Consello Internacional de Numismática
O Consello Internacional de Numismática –CIN– (en inglés: International Numismatic Council –INC–) é un organismo internacional de coordinación creado para fomentar a cooperación entre numismáticos e institucións deste campo ou de áreas relacionadas.[1] Desde 2015 está oficialmente rexistrado como unha asociación e ten a súa sede central en Winterthur, Suíza.[2]
Consello Internacional de Numismática (International Numismatic Council) | |
---|---|
Presentación | |
Data fundación | 1934, como Comisión. 2009, como Consello. |
Localización | Winterthur![]() |
Orixes | Comisión Internacional de Numismática (International Numismatic Comision). |
Area servida | Internacional. |
Método | Patrocinio, publicacións e organización do Congreso Internacional de Numismática. |
Páxina web | Sitio web da entidade |
Premios | Outorgados: - Medalla do Congreso Internacional de Numismática. |
HistoriaEditar
A institución fundouse en 1934 coa denominación de Comisión Internacional de Numismática (Internacional Numismatic Comission), e pasou a adoptar o nome de Consello na súa reconstitución en 2009.[3]
FuncionamentoEditar
Conta con aproximadamente 160 membros procedentes de 38 países. As actividades do Consello, entre as que cómpre salientar o outorgamento de subvencións, o patrocinio de proxectos investigadores (como é o caso do Sylloge Nummorum Graecorum) e de publicacións, e a organización do Congreso Internacional de Numismática, está coordinado por un comité de nove membros, que son elixidos por representantes das institucións que forman parte no seo dos seus congresos internacionais.[4][5]
Os membros actuais do Comité do Consello Internacional de Numismática son:[6]
- Michael Alram (presidente)
- Pere Pau Ripollès (vicepresidente)
- Maria Caccamo Caltabiano (vicepresidenta)
- François de Callataÿ (secretario)
- Bernhard Weisser (tesoureiro)
- Ute Wartenberg Kagan
- Andrew Meadows
- Cecilia von Heijne
- Aleksander Bursche
O INC tamén mantén, a modo de xornal de novidades, o blog INC News, aberto á participación dos membros das entidades que forman parte, en cinco idiomas: inglés, francés, español, alemán e italiano.[7]
Congreso Internacional de NumismáticaEditar
- Artigo principal: Congreso Internacional de Numismática.
Ten lugar cada seis anos e é o maior encontro international relacionado coa numismática. A partir da súa sétima edición, en Copenhague, o congreso coincide co lanzamento dunha nova tiraxe do Survey of Numismatic Literature, publicación na que os especialistas numismáticos revisan as investigacións e as publicacións que saíron á luz desde o congreso anterior.[8][9]
Así mesmo, en cada edición do congreso faise entrega dunha medalla especial creada para o efecto.[10][11][12]
A edición número 15 do Congreso Internacional de Numismática tivo lugar en Messina, Sicilia, do 21 ao 25 de setembro de 2015; os seguintes convocáronse en Varsovia, Polonia, en setembro de 2021, e en Melbourne, Australia, en setembro de 2027.[13][14]
NotasEditar
- ↑ "Our mission". No sitio web do CIN.
- ↑ "Münzkabinett wird Sitz einer internationalen Organisation". Stadt Wintherthur.
- ↑ "Constitution of the International Numismatic Council (INC) adopted on August 30, 2009 in Glasgow". No sitio web do CIN.
- ↑ "What we do". No sitio web do CIN.
- ↑ "Patronage: Sylloge Nummorum Graecorum". No sitio web do CIN.
- ↑ "Committee of the INC". No sitio web do CIN.
- ↑ "INC News". No sitio web do CIN.
- ↑ "International Numismatic Congress". No sitio web do CIN.
- ↑ "Survey of Numismatic Research". No sitio web do CIN.
- ↑ "The Paris coin for the International Numismatics Congress". Museu Nacional d'Art de Catalunya.
- ↑ "25 secoli di numismatica siciliana per la medaglia del XV CIN". En Il giornale della Numismatica. 7 de abril de 2015.
- ↑ "P&B coins the AIAM medal". Picchiani & Barlacchi.
- ↑ "Messina/Taormina 2015". No sitio web do CIN.
- ↑ "Warsaw hosting the INC Congress in 2021". No sitio web do CIN.