde 1836), a Sociedade Real de Numismática de Bélxica (desde 1841) ou a Sociedade Francesa de Numismática (desde 1865).[6][7]
Entre os membros fundadores atópase o daquela príncipe do Piemonte Vítor Manuel III, afeccionado á numismática, que foi o seu presidente honorario desde 1897.[8][9]
Desde a súa fundación, a sociedade desenvolve moi diversas actividades encamiñadas ao seu fin social, como son o mantemento da súa biblioteca temática, publicacións tanto monográficas como periódicas e colaboración con iniciativas diversas doutras institucións.[10][11][12]
Con motivo da celebración de acontecementos importantes para a numismática italiana, como é o caso, entre outros, dos centenarios da propia sociedade ou da súa revista, a Sociedade Numismática Italiana emitiu un bo número de medallas conmemorativas.[13]
A sociedade, que ten a súa sede en Milán, inclúe entre os seus membros os estudosos e os coleccionistas numismáticos italianos e estranxeiros máis sobranceiros, e no seu cadro de honra destacan persoas como Philip Grierson, Carlo Maria Cipolla, Laura Breglia, Giovanni Gorini, Pierre Bastien ou Michael Crawford.[14]
Publicacións
editarRivista italiana di numismatica e scienze affini
editar- Artigo principal: Rivista italiana di numismatica.
A Sociedade Numismática Italiana publica a publicación periódica Rivista italiana di numismatica e scienze affini, a revista numismática máis antiga de Italia, fundada en 1888 polos irmáns Gnecchi e Solone Ambrosoli, cuxo prestixio científico é recoñecido a nivel internacional.[15][16]
No poxecto do nacemento desta revista fundíronse as dúas cabeceiras numismáticas que naquel momento extistían en Italia, Gazzetta Numismatica e Bullettino di Numismatica e Sfragistica per la Storia d'Italia, que, por conseguinte, desapareceron nese mesmo ano de 1888.[17][18]
Aínda que o nacemento da revista é previo á existencia da Sociedade Italiana de Numismática, converteuse no seu órgano oficial desde o mesmo monmento da súa fundación.[19]
Con ocasión da publicación do seu número 100, en 1999 publicouse unha historia da revista.[20]
Collana di numismatica e scienze affini
editarOutras das súas publicacións agrúpanse dentro da serie Collana di numismatica e scienze affini, onde se recollen diversos estudos e actas de congresos. Consta dos seguintes volumes:
- Vol. 1 (1998): Perassi, Claudia. Atti della giornata di studio «Il collezionismo numismatico».
- Vol. 2 (1999): Travaini, Lucia. Moneta locale e moneta straniera: Italia ed Europa XI-XV secolo. The Second Cambridge Numismatic Symposium. Local Coins, Foreign Coins: Italy and Europe 11th-15th Centuries.
- Vol. 3 (2000): Ercolani Cocchi, Emanuela. Il Giubileo e i suoi simboli. La fonte numismatica e le medaglie del Museo Nazionale di Ravenna.
- Vol. 4 (2004): Vanni, Franca; Bussi, Silvia. La moneta fusa nel mondo antico. Quale alternativa alla coniazione? (Atti del Convegno Internazionale di studio, Arezzo, 19-20 settembre 2002).
- Vol. 5 (2004): Travaini, Lucia; Bolis, Alessia. L'immaginario e il potere nell'iconografia monetale. Dossier di lavoro del seminario di studi, Milano 11 marzo 2004.
- Vol. 6 (2010): Savio, Adriano; Cavagna, Alessandro. 100 anni del Corpus Nummorum Italicorum. Giornata di studio, Milano 15 maggio 2009.
- Vol. 7 (2012): Cavagna, Alessandro. Provincia Dacia. I coni.
- Vol. 8 (2014): Carbone, Federico. Le monete di Paestum tra I sec. a.C. e I sec. d.C. Analisi dei Conî.
Notas
editar- ↑ "Informazioni generali Arquivado 22 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.". No sitio web da SNI.
- ↑ "Statuto Sociale. Art. 1 Arquivado 22 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.". Sitio web da SNI.
- ↑ "Elenco dei 42 Soci fondatori della Società Numismatica Italiana (1892)". Società Numismatica Italiana (Socnumit.org).
- ↑ "Prefazione". En Rivista italiana di numismatica. 1888.
- ↑ "Atti della Società numismatica italiana". En Rivista italiana di numismatica. 1892.
- ↑ "History of the Society". The Royal Numismatic Society.
- ↑ "Qui sommes-nous". Société royale de Numismatique de Belgique.
- ↑ "Elenco dei 42 Soci fondatori della Società Numismatica Italiana (1892) Arquivado 29 de marzo de 2016 en Wayback Machine.". No sitio web da SNI.
- ↑ Johnson, Cesare. "La Società numismatica italiana nel cento anni della suafondazione (1892 - 1992) Arquivado 22 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.". Sitio web da SNI.
- ↑ "La biblioteca Arquivado 22 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.". No sitio web da SNI.
- ↑ "Vicenza Numismatica Arquivado 22 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.". No sitio web da SNI.
- ↑ "La naissance de la Société française de numismatique". Société française de numismatique.
- ↑ Rongo, Matteo (2018).
- ↑ "Albo d'onore Arquivado 26 de outubro de 2020 en Wayback Machine.". No sitio web da SNI.
- ↑ "Ai lettori". En Rivista italiana di numismatica. 1890.
- ↑ Acceso en liña aos números da revista entre 1888 e 1920.
- ↑ "Altre riviste Arquivado 22 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.". No sitio web da SNI.
- ↑ Acceso en liña a todos os seus números: Gazzetta Arquivado 24 de setembro de 2021 en Wayback Machine. (11881-1887) e Bulletino Arquivado 24 de setembro de 2021 en Wayback Machine. (1882-1887).
- ↑ "Notizie varie". En Rivista italiana di numismatica. 1892.
- ↑ "Indici volumi. RIN Arquivado 22 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.". No sitio web da SNI.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Sociedade Numismática Italiana |
Outros artigos
editar- Lista de asociacións numismáticas
- Istituto Italiano de Numismática
- Instituto Poligrafico e Ceca do Estado
Bibliografía
editar- Rongo, Matteo. Le medaglie della Società Numismatica Italiana Arquivado 22 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.. Società Numismatica Italiana. Milán. 2018.