Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato
O Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato –IPZS– (en galego: "Instituto Poligráfico e Ceca do Estado") é a compañía pública italiana, dependente do Ministerio de Economía e Facenda, encargada da cuñaxe da moeda de curso legal nese país. Ten a súa sede en Roma, no número 691 da Via Salaria.[3]
Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato | |
---|---|
Sede principal do IPZS. | |
Tipo | Empresa pública. |
Fundación | - 1911: Regia Zecca. - 1928: L'Istituto Poligrafico. - 1978: Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato. |
Matriz | Ministerio de Economía e Finanzas. |
Localización | Roma Italia. |
Persoas clave | Presidente: Domenico Tudini.[1] |
Industria | Cuñaxe, impresión e seguridade. |
Produtos | Moedas, medallas, selos, pasaportes, documentos de identidade, publicacións oficiais, placas de matrícula etc. |
Beneficio neto | 50 millóns de euros (2017).[2] |
Número de empregados | 1.737 (2017)[2] |
Na rede | |
http://www.ipzs.it/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O IPZS produce ademais pasaportes e selos de correos tanto para a República Italiana como para os microestados da Cidade do Vaticano, San Marino e a Orde de Malta. Na súa sede de Roma está tamén a súa editora Libreria dello Stato, así como a Officina Carte Valori, onde se imprimen os selos postais, e a súa produtora multimedia.[4] Conta tamén con outras plantas situadas en Verrès, no Val de Aosta, e en Foggia, Puglia. Os billetes son producidos polo Banco de Italia.[5][6]
Historia
editarAs orixes da Casa de Moeda do Estado (Zecca dello Stato) remóntanse a 1871, cando o Reino de Italia trasladou a súa capital a Roma. O novo estado creado logo do Risorgimento utilizou inicialmente para a produción da súa moeda a ceca dos extintos Estados Pontificios, ata que creou a Regia Zecca ("Ceca Real"), sita no distrito de Esquilino e inaugurada por Vítor Manuel III o 27 de decembro de 1911.[7][8][9] Na súa sede establecéronse tamén naquel momento o Museo Numismático e a Escola de Arte da Medalla, fundada en 1907 polo propio rei; esta última permanece aínda no mesmo lugar, e nela fórmanse os artistas que logo traballarán na produción de moedas e medallas.[10][11]
Pola súa banda, o Istituto Poligrafico naceu en 1928, e non foi ata 1978 cando, baixo a presidencia de Rosario Lanza, cando a Zecca dello Stato se converteu en parte do Istituto para dar lugar á institución actual: Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato.[5][12]
En 1982, a ceca italiana converteuse na primeira casa de moeda do mundo en fabricar moedas bimetálicas, con valor de 500 liras, mediante un procedemento de cuxa patente é posuidora.[13][14]
Ademais das moedas italianas da Eurozona, o IPZS cuña tamén os euros e os céntimos do Vaticano, de San Marino e, desde 2018, tamén os de Eslovenia.[15]
Produtos e servizos
editarÁ parte da cuñaxe de moeda e da producuión de selos postais, o IPZS é o responsable da impresión de publicacións oficiais como a Gazzetta Ufficiale e tamén da elaboración de diversas marcas e selos de carácter oficial.[16]
Ademais, encárgase do deseño de sistemas de seguridade en de loita contra a falsificación.[17] Estes sistemas intégraos nos documentos de identidade nos pasaportes, nos permisos de conducir e nos permisos de residencia que tamén produce.[18] As placas de matrícula para automóbiles, que se elaboran na planta de Foggia, son outros dos seus produtos.[19] Por outra parte, o IPZS ofrece o servizo de administración de sitios web institucionais e de xestión de bases de datos.[20]
A partir de 2001, o Centro Nacional de Análise de Moedas estableceuse nas instalacións do Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato, como entidade encargada da análise das moedas falsas que os cidadáns de Italia, San Marino e a Cidade do Vaticano etán obrigados a entregarlle. Este centro forma parte do Grupo Europeo de Expertos en Falsificación da Oficina Europea de Loita contra a Fraude.[21]
Galería de produtos do IPZS
editar-
Bolsa con moedas eslovenas de euro.
-
Selo de San Marino coa inscrición I.P.S-OFF CARTE·VALORI
-
Documento de identidade italiano.
-
Pasaporte italiano.
-
Gazzeta Ufficiale della Republica Italiana, editada polo IPZE.
-
Placa de matrícula italiana.
Museo da Ceca de Roma
editar- Artigo principal: Museo da Ceca de Roma.
As orixes do museo están na adquisición de varias coleccións polo Vaticano a finais do século XVIII, que logo se converteron en gabinete numismático, do que se fixo cargo o Ministerio de Facenda italiano en 1870. En 1911 instalouse no edificio da Ceca Real e posteriormente pasou para a sede do Ministerio de Facenda.[22]
En outubro de 2016 inaugurouse unha nova etapa do Museo da Ceca de Roma (Museo della Zecca di Roma) nas instalacións do Instituto Poligráfico e Ceca do Estado, do que depende, na Via Salaria de Roma.[23]
A colección do museo componse de arredor de 20.000 pezas, entre moedas, medallas, artefactos de cuñaxe e moedelos en cera, tanto italianos como doutros países.[24][25]
Notas
editar- ↑ "I Vertici. IPZS.
- ↑ 2,0 2,1 "Bilancio al 31 dicembre 2016. IPZS.
- ↑ "Istituto poligrafico e Zecca dello Stato". En Enciclopedia Treccani.
- ↑ "Libreria dello Stato". Sitio web de IPZS.
- ↑ 5,0 5,1 "Mission". Sitio web de IPZS.
- ↑ "Stabilimenti". Sitio web de IPZS.
- ↑ Currà, E. (2928). "La Regia Zecca, costruzione e architettura di una fabbrica palazzo per Roma Capitale". En Villani, R. M. La Scuola Dell'Arte della Medaglia, una Storia Attuale. Roma. IPZS - Libreria dello Stato. ISBN 9788824027762
- ↑ "Roma, la «prima» Zecca dello Stato diventa un hub culturale". Corriere de la Sera. 18 de xuño de 2019.
- ↑ "Zecca dello Stato". Sitio web de IPZS.
- ↑ "Una scuola-laboratorio unica al mondo. Scuola dell’Arte della Medaglia di IPZS Arquivado 28 de outubro de 2019 en Wayback Machine.". Scuole Mestiari d'Arte.
- ↑ "Scuola dell'Arte della Medaglia". Sitio web da Escola.
- ↑ "La "fabbrica delle lire" simbolo dell'Italia unita". Il Giornale. 25 de novembro de 2015.
- ↑ "Italy. 500 lire. 1982-2001 Arquivado 26 de marzo de 2020 en Wayback Machine.". Coin Brothers.
- ↑ Hengeveld, D. (2012). "Exploring Bimetallic Coins Arquivado 26 de marzo de 2020 en Wayback Machine.". En Coin Update. 20 de xullo.
- ↑ "Emisión de 2018" e "emisión de 2019". Banka Slovenije.
- ↑ "Gazzetta Uficiale". Sitio web de IPZS.
- ↑ "Sicurezza Anticontraffazione". Sitio web de IPZS.
- ↑ "Documenti di riconoscimento Arquivado 03 de maio de 2020 en Wayback Machine.". Sitio web de IPZS.
- ↑ "Targhe Veicoli". Sitio web de IPZS.
- ↑ "Portali". Sitio web de IPZS.
- ↑ "C.N.A.C. (Coin National Analysis Center)". Sitio web de IPZS.
- ↑ "Storia della collezione". IPZS. Museo della Zecca.
- ↑ "Museo della Zecca, apre la fabbrica dei tesori italiani". Ansa.it. 27 de outubro de 2016.
- ↑ "Il museo". Museo della Zecca di Roma.
- ↑ "Collezione online". Museo della Zecca di Roma.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato |