Documento de identidade

O documento de identidade é un instrumento oficial que ten o obxectivo de provar a identidade dunha persoa física. Son clasificados como documentos de identidade tódolos documentos oficiais que teñen o poder de comprobar inequívoca e irrefutabelmente a identidade dun individuo, sexa perante os órganos públicos ou privados.

Personalausweis de Alemaña.

Deste xeito, os pasaportes son considerados tamén documentos de identidade, alén da súa razón primeira que é ser un documento de viaxe. En varios países, os documentos que habilitan o cidadán a conducir vehículos tamén son moitas veces aceptados como proba de identidade, tendo, polo tanto, a mesma utilidade práctica dun documento de identidade ad hoc. Alén do pasaporte e da habilitación para conducir veículos, hai outros documentos que poden ser aceptados como comprobantes de identidade. No Brasil, de feito, a carteira de traballo e as carteiras de ordes profesionais tamén son aceptadas legalmente para desempeñar os mesmos fins da cédula de identidade.

Porén, en varios países existe grande resistencia á creación de documentos de identidade ad hoc. En países como Australia, Andorra, Dinamarca, Filipinas, o Xapón ou Corea do Sur, non existe ningún documento que poida ser considerado unha proba de identidade creada especificamente para este efecto. Deféndese amplamente que un documento que teña por único fin a proba da identidade dunha persoa é unha inxerencia do estado na privacidade dos seus cidadáns, ó modelo de estados totalitarios ou segregacionistas.

En España

editar
Artigo principal: DNI (España).

O DNI (Documento Nacional de Identidade) é o documento de identidade que se expide en España.[1] É unha tarxeta plastificada ou de policarbonato onde se detalla o nome e apelidos do titular, data de nacemento, dirección, proxenitores, xénero, dirección de residencia, localidade e provincia de nacemento, e contén unha fotografía e un número de identificación formado por 8 cifras máis unha letra de control. É obrigatorio posuílo a partir dos 14 anos, aínda que pode solicitarse dende os 3 meses de idade. Xeralmente chámase NIF a esta combinación de números e letra, e DNI só aos números. O DNI é suficiente para viaxar e inscribirse coma residente nos países membros da Unión Europea. Tamén serve para viaxar a Islandia, Noruega e Suíza e outros países europeos coma Andorra, Liechtenstein, Mónaco ou San Marino.

O DNI expídese nas oficinas da Policía Nacional. Cada oficina de expedición recibe un lote de números que vai asignando de forma correlativa á súa petición. Ata os 30 anos, o DNI ten validez por 5 anos. Dos 30 aos 70 anos, ten validez por 10 anos, sendo permanente a partir dos 70 anos.

A partir do 2006 comezouse a implantar a evolución lóxica do DNI tradicional ao DNI electrónico, que se diferencia do tradicional por un chip que permite garantir a identidade da persoa que leva a cabo as xestións e transaccións electrónicas que se realicen con el. O desenvolvemento do proxecto técnico do DNI electrónico supuxo un importante investimento, cofinanciado polos ministerios de Industria e Interior. A comezos de 2006 abriu a primeira oficina piloto de expedición do DNI electrónico en Burgos, mentres que a implantación a nivel nacional desenvolveuse ó longo do 2006.[2]

En 2015, lanzouse o DNI 3.0 con tecnoloxía NFC.[3]

  1. Ministerio del Interior (24 de decembro de 2005). "Real Decreto 1553/2005, de 23 de diciembre, por el que se regula la expedición del documento nacional de identidad y sus certificados de firma electrónica". Boletín Oficial del Estado (307, de 24 de decembro de 2005): 42090–42093. BOE-A-2005-21163. 
  2. Caballero, Javier; Izeddin, Daniel (7 de marzo de 2004). "60 años de carné de identidad". El Mundo. 
  3. López Enano, Virginia (12 de xaneiro de 2015). "Interior lanza el nuevo DNI 3.0, que permite transmitir datos". El País. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar