Museo da Ceca de Roma

museo numismático de Italia

O Museo da Ceaca de Roma (en italiano: Museo della Zecca di Roma) é un museo numismático de titularidade pública dependente do Instituto Poligráfico e Ceca do Estado italiano. En outubro de 2016 instalouse nas propias instalacións da ceca pública italiana, no número 712 da rúa Salaria, en Roma.[1]

Museo da Ceca de Roma
––
Museo della Zecca di Roma
Entrada ao edificio do
Museo da Ceca de Roma
Coordenadas41°56′37.08″N 12°30′28.22″L / 41.9436333, -12.5078389
PaísItalia Italia
Cidade Roma
InauguraciónFins do século XVIII
Na rede
http://www.museozecca.ipzs.it
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

As orixes do museo están na adquisición de varias coleccións de moedas e medallas por parte da Cámara Apostólica (Camera Domini Papae) do Vaticano, a finais do século XVIII, o que deu lugar, en 1822, á constitución dun gabinete numismático en 1824 (Gabinetto Pontificio delle Medaglie) coa finalidade de conservar e restaurar as moedas antigas, e de facer copias das medallas dos pontífices.[2][3][4]

En 1870, a ceca vaticana foi absorvida polo Ministerio de Facenda italiano. O rei Vítor Manuel III, recoñecido coleccionista de moedas, incrementou os fondos numismáticos do gabinete por varias vías, entre as que cómpre salientar importantes doazóns. En 1911 o museo pasou a formar parte das instalacións da Ceca do Estado en Esquilino, Roma, que duispuxo unha sala para a exposición das moedas e as medallas, outra para a colección de reproducións en cera de Benedetto Pistrucci, e unha terceira para a colección vaticana.[2][4]

En 1962, unha parte da colección trasladouse á sede do Ministerio de Facenda na rúa XX Settembre.[2][4] En outubro de 2016 inaugurouse unha nova etapa do Museo da Ceca de Roma ao ser trasladado novamente, desde a anterior sede do ministerio ata a da ceca pública italiana, da que depende, na Via Salaria de Roma.[5]

Consonte a Lei 154 do 20 de abril de 1978, pola que se aprobou a unión da Casa da Moeda do Estado e o Instituto Poligráfico nunha única entidade (Istituto Polografico e Zecca dello Stato), as coleccións numismáticas do Museo da Casa da Moeda pasaron tamén a formar parte do acervo da nova entidade.[2][3]

Colección editar

A colección do museo componse de arredor de 20.000 pezas, entre moedas, medallas, artefactos de cuñaxe e moedelos en cera, tanto italianos como doutros países.[3][6][7]

Entre as moedas destaca unha rica mostra de pezas dos estados italianos e estranxeiros desde a Idade Media ata a actualidade, que tamén inclúe probas e proxectos. O núcleo da colección de medallas, que abrangue os artistas máis ilustres de todos os tempos, constitúeno as medallas pontificias.[3][6][7]

Tamén é moi salientable a colección de modelos de cera para medallas e camafeos, cuxo grupo máis numeroso (425 ceras) está representado polas obras de Benedetto Pistrucci. Estes modelos comprenden esbozos de moedas, medallas e camafeos adquiridos polo museo en 1912.[8] A grande sona deste gravador romano débese principalmente a unha das súas obras principais, o soberano de ouro británico, do que se exhiben estudos e esbozos orixinais.[3][6][7]

Tamén cómpre destacar os modelos en cera de Giuseppe e Francesco Bianchi; trátase de 96 exemplares, dos cales 15 están realizados por Giuseppe e os restantes polo seu fillo Francesco.[9]

Notas editar

  1. "Museo della Zecca, apre la fabbrica dei tesori italiani". En Ansa.it. 27 de outubro de 2016.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Storia della collezione". IPZS. Museo della Zecca.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Il museo". Museo della Zecca di Roma.
  4. 4,0 4,1 4,2 Staccioli, P. (1966).
  5. "Museo della Zecca, apre la fabbrica dei tesori italiani". Ansa.it. 27 de outubro de 2016.
  6. 6,0 6,1 6,2 "Collezione online". Museo della Zecca di Roma.
  7. 7,0 7,1 7,2 "Il Museo della Zecca". IPZS - Museo della Zecca.
  8. "I modelli in cera di Benedetto Pistrucci. IPZS - Museo della Zecca.
  9. "I modelli in cera di Giuseppe e Francesco Bianchi". IPZS - Museo della Zecca.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Staccioli, P. (1966). "Museo numismatico della Zecca Italiana". En I musei nascosti di Roma. Alla scoperta dei tesori dimenticati della città. Páxina 50. Roma. Newton Compton. ISBN 88-8183-417-0

Ligazóns externas editar