Instituto Italiano de Numismática

entidade numismática italiana

O Instituto Italiano de Numismatica (en italiano: Istituto Italiano di Numismatica), é unha institución numismática italiana fundada en 1912. A súa sede está en Roma, no número 13 da rúa Quattro Fontane, no histórico Palazzo Barberini.[1][2][3]

Instituto Italiano de Numismática
Palazzo Barberini, sede do Instituto Italiano de Numismática
Tipoeditorial, instituto de investigación e sociedade científica
Campo de traballonumismática
Data de fundación1912
Organización subsidiariaBiblioteca dell'Istituto italiano di numismatica
EnRoma
PaísItalia
41°54′11″N 12°29′25″L / 41.903041233732, 12.490222191456
Na rede
http://www.istitutoitalianonumismatica.it/storia.asp
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

Os promotores do Instituto foron un grupo de afeccionados e estudosos da numismática vinculados ao ámbito universitario, entre os que cabe salientar a Secondina Lorenza Cesano, da Universidade La Sapienza, de Roma. Inicialmente creouse como unha asociación de natureza privada; porén, no marco dunha reforma dos institutos de investigación histórica de Italia, un decreto do 3 de febreiro de 1936 outorgoulle a personalidade xurídica de dereito público, coa denominación de Istituto Italiano di Numismatica e baixo os auspicios da Xunta Central para os Estudos Históricos (Giunta centrale per gli studi storici).[1][2]

O seu primeiro órgano de expresión institucional foi Atti e Memorie, que entraba en competencia no sector coa preexistente Rivista italiana di numismatica, editada pola Sociedade Numismática Italiana, aínda que a publicación do Instituto focalizaba o seu interese maioritariamente na moeda clásica de Grecia e Roma, en tanto que a Rivista lle prestaba máis atención ás cuñaxes medievais e modernas.[2][4]

En 1954, baixo a dirección de Laura Breglia, fundouse a nova revista Annali dell'Istituto Italiano di Numismatica, para complementar outros aspectos non abranguidos pola anterior, como é o caso da medallística nos museos italianos.[1][2]

Entre 1946 e 1972, o Instituto foi a entidade escollida para a conservación da grande colección de moedas que o monarca Vítor Manuel III lle deixara ao Estado ao marchar ao exilio. A partir de 1972 a colección pasou ao Museo Nacional Romano.[2]

Xunto coa Comisión Internacional de Numismática e o Museo Filangeri, o Instituto Numismático Italiano foi fundador do Centro Internacional de Estudos Numismaticos en 1965, con sede en Nápoles.[1][2]

Funcionamento

editar

Investigación

editar

As tarefas que ten asignadas en tanto que instituto de investigación céntranse na investigación no campo da numismática, así como na promoción e no incentivo de actividades relacionadas co sector. Neste contexto, o Instituto leva a cabo investigacións, tamén en colaboración con outras institucións, e publica os resultados tanto en traballos monográficos como na súa publicación Annali.[3]

O Instituto é, pola súa vez, membro de varias asociacións internacionais, entre elas a Unión Internacional de Institutos de Arqueoloxía, Historia e Historia da Arte, de Roma, a American Numismatic Society, de Nova York, e o Consello Internacional de Numismática, con sede en Winterthur, Suíza. Con todas elas mantén contacto e colaboración constantes e participa na organización de encontros e no desenvolvemento de proxectos de carácter internacional.[3]

Biblioteca

editar

Conta cunha biblioteca especializada con arredor de 20.000 volumes de monografías e publicacións periódicas de interese para a numismática, aberta para investigadores e tamén para estudantes universitarios cunha carta de presentación do profesor co que realicen os seus estudos.[1][3]

Eventos e encontros

editar

No ámbito dos seus fins institucionais, o Instituto Italiano de Numismática organizou os seguintes eventos, varios deles de ámbito internacional:[5]

  • 1961: VI Congreso Internacional de Numismática.
  • 1978: Le forme e i modi della scambio e le espressioni del valore nel Mediterraneo Orientale, tra la tarda età del Bronzo e gli inizi della monetazione.
  • 1982: Stato e moneta a Roma fra la tarda repubblica e il primo impero.
  • 1983: Aspetti della società romana fra la metà del IV e la metà del III secolo a.C.: documentazioni a confronto.
  • 1986: La moneta nei contesti archeologici: esempi dagli scavi di Roma.
  • 1988: L'inflazione nel IV secolo d.C.
  • 1995: Bernhard Laum. Origine della moneta e teoria del sacrificio.
  • 1997: Metodi statistici e analisi quantitative della produzione di monete nel mondo antico. Tendenze e prospettive di ricerca.
  • 1997: La storia mutilata: la dispersione dei rinvenimenti monetali in Italia.
  • 2000: La moneta in ambiente rurale nell'Italia tardomedievale.
  • 2001: Per una storia del denaro nel Vicino Oriente antico.
  • 2004: Dal Denarius al Dinar: l'Oriente e la moneta romana.
  • 2004: Weights in Context. Bronze Age Weighing of Eastern Mediterranean: Chronology, Typology, Material and Archaeological Contexts.
  • 2008: Quantifying Monetary Supplies in Greco-Roman Times.
  • 2011: Numismatica e archeologia. Monete stratigrafia e contesti (colaboración coa Universidade de Roma La Sapieza).
  • 2014: Argentum Signatum. Le origini della moneta d'argento a Roma (colaboración co Instituto Italiano para a Historia Antiga).
  • 2015: Contesti archeologici e numismatici di età tardo-antica nell'Italia centrale.
  • 2015: 60 anni degli "Annali" dell'Istituto Italiano di Numismatica - un bilancio -.
  • 2016: Coin Finds in Turkey: Urban Excavations.
  • 2016: La moneta in contesto. Formalizzazione del dato archeologico.

Órgano directivo

editar

A dirección administrativa do Instituto corre a cargo do seu Consello Directivo, composto polos presidentes dos catro Institutos Históricos Nacionais, o presidente do Instituto Nacional de Arqueoloxía e Historia da Arte, e dous expertos designados polo Ministro de Patrimonio e Actividades Culturais.[1][6]

Listaxe de presidentes

editar

Esta é unha listaxe dos presidentes da entidade desde 1936, cando comezou a denominarse Instituto Utaliano de Numismática e a ter carácter público:[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Istituto Italiano di Numismatica". En Anuario. Nº 49. Unione Internazionale degli Istituti di Archeologia, Storia e Storia dell'Arte in Roma. Roma. 2007. Páxinas 327-330.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Storia Arquivado 25 de agosto de 2019 en Wayback Machine.". Istituto Italiano di Numismatica.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Funzioni - Attivita Arquivado 28 de xaneiro de 2020 en Wayback Machine.'". Istituto Italiano di Numismatica.
  4. Gorini, G. (1988). "Cento anni della Rivista italiana di numismatica". En Rivista italiana di numismatica. XC.
  5. "Convegni Arquivado 29 de decembro de 2019 en Wayback Machine.". Istituto Italiano di Numismatica.
  6. "Organizzazione Arquivado 28 de xaneiro de 2020 en Wayback Machine.". Istituto Italiano di Numismatica.
  7. "La scomparsa del Presidente Arquivado 25 de agosto de 2019 en Wayback Machine.". Istitutoitalianonumismatica.it

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar