Max von Bahrfeldt

numismático e militar alemán

Max Ferdinand Bahrfeldt (a partir de 1913 von Bahrfeldt), nado en Gerswalde o 6 de febreiro de 1856 e finado na cidade saxoa de Halle o 11 de abril de 1936, foi un xeneral, numismático e historiador local alemán.

Max von Bahrfeldt
Max von Bahrfeldt (1856-1936).jpg

Nome nativoMax Ferdinand Bahrfeldt
Nacemento6 de febreiro de 1856
Willmine (Gerswalde).
Flag of Brandenburg.svg Brandeburgo
Flag of Prussia (1892-1918).svg Reino de Prusia.
Defunción11 de abril de 1936 (80 anos)
Halle.
Flag of Saxony-Anhalt.svg Saxonia-Anhalt
Alemaña Alemaña.
ServizoExército Imperial Alemán (1873-1916).
RangoXeneral de Infantaría.
Unidade75º rexemento de Infantaría.
Mandos37ª división de Infantaría.
19ª división de reserva.
10ª división de reserva.
Batallas/GuerrasCharleroi (1914).
Saint-Quentin (1914).
1ª do Marne (1914).
1ª de Champagne (1914).
Verdún (1914).
DistinciónsMedalla da RNS (1912).
Orde da Aguia Vermella.
Orde da Coroa.
RelaciónsEmil Bahrfeldt.
OutrosProfesor honorario de Numismática na Universidade de Halle

Bahrfeldt é coñecido como un dos maiores estudosos da moeda romana da época republicana. O seu irmán maior, Emil Bahrfeldt (1854-1929), tamén foi un reputado numismático.

No ámbito militar, en paralelo ás súas vitorias, atribúenselle as atrocidades cometidas en Charleroi durante a invasión alemá de Bélxica en 1914 durante a primeira guerra mundial.

TraxectoriaEditar

Bahrfeldt naceu en 1856 no barrio de Willmine, do municipio de Gerswalde, en Brandeburgo.[1]

Carreira militarEditar

Desde 1869, Bahrfeldt asistiu ás escolas de cadetes de Wahlstatt (a actual Legnickie Pole, en Polonia) e de Berlín, ata 1873, cando se converteu en tenente do 75º rexemento de Infantaría, de Bremen.[2] Posteriormente emprendeu a carreira de oficial no exército prusiano e estudou na Academia de Guerra de Berlín entre 1882 e 1885. En 1904 foi ascendido a coronel, en 1908 a xeneral de división e en 1911 a tenente xeneral. Finalmente, retirouse do exército en 1916.[1][3]

Primeira guerra mundialEditar

Como xeneral de Infantaría, dirixiu varias divisións coas que participou en diferentes batallas na fronte occidental durante a primeira guerra mundial.[1][4]

Unha destas divisións comandadas por Bahrfeldt foi a 37ª de Infantaría, coa que participou na captura da cidade de Charleroi o 22 de agosto de 1914, no marco da invasión alemá de Bélxica. Acusado posteriormente polos aliados de cometer crimes de guerra durante a ocupación, foi condenado a morte en ausencia nun consello de guerra celebrado por un tribunal belga en 1925.[4][5][6]

Na súa condición de tenente xeneral, Bahrfeldt accedeu á nobreza hereditaria prusiana o 16 de xuño de 1913, no marco do XXV aniversario do reinado de Guillerme II, o que leva consigo o uso do apelido "von Bahrfeldt".[2][7]

Polos seus servizos militares recibiu a Estrela de segunda clase da Orde da Aguia Vermella, así como a Estrela de segunda clase da Orde da Coroa prusiana.[8]

Actividade políticaEditar

Bahrfeldt foi membro do Partido Alemán da Patria (Deutsche Vaterlandspartei) desde a súa fundación en 1917. Durante a República de Weimar estivo afiliado ao Partido Popular Nacional Alemán (Deutschnationale Volkspartei) e á organización paramilitar Stahlhelm ("Casco de Aceiro"). Logo da disolución desta organización durante o Terceiro Reich, Bahrfeldt pasou á reserva da SA-Sturmabteilungen, o brazo paramilitar de partido nazi alemán.[3]

Carreira académicaEditar

Bahrfeldt amosou xa desde a súa xuventude interese pola numismática, non só como coleccionista senón que tamén se dedicou ao seu estudo, xunto co seu irmán Emil, e focalizou o seu interese nas cuñaxes da República Romana e da Baixa Saxonia,[2][4][9][10] en tanto que Emil se centraba na moeda medieval de Brandeburgo.[11]

Iniciou as súas investigacións numismáticas en 1873, cando comandaba o 75º rexemento de infantaría, e publicou o seu primeiro traballo sobre este tema en 1874, en Stade.[2] Un ano despois accedeu ao posto de coeditor da revista Numismatisch-Sphragistischer Anzeiger, publicada en Hannover, na que publicou numerosos artigos.[2]

Entre 1876 e 1882, en tanto que prestaba os seus servizos como auxiliar do rexemento de gornición en Stade, colaborou tamén como secretario da sociedade histórica local e exerceu como conservador da súa colección numismática. Ademais, tamén efectuou escavacións no sitio arqueolóxico do vaso campaniforme de Perleberg.

Como estudoso e como coleccionista, viaxou a diversas cidades europeas, entre elas París, Madrid, Viena, Budapest, Moscova, San Petersburgo, Copenhague e Londres, e alí visitou as coleccións e os gabinetes numismáticos máis importantes, sobre todo as partes dedicadas á moeda da Antiga Roma.[3][12]

A partir de 1880, Bahrfeldt foi editor da revista Numismatisches Literaturblatt, publicada en Stade.[3][9]

Estudos de numismática romanaEditar

 
Estatero de Coson (século I a. C.), sobre o que Max von Bahrfeldt fixo as súas achegas máis importantes á numismática antiga.

Polos seus estudos, Bahrfeldt está considerado como un dos maiores coñecedores das emisións monetarias da República Romana. En 1911 contribuíu a achegar luz a cerca das cuñaxes xeto-dacianas coa súa interpretación do estatero de ouro de Coson, defendendo a súa xénese local e excluíndo calquera relación coa fuxida de Roma de Marco Xunio Bruto, o que supuña rexeitar a conxectura de Joseph Hilarius Eckhel, que argumentara a súa orixe externa.[13] Neste sentido, Bahrfeldt obtivo a adhesión á súa postura do presitixioso numismático Theodor Mommsen.

Max von Bahrfeldt casou en Gotha, o 14 de outubro de 1878, con Elisabeth Mary Charlotte Samwer (1859-1954), filla do xurista e tamén numismático Karl Friedrich Samwer (1819-1882).[4] Tomando como base os papeis deixados polo seu sogro tras a súa morte, Bahrfeldt compuxo a máis salientable das súas monografías, publicada en Viena en 1883, acerca da historia das emisións monetarias da Antiga Roma a partir do ano 200 a. C.[14]

RecoñecementosEditar

En 1911 Bahrfeldt foi nomeado doutor honoris causa pola Facultade de Filosofía da Universidade de Giessen.[2] Pola súa banda, en 1921 a Universidade de Halle-Wittenberg nomeouno profesor honorario de Numismática, onde traballou ata o seu falecemento en 1936.[3][4][9][12]

PremiosEditar

PublicaciónsEditar

Esta é unha escolma dalgúns dos artigos e dos traballos monográficos publicados por Bahrfeldt ao longo da súa carreira académica:[16][17][18]

MonografíasEditar

  • (1883). Geschichte des älteren römischen Münzwesens bis circa 200 vor Christi (554 der Stadt) (con K. F. L. Samwer). Commissionsverlag von W. H. Kül in Berlin, Viena.
  • (1897-1919). Nachträge und Berichtigungen zur Münzkunde der römischen Republik : im Anschluss an Babelon's Verzeichniss der Consular-Münzen. Tomo I (1897). Tomo II (1900). Tomo III (1919). Bahrfeldt, Viena.
  • (1899). Le monete romano-campane (con S. Ricci). Cogliati, Milán.
  • (1914). Die Münzsammlung des Roemer-Museums zu Hildesheim. Lax, Hildesheim.
  • (1922). Sammlung römischer Münzen der Republik u. des West-Kaiserreichs. Riechmann, Halle.
  • (1923). Die römische Goldmünzenprägung während der Republik und unter Augustus. Riechmann, Halle.
  • (1927-1930). Niedersächsisches Münzarchiv; Verhandlungen auf den Kreis- und Münzprobationstagen des Niedersächsischen Kreises, 1551-1625 (catro volumes. Riechmann, Halle.

ArtigosEditar

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Cahn, H. A. (1934). Páxina 435.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Bahrfeldt, Max Ferdinand von (1856-1936)". Prenzlau online.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Max von Bahrfeldt". Universität Halle-Wittenberg.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Jesse, W. (1953).
  5. Toppe, A. (ed.) (2008). Militär und Kriegsvölkerrecht. Rechtsnorm, Fachdiskurs und Kriegspraxis in Deutschland 1899-1940. Oldenbourg Wissenschaftsverlag, Múnic. Páxina 136. ISBN 978-3-486-58206-2
  6. Lemaire, A.; Nonclercq, P. (2013). Charleroi, août 1914: Crimes, incendies, pillages, bombardements. L'invasion allemande au pays de Charleroi. Noir Dessin, Liexa. Páxinas 4-45. ISBN 978-2-87351-283-5. [Reedición analítica da orixinal de 1929]
  7. Militär-Wochenblatt. Nº 81. 19 de xuño de 1913. Páxina 1.863.
  8. Kriegsministerium (ed.) (1913). Rangliste der Königlich Preußischen Armee und des XIII. (Königlich Württembergischen) Armeekorps für 1913. Mittler & Sohn, Berlín. Páxina 108.
  9. 9,0 9,1 9,2 "Bahrfeldt, Max von". Enciclopedia Treccani.
  10. Cahn, H. A. (1934). Páxina 437.
  11. Jesse, W. (1953). "Bahrfeldt, Numismatiker. 1) Emil". En Neue Deutsche Biographie. Vol. 1. Duncker & Humblot, Berlín. Páxina 543.
  12. 12,0 12,1 Cahn, H. A. (1934). Páxina 436.
  13. Véxase (1911) en "Bibliografía - Artigos".
  14. Véxase (1883) en "Publicacións - Monografías".
  15. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  16. "Bahrfeldt, Max Ferdinand von 1856-1935". Digital Library Numis.
  17. "Bahrfeldt, Max von 1856-1936". WorldCat Identities.
  18. "Bahrfeldt, Max von". Regesta Imperii.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar