Herbert A. Cahn
Herbert Adolf Cahn, nado o 28 de xaneiro de 1915 en Frankfurt, Alemaña, e finado o 5 de abril de 2002 en Basilea, foi un numismático, arqueólogo e comerciante de moedas alemán nacionalizado suízo en 1949.[1][2][3]
Nome orixinal | (de) Herbert A. Cahn |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (de) Herbert Adolph Cahn 28 de xaneiro de 1915 Frankfurt, Alemaña |
Morte | 5 de abril de 2002 Basilea Suíza |
País de nacionalidade | Alemán nacionalizado suízo. |
Educación | Universidade de Frankfurt. |
Q89547790 | Estudos de numismática clásica. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e arqueoloxía. |
Lugar de traballo | Friburgo Heidelberg |
Ocupación | marchante de arte, arqueólogo, erudito clásico, historiador da arte, profesor universitario, numismático, arqueólogo clásico, coleccionista de arte |
Empregador | Universidade de Freiburg im Breisgau Universidade de Heidelberg |
Membro de | |
Profesores | Ernst Pfuhl |
Influencias en | |
Familia | |
Cónxuxe | Mathilde Vögeli (1949). |
Fillos | Miriam Cahn |
Parentes | Adolph E. Cahn, avó Willy Schwabacher, curmán entregue Erich B. Cahn, curmán entregue |
Premios | |
- (1971): Medalla da RNS. - (1973): Jeton de Vermeil (SFN). - (1978): Premio da SHMI. - (1983): Medalla Huntington (ANS). - (1995): Premio Otto Paul Wenger (VSB). |
Traxectoria
editarComo comerciante de moedas
editarHerbert A. Cahn procedía dunha familia de comerciantes numismáticos de Frankfurt. Xa o seu avó, Adolph Emil Cahn (1840-1918), fundara en 1874 unha compañía dedicada á venda de moedas que chegou a organizar importantes poxas públicas. Posteriormente, o seu pai, Theodor Cahn (1877-1924) e o seu tío Julius Cahn (1871-1935) pasaron a dirixir o negocio ata a primeira guerra mundial.[4][5]
Herbert A. Cahn recibiu a súa primeira educación en Frankfurt, a primaria na escola Philanthropin e a secundaria no instituto Goethe-Gymnasium, onde se graduou en 1932. Nesa época de estudante tomou contacto co mundo da numismática e comezou xa a colaborar coa empresa familiar, correu a cargo da edición de diversos catálogos de poxas e venda de moedas.[1][2] Mesmo, aos 14 anos, publicou o seu primeiro artigo, sobre un denario inédito de Septimio severo.[5][6]
No mesmo 1932, Herbert comezou os seus estudos de Arqueoloxía Clásica, Historia Antiga e Filoloxía Clásica na Universidade de Frankfurt, con profesores como Ernst Langlotz, e, logo da emigración forzada a Basilea en 1933 pola confesión xudía da súa familia, continuou os seus estudos na Universidade de Basilea, onde acadou o título de doutor en Arqueoloxía Clásica en 1940, baixo a dirección do profesor a Ernst Pfuhl, cunha tese sobre a moeda de Naxos (Die Münzen der sizilischen Stadt Naxos).[1][2][7][8]
En 1933 asociouse co seu irmán, Erich B. Cahn, para crear a compañía Münzhandlung Basel, reconvertida en 1942 en Münzen und Medaillen AG, que chegou a se converter nunha das entidades de venda de moedas máis importantes do mundo.[1][9] O negocio abranguía non só as moedas senón tamén as antigüidades e, despois de 1988, Herbert Cahn separou esta parte da compañía a unha de nova creación denominada H. A.C. Kunst der Antike, que chegou a ser tamén unha das empresas punteiras no comercio das antigüidades e dos obxectos de arte a nivel internacional.[2][10]
Como numismático académico
editarParalelamente ao seu labor comercial, Herbert Cahn mantivo permanentemente a súa conexión co aspecto científico da numismática antiga e da arqueoloxía clásica. De feito, en 1965 converteuse en profesor de Numismática Antiga da Universidade de Heidelberg e en 1971 foi nomeado profesor emérito.[1] A partir de 1983 desenvolveu a súa actividade docente na Universidade de Friburgo.[2][11]
Xunto con Karl Schefold e Otto Rubensohn, participou en 1956 na fundación da Sociedade dos Amigos da Arte Antiga (Vereinigung der Freunde Antiker Kunst) e en 1960 na mostra "Obras Mestras da Arte Grega" (Meisterwerke griechischer Kunst), celebrada en Basilea. Esta exposición foi o xermolo da fundación do Antikenmuseum Basel, na mesma cidade, que abriu as súas portas en 1966. De 1970 a 1986 foi membro do consello de dirección da Sociedade Suíza de Numismática (Schweizerische Numismatische Gesellschaft). Entre 1949 e 1964 foi redactor de Schweizer Münzblätter e, de 1981 a 1987, de Schweizerische Numismatische Rundschau.[1][2][12]
O seu principal foco de atención foi a numismática grega; os seus traballos sobre as moedas de Naxos e Cnido seguen a ser obras de referencia.[2] Tamén é autor de publicacións noutras moitas áreas da numismática antiga, así como sobre vasos gregos e sobre outros aspectos da arte da Antigüidade. De xeito privado, Herbert Cahn coleccionou fragmentos de vasillas antigas e reuniu unha das coleccións máis grandes e importantes do mundo, que ofrece unha visión xeral da cerámica antiga.[13]
Cahn foi un dos fundadores da Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais en 1951 e tamén formou parte da Comisión Internacional de Numismática, de cuxo boletín foi o primeiro editor, en 1980.[14]
Vida familiar
editarEn 1949, Herbert Cahn adquiriu a nacionalidade suíza e casou con Mathilde Vögeli.[1][2] A súa filla, Miriam Cahn, nada no mesmo 1949, é unha recoñecida artista visual;[15] o seu fillo, Jean-David Cahn, nado en 1961, continúa a tradición do seu pai traballando como anticuario en Basilea.[16]
Recoñecementos
editarEn 1985, co gallo do seu septuaxésimo aniversario, Herbert Cahn Foi obxecto da publicación dun libro de homenaxe publicado polo Círculo Numismático de Basilea.[17]
Premios
editar- (1971): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres.[18]
- (1973): Jeton de Vermeil, da Société française de numismatique, de París.[19]
- (1978): Premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional, de Frankfurt.[20]
- (1983): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York.[21]
- (1995): Premio Otto Paul Wenger, da Asociación de Numismáticos Profesionais Suízos.[22]
Publicacións
editarHerbert Cahn foi autor de numerosos artigos publicados en revistas numismáticas e arqueolóxicas da súa época, e tamén dalgúns traballos monográficos. Velaquí unha escolma das súas monografías máis salientables:[23][24][25][26][27][28][29]
- (1944). Die Münzen der sizilischen Stadt Naxos. Ein Beitrag zur Kunstgeschichte des griechischen Westens. Birkhäuser, Basilea.
- (1945). Frühhellenistische Münzkunst. Amerbach, Basilea.
- (1947). Griechische Münzen archaischer Zeit. Amerbach, Basilea.
- (1970). Knidos. Die Münzen des 6. und des 5. Jahrhunderts vor Christus. de Gruyter, Berlín.
- (1975). Kleine Schriften zur Münzkunde und Archäologie. Archäologischer Verlag, Basilea.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "HerbertCahn". En Dictionaire Historique de la Suisse.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 "Cahn, Herbert". En Dictionary of Art Historians.
- ↑ Boehringer, C. (2002) Arquivado 03 de agosto de 2019 en Wayback Machine..
- ↑ "150 Jahre CAHN - die Firmengeschichte von 1863-2013".
- ↑ 5,0 5,1 Boehringer, C. (2002) Arquivado 03 de agosto de 2019 en Wayback Machine.. Páxina 119.
- ↑ Cahn, H. A. (1929). "Ein unedierter Denar des Septimius Severus auf die Saecularfeier 204 n. Chr.". En Mitteilungen für Münzsammler. 6/70. Frankfurt. Páxinas 353-354.
- ↑ Boehringer, C. (2002) Arquivado 03 de agosto de 2019 en Wayback Machine.. Páxina 121.
- ↑ A súa tese de doutoramento foi publicada en 1944 (véxase "Publicacións").
- ↑ Boehringer, C. (2002) Arquivado 03 de agosto de 2019 en Wayback Machine.. Páxina 120.
- ↑ Boehringer, C. (2002) Arquivado 03 de agosto de 2019 en Wayback Machine.. Páxinas 122-123.
- ↑ Boehringer, C. (2002) Arquivado 03 de agosto de 2019 en Wayback Machine.. Páxina 123.
- ↑ Boehringer, C. (2002) Arquivado 03 de agosto de 2019 en Wayback Machine.. Páxinas 122 e 124.
- ↑ Boehringer, C. (2002) Arquivado 03 de agosto de 2019 en Wayback Machine.. Páxina 124.
- ↑ Boehringer, C. (2002) Arquivado 03 de agosto de 2019 en Wayback Machine.. Páxinas 125-126.
- ↑ Sitio web de Miriam Cahn.
- ↑ "Von Münzen zu Kunst aus der Antike[Ligazón morta]". En Basler Zeitung. 7 de novembro de 2013. Páxina 16.
- ↑ Schärli, B.; Voegtli, H. (red.) (1985).
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
- ↑ "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
- ↑ "Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte". www.gig-geldgeschichte.de. Consultado o 2021-05-28.
- ↑ "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
- ↑ "Otto Paul Wenger-Preis". En Numis Post.
- ↑ "Cahn, Herbert A.". WorldCat.
- ↑ "Cahn, Herbert Adolph 1915-2002 Arquivado 09 de maio de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Herbert A. Cahn (1915-2002). Bibliographie". Coingallery.de
- ↑ "Bibliographie Herbert A. Cahn, 1975-1984". En Antike Kunst. 28 (1985). Páxinas 5-6.
- ↑ "Bibliographie Herbert A. Cahn, 1985-1995". En Antike Kunst. 38 (1995). Páxinas 66-67.
- ↑ Biucchi, C. (1975). "Schriftenverzeichnis Herbert A. Cahn 1929-1974". En Cahn, H. A. Kleine Schriften zur Münzkunde und Archäologie. Archäologischer Verlag, Basilea. Páxinas 8-14.
- ↑ Voegtli, H. (1985). "Bibliographie Herbert A. Cahn". En Schärli, B.; Voegtli, H. (red.) (1985). Páxinas XIII-XV.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Berghaus, P. (1994). "Herbert A. Cahn". En Numismatisches Nachrichten Blatt. 43, 2. Páxinas 31–32.
- Boehringer, C. (2002). "Herbert A. Cahn, Frankfurt am Main 28. Januar 1915 - 4. April 2002 Basel Arquivado 03 de agosto de 2019 en Wayback Machine.". En Compte rendu. 49. International Numismatic Council. Páxinas 119-126.
- Flashar, M. (2002). "Archäologe aus Passion - Zum Tod von Herbert A. Cahn". En Badische Zeitung. 11 de abril.
- Hurter, S. (1995). "Gratulamur!". En Schweizer Münzblätter. 45. Páxina 1.
- Hurter, S.; Peter, M. (2002). "Zum Gedenken an Herbert A. Cahn". En Schweizerische Numismatische Rundschau. 81. Páxinas 4-6.
- Koepplin, D. (2002). "Professor Herbert A. Cahn zum Gedenken". En Basler Zeitung. 86. 13/14 de abril. Páxina 31.
- Kreikenbom, M. (2015). "Das Projekt Herbert A. Cahn: Familien- und Firmengeschichte[Ligazón morta]". En Cahn’s Quarterly. 1. Páxina 3.
- Lezzi-Hafter, A. (2003). "Zum Gedenken an Herbert Cahn, 1915-2002". En Antike Kunst. 46. Páxina 3.
- Schärli, B.; Voegtli, H. (red.) (1985). Festschrift Herbert A. Cahn. Zum 70. Geburtstag gewidmet und herausgegeben vom Circulus Numismaticus Basiliensis. Basilea.
- Voegtli, H. (2002). "Prof. Dr. Herbert A. Cahn". In International Numismatic Newsletter. 39. Páxina 19.
- Voegtli, H. (2003). "Bibliographie Herbert A. Cahn, 1995-2002". En Antike Kunst. 46. Páxina 4.
- Wartenberg, U. (2002-a-). "Herbert A. Cahn, 1915-2002 Arquivado 15 de decembro de 2019 en Wayback Machine.". En ANS Magazine. 1, 2. American Numismatic Society. Páxina 33.
- Wartenberg, U. (2002-b-). "Herbert A. Cahn, 1915-2002". En The Celator. 16, 9. Páxina 32.
- Willers, D, (1995). "Herbert A. Cahn achtzigjährig, Karl Schefold neunzigjährig". En Antike Kunst. 38. Páxinas 63-64