Abrir o menú principal

Sylloge Nummorum Graecorum

Publicación numismática

Sylloge Nummorum Graecorum (SNG) é un proxecto de investigación emprendido pola British Academy en 1931, concibido inicialmente para a publicación dos catálogos das moedas da Antiga Grecia presentes tanto nas coleccións públicas como nas privadas de Gran Bretaña e posteriormente ampliado a diferentes países do mundo.[1]

Nacemento e evolución do proxectoEditar

Neste proxecto, inaugurado en 1931 coa publicación da colección de E. G. Spencer-Churchill, utilizouse a tradicional división numismática inaugurada no século XVIII polo numismático austríaco Joseph Eckhel (1737-1798). Xa que logo, considéranse gregas as moedas das antigas culturas mediterráneas, e exclúense desa consideración unicamente as emitidas baixo o poder de Roma e o seu Imperio.[2]

Os catálogos publícanse na modalidade in folio, cun texto limitado colocado diante de cada ilustración, para lle restar a estas o menos espazo posible, de xeito oposto á tradición anterior. A partir de 1984, os novos catálogos pasaron a publicarse predominantemente en formato A4.

Esta mesma metodoloxía foi tomada como propia, así mesmo, por outros diversos países, que non só mantiveron o título do proxecto senón que asumiron os criterios de catalogación, baixo a coordinación do Consello Internacional de Numismática (CIN).[3] De feito, á parte da trintena de volumes publicados polo Reino Unido, existen xa máis doutros 120 editados noutros países europeos como Dinamarca, Francia, Alemaña, Grecia, Italia, Finlandia, Polonia, Eslovenia, España, Suecia, Suíza, Hungría, Bélxica, Bulgaria, Croacia e a República Checa, ademais de Rusia, Israel, Turquía, Australia, Brasil e os Estados Unidos.[4][5][6]

España incorporouse ao proxecto en 1994 a través das coleccións numismáticas do Museo Arqueolóxico Nacional, que deron lugar á publicación dos seus tres primeiros volumes.[7][8][9][10]

O proxecto foi asumido en 1972 pola Unión Académica Internacional (UAI), seguindo coordinado polo Consello Internacional de Numsimatica (CIN).[11]

Outros proxectos similaresEditar

A raíz do éxito deste proxecto, creáronse tamén outros para diferentes series de emisións monetarias, como o Sylloge Nummorum Romanorum (SNR) ou o Sylloge of Coins of the British Isles (SCBI).

NotasEditar

  1. "Sylloge Nummorum Graecorum". En Bibliotheca Classica Selecta.
  2. "The Project". No sitio web do SNG británico.
  3. Espazo do Sylloge Nummorum Graecorum na web do International Numismatic Council. Pódese consultar a listaxe actualizada das contribucións de cada país adscrito ao proxecto.
  4. Recensión de novas publicacións dos proxectos británico, alemán e dinamarqués en "Silloge nummorum graecorum". Revue Numismatique. 1966. Nº 8. Páxina 320.
  5. Recensión de novas publicacións do proxecto norteamericano en "Sylloge Nummorum Graecorum. The Collection of the American Numismatic Society. Part I : Etruria-Calabria". L'Antiquité Classique. 1971. 40-1. Páxinas 414-416.
  6. Recensión de novas publicacións do proxecto australiano en "Sylloge Nummorum Graecorum. Australia I. The Gale Collection of South Italian Coins. Australian Center for Ancient Numismatic Studies, Macquarie University". L'Antiquité Classique. 1971. 40-1. Páxinas 414-416.
  7. "Sylloge Nummorum Graecorum". En Museo Arqueológico Nacional.
  8. Alfaro Asins (1994).
  9. Alfaro Asins (2005)
  10. Arévalo González, A. (2005)
  11. Páxina do proxecto SNG na web da Unión Académica Internacional. Pódese consultar a compilación actualizada de publicacións do proxecto.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar