Placa da matrícula (automobilismo)

A placa da matrícula[1], tamén chamada sinxelamente matrícula ou placa, é unha placa de metal ou plástico fixada a un vehículo autómobil co fin da súa identificación oficial. Estas placas teñen unha serie de caracteres numéricos e alfabéticos.

Placa dunha matrícula da provincia de Pontevedra en Galiza.

Na maioría dos países, os automóbiles, así como os demais vehículos dunha cilindrada de motor mínima, deben levar suxeita unha placa na parte frontal e outra na parte traseira, aínda que nalgúns lugares ou nalgúns tipos de vehículos só se exixe a placa traseira.

Hai dous sistemas de matriculación. Un primeiro no que as placas as fabrican e as entregan as autoridades, como ocorre en Suíza, Alemaña, a meirande parte dos países americanos etc... e outro no que as autoridades asignan a matrícula ao vehículo e a placa debe comprarse en lugares autorizados, que é o caso de España ou Francia. Nalgúns países existen placas provisionais mentres non se completaron os trámites de matriculación.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar