Congreso Internacional de Numismática

O Congreso Internacional de Numismática -CIN- (en inglés: International Numismatic Congress -INC-) é o encontro de ámbito internacional máis importante da comunidade numismática mundial. Celébrase cada seis anos e está organizado polo Consello Internacional de Numismática.[1] A súa primeira edición tivo lugar en Bruxelas en 1891, organizado pola Sociedade Real de Numismática de Bélxica.[2] No sexto congreso (Roma, 1961) estableceuse unha periodicidade de seis anos, coa única alteración do celebrado en Londres en 1986, sete anos despois do anterior e só cinco anos antes do seguinte.

Congreso Internacional de Numismática
Tipoconferencia
editar datos en Wikidata ]

A partir da sétima edición do CIN, que tivo lugar en Copenhague en 1967, no marco deste encontro científico sae á luz unha nova tiraxe da serie Survey of Numismatic Research, publicación na que acreditados numismáticos internacionais especialistas en diversas áreas fan unha revisión crítica da bibliografía do sector aparecida desde a anterior edición do Congreso.[3]

Congresos

editar

A seguir, indícanse por orde cronolóxica os 15 congresos celebrados ata 2015, así como a previsión dos dous seguintes. Indícase en cada caso a data e o lugar de celebración:[4]

Edicións de Survey of Numismatic Research

editar
  • A Survey of Numismatic Research, 1960-1965 (Copenhague, 1965).[15]
  • A Survey of Numismatic Research, 1966-1971 (Nova York, 1973).[16]
  • A Survey of Numismatic Research, 1972-1977 (Berna, 1979).[17]
  • A Survey of Numismatic Research, 1978-1984 (Londres, 1986).[18]
  • A Survey of Numismatic Research, 1985-1990 (Bruxelas, 1991).[19]
  • A Survey of Numismatic Research, 1990-1995 (Berlín, 1997).[20]
  • A Survey of Numismatic Research, 1996-2003 (Madrid, 2003).[21]
  • A Survey of Numismatic Research, 2002-2007 (Glasgow, 2009). Texto en liña Arquivado 13 de xuño de 2020 en Wayback Machine.[22]
  • A Survey of Numismatic Research, 2008-2013 (Roma, 2015).[23][24]

Medallas do congreso

editar

En cada edición do congreso emítese tamén unha medalla conmemorativa. Estas son algunhas das máis salientebles:

  • A do CIN de París de 1900 foi deseñada polo pintor, escultor, gravador e medallista francés Daniel Dupuis (1849-1899), autor dos deseños de diversos billetes e moedas de Francia e da Indochina Francesa, así como da medalla conmemorativa da Exposición Universal de París de 1889.[25][26]
  • A medalla do CIN de Bruxelas de 1910 está dedicada ao numismático Ernest Babelon, cuxo busto aparece no anverso, deseñado por Devreese, en tanto que o reverso foi obra de Rudolf Bosselt.[27]
  • A medalla conmemorativa do CIN de Londres de 1986, deseñada por Robert Elderton, conmemoraba simultaneamente o 150 aniversario da fundación da Royal Numismatic Society.[28]
  • A medalla de 2015 (Taormina, Sicilia) foille encargada aos deseñadores Picchiani & Barlacchi en colaboración coa Associazione Italiana Arte della Medaglia. O deseño da medalla condensa 25 séculos de tradición numismática siciliana.[29][30]
  1. "International Numismatic Congress". En International Numismatic Council.
  2. Cumont, G.; De Witte, A. Congrès international de numismatique organisé et réuni à Bruxelles. J. Goemaere. Bruxelas. 1891
  3. "Survey of Numismatic Research Arquivado 31 de outubro de 2018 en Wayback Machine.". En International Numismatic Council.
  4. "The International Numismatic Congress", En Coinbooks.org.
  5. "The International Numismatic Congress at Brussels". En American Journal of Numismatics, and Bulletin of the American Numismatic and Archaeological Society. Vol. 26. Nº 2. Outubro de 1891. Páxinas 25-27.
  6. "The International Numismatic Congress". En American Journal of Numismatics (1897-1924). Vol. 35. Nº 3. Xaneiro de 1901. American Numismatic Society. Páxinas 75-77.
  7. Comte de Castellane, H.; Blanchet, A. Congrès international de numismatique réuni à Paris. Société Fraçaise de Numismatique. 1900.
  8. "History of de Society. Part 3: 1904-1936". The Royal Numismatic Society.
  9. Allan, J.; Mattingly, H.; Robinson, E. (1938). Transactions of the International Numismatic Congress: organized and held in London by the Royal Numismatic Society, June 30-July 3, 1936, on the occasion of its centenary. B. Quaritch Ltd. Londres.
  10. "Congrès international de numismatique". En Bulletin des bibliothèques de France (BBF). 1962. N° 1. Páxina 38.
  11. "Congrès international de numismatique 1997 : Berlin". En WorldCat.org.
  12. Kampmann, U. "The Proceedings of the International Numismatic Congress Glasgow 2009". En Coins Weekly.
  13. "Messina/Taormina 2015 Arquivado 03 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". International Numismatic Council.
  14. "XVI International Numismatic Congress INC 2022". https://inc2022.pl/
  15. A Survey of numismatic research 1960-1965. International Numismatic Commission. Copenhague. 1967.
  16. A Survey of numismatic research, 1966-1971. International Numismatic Commission. Nova York. 1973.
  17. Carson, R. A. G. et al. A Survey of numismatic research, 1972-1977. International Numismatic Commission. Berna. 1979.
  18. Price, M. A survey of numismatic research, 1978-1984. International Association of Professional Numismatists. Londres. 1986.
  19. Hackens, T. (1991). A Survey of numismatic research, 1985-1990. International Association of Professional Numismatists. Bruxelas.
  20. Morrisson, C. et al. A Survey of numismatic research, 1990-1995. International Numismatic Commission. Berlín. 1997. ISBN 9788885873001
  21. Alfaro, C.; Amandry, M; Burnett, A. A Survey of numismatic research, 1996-2001. International Numismatic Commission. Madrid. 2003. ISBN 9780871842008
  22. Amandry, M.; Bateson, D. A survey of numismatic research : 2002-2007. International Association of Professional Numismatists. 2009. ISBN 9781902040950
  23. "Survey of Numismatic Research: Survey 2008-2013 Arquivado 31 de outubro de 2018 en Wayback Machine.". International Numismatic Council.
  24. Arnold-Biucchi, C.; Caccamo, M. Survey of numismatic research : 2008-2013. Arbor sapientiae. International Association of Professional Numismatists. 2015 ISBN 9788897805427
  25. "The Paris coin for the International Numismatics Congress". Museu Nacional d'Art de Catalunya.
  26. Ficha de Daniel Dupuis. Biblioteca Nacional de Francia.
  27. "Collection online. Museum number 2004,0506.4". The British Museum.
  28. "History of the Society. Part 4: 1936-1976". The Royal Numismatic Society: "Medal created to celebrate the 150th anniversary of the Royal Numismatic Society and the holding of the Tenth International Numismatic Congress, 1986 (by Robert Elderton)".
  29. "P&B coins the AIAM medal Arquivado 30 de outubro de 2018 en Wayback Machine.". Picchiani & Barlacchi.]
  30. "25 secoli di numismatica siciliana per la medaglia del XV CIN". En Il giornale della Numismatica. 7 de abril de 2015.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar