Alexander Cunningham

enxeñeiro militar, arqueólogo e numismático inglés


Sir Alexander Cunningham, nado o 23 de xaneiro de 1814 en Westminster, Londres, e finado o 28 de novembro de 1893 na mesma cidade, foi un enxeñeiro militar do exército británico pertencente ao Grupo de Enxeñeiros de Bengala, estudoso da historia, a arqueoloxía e a numismática da India, e fundador do Servizo Arqueolóxico da India.

Infotaula de personaAlexander Cunningham

Retrato de
Alexander Cunningham
Nome orixinal(en) Sir Alexander Cunningham Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de xaneiro de 1814
Londres Editar o valor em Wikidata
Morte18 de novembro de 1893 (79 anos)
Londres.
.
Datos persoais
Residencia India Británica.
País de nacionalidade Británica
EducaciónEast India Company Military Seminary.
Actividade
Campo de traballoExército, antigüidades e numismática.
Ocupaciónexplorador , enxeñeiro , epigrafista , numismático , historiador da arte , oriental archaeologist (en) Traducir , historiador Editar o valor em Wikidata
Membro de
Influencias
James Prinsep.
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Británico Editar o valor em Wikidata
Rango militarXeneral Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAlicia Maria Whish (1840).
FillosAllan J. C. Cunningham (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiAllan Cunningham (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsPeter Cunningham (en) Traducir, Joseph Davey Cunningham (en) Traducir e Francis Cunningham (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
(1886): Medalla da RNS.

WikiTree: Cunningham-4934

É autor de numerosos traballos monográficos e foi un importante coleccionista. Algunhas das súas coleccións perdéronse, mais a maioría das súas moedas de prata e de ouro, e un notable grupo de esculturas e xoias budistas foron adquiridas polo Museo Británico en 1894.[1][2]

O seu fillo é o matemático Allan Cunningham (1842-1928).

Traxectoria editar

Formación e xuventude editar

Cunningham naceu en Londres en 1814, fillo do poeta escocés Allan Cunningham (1784-1842)[3] e da súa muller, Jean Walker (1791-1864).[4] Xunto co seu irmán máis vello, Joseph, recibiu a educación primaria no Christ's Hospital, de Londres. Coa influencia de Walter Scott (1771-1832), ambos os irmáns lograron ingresar como cadetes no East India Company's Addiscombe Seminary, unha academia militar onde se preparaban os futuros oficiais do exército na East India Company.[2] Aí estiveron entre 1829 e 1831, e logo continuaron a súa formación técnica no Royal Engineers Estate, en Chatham.

Alexander ingresou con 19 anos no Grupo de Enxeñeiros de Bengala como tenente segundo e pasou os seguintes 28 anos ao servizo do Goberno británico da India. Pouco despois da súa chegada á India, o 9 de xuño de 1833,[5] coñeceu o orientalista e anticuario James Prinsep (1799-1840), con quen mantivo un contacto diario, concretamente entre 1837 e 1838, e con quen forxou unha estreita amizade. Prinsep transmitiulle o interese pola arqueoloxía e polas antigüidades da India.[6]

Entre 1836 e 1840 foi o axudante de campo de Lord Auckland, o gobernador xeral da India.[2] Durante este período visitou Caxemira, que daquela non estaba aínda totalmente explorada.[4][5]

Carreira militar editar

 
Alexander Cunningham (cuarto pola dereita)

En 1841, Cunningham foi nomeado enxeñeiro executivo do rei de Oudh, e o ano seguinte foi chamado para intervir militarmente contra o levantamento do gobernante de Jaipur en Bundelkland.[2] Logo foi destinado á India central, antes de intervir na batalla de Punniar en decembro de 1843. Posteriormente exerceu como enxeñeiro en Gwalior e foi o responsable da construción dunha ponte de pedra con arcos sobre o río Morar en 1844-1845.[2] Os dous anos seguintes foi destinado ao Punjab, onde interveu na construción de dúas pontes no río Beas, antes da batalla de Sobraon.[5]

En 1846, Cunningham foi comisionado, xunto con P. A. Vans Agnew, para a delimitación de fronteiras, e o ano seguinte dirixiu unha nova comisión para fixar os límites entre Ladakh e o Tíbet.[7][8] A comisión creouse para delimitar o Imperio polo norte logo da primeira guerra entre os británicos e o Imperio Sikh, concluída en 1846.[2] Algunhas das primeiras publicacións de Cunningham xurdiron das súas visitas aos templos de Caxemira e das súas viaxes a Ladakh durante o seu mandato nesa comisión.[5]

Tamén participou nas batallas de Chillianwala e de Gujrat entre 1848 e 1849.[2] En 1851 explorou os monumentos budistas da India central xunto co tenente Maisey e escribiu un relato sobre iso.[5][9]

En 1856 foi nomeado por dous anos enxeñeiro xefe de Birmania, que acababa de ser anexionada polos británicos, e desde 1858 ocupou durante tres anos o mesmo posto nas provincias do noroeste. En 1860 foi nomeado coronel dos enxeñeiros reais. Cunningham retirouse o 30 de xuño de 1861, co rango de maior xeneral.[2][4][5]

O Servizo Arqueolóxico da India editar

Cunningham amosou o seu interese polas antigüidades desde os comezos da súa traxectoria. Logo de que o xeneral mercenario italiano Jean Baptiste Ventura, inspirado polos exploradores franceses en Exipto, escavara as bases das columnas para descubrir grandes achados de moedas romanas e bactrianas, as escavacións convertéronse nunha actividade habitual entre os anticuarios británicos.[10]

En 1834, Cunningham publicou no Journal of the Asiatic Society of Bengal un apéndice a un artigo de James Prinsep sobre as reliquias da stupa de Mankiala. En 1837 levou a cabo escavacións en Sarnath xunto co coronel F. C. Maisey, e fixo minuciosos debuxos de esculturas. En 1842 escavou en Sankissa, e en 1851 en Sanchi. En 1854 publicou The Bhilsa Topes, un intento de establecemento da historia do budismo baseada en evidencias arquitectónicas.

En 1851 tomou contacto co coronel William Henry Sykes (1790-1872) e coa East India Company para tratar sobre os custos do establecemento dun servizo arqueolóxico, e propuxo as bases do orzamento necesario, argumentando que:[10]

... sería unha tarefa de grande importancia para o Goberno da India, desde o punto de vista político, e para os británicos, desde o relixioso. Para o primeiro sería unha mostra de que a India en xeral fora dividida en numerosas xefaturas pequenas, á base de invasións exitosas, en tanto que cada vez que estivera baixo un só gobernante sempre repelera a conquista estranxeira coa resolución determinada. Para o segundo sería unha mostra de que o brahmanismo, no canto de ser unha relixión sen cambios e inmutable que subsistira durante séculos, era de orixe relativamente moderna e estivera recibindo constantemente engadidos e alteracións, feitos que proban que o establecemento da relixión cristiá na India debe ter éxito en última instancia. —Alexander Cunningham.[11]

 
Documento do 31 de xaneiro de 1862 polo que se nomea a Alexander Cunningham inspector do Servizo Arqueolóxico da India

Logo da súa retirada como enxeñeiro militar en 1861, Lord Canning, daquela Vicerrei da India, nomeou a Cunningham inspector arqueolóxico do Goberno da India.[12] Ocupou este posto ata 1865, e logo cesou por falta de fondos.[2][4][5]

A maioría dos anticuarios do século XIX que se interesaron por identificar as principais cidades mencionadas nos textos indios antigos fixérono xuntando pistas achadas nas crónicas clásicas grecorromanas e nos diarios de viaxeiros á India, como Xuanzang e Fa Xian. Cunningham foi quen de identificar algúns dos lugares citados por Xuanzang[13] e contou entre os seus principais logros a identificación de Aornos, Taxila, Sangala, Srughna, Ahichchhatra, Bairat, Sankisa, Shravasti, Kaushambi, Padmavati, Vaishali e Nalanda. De xeito diferente aos seus contemporáneos, Cunningham tamén confirmaba as súas identificacións con estudos de campo. A identificación de Taxila, sinaladamente, resultou difícil en parte por mor dos erros nas distancias rexistradas por Plinio na súa Naturalis Historia, que apuntaban a unha situación nalgún lugar do río Haro, a dous días camiñando desde o Indo. Cunningham decatouse de que esa posición non concordaba cos itinerarios dos peregrinos chineses e, en particular, coas descricións de Xuanzang. En contra de Plinio, esas fontes sinalaban que a viaxe a Taxila desde o Indo duraba tres días e, xa que logo, suxeriu un lugar diferente para a localización da cidade. As posteriores exploracións de Cunningham en 1863 e 1864 dun sitio en Shah-dheri confirmaron que a súa hipótese fora a correcta.[14]

Agora ben, como Hwen Thsang, no seu regreso á China, ía na compaña de elefantes cargados, a súa viaxe de tres días desde Takhshasila [sic] ata o Indo en Utakhanda, ou Ohind, debeu ser da mesma duración que as dos días modernos, e, en consecuencia, o sitio da cidade débese procurar nalgún lugar próximo a Kâla-ka-sarâi. Ese lugar está próximo a Shah-dheri, a só unha milla ao nordés de Kâla-ka-sarâi, nas extensas ruínas dunha cidade fortificada, arredor da cal puiden rastrexar non menos de 55 stupas, das cales dúas son tan grandes como a de Manikyala, vinte e oito mosteiros e nove templos. —Alexander Cunningham.[15]

Despois da desaparición do Servizo Arqueolóxico en 1865, Cunningham regresou a Inglaterra e escribiu a primeira parte de Ancient Geography of India (1871), que abranguía o período budista, mais non puido rematar a segunda parte, dedicada ao peíodo muslmán.[16] Durante esta etapa en Londres exerceu como director do Delhi and London Bank.[17]

En 1870, o vicerrei da India Lord Mayo restableceu o Servizo Arqueolóxico da India, con Cunningham como director xeral desde o 1 de xaneiro de 1871.[2] No seu regreso á India, fixo traballos de campo cada inverno e realizou escavacións e investigacións desde Taxila ata Gaur. Elaborou 24 informes, trece como autor e o resto como supervisor doutros autores. Entre outros traballos salientables deste período están o primeiro volume do Corpus Inscriptionum Indicarum (1877), que inclúe copias dos edictos de Aśoka, así como The Stupa of Bharhut (1879) e Book of Indian Eras (1883), que permitía a datación das antigüidades indias.[5]

Cunningham retirouse do Servizo Arqueolóxico da India o 30 de setembro de 1885[2] e regresou a Londres, onde continuou coas súas investigacións e coas súas publicacións.[4]

Cunningham numismático editar

Alexander Cunningham reuniu unha gran colección numismática, aínda que unha boa parte dela se perdeu cando o barco de vapor no que viaxaba naufragou fronte ás costas de Ceilán en novembro de 1884. O Museo Británico, no entanto, puido adquirir a maioría das moedas de ouro e de prata que conformaban a colección.[1][2] Ademais, Cunningham é autor de numerosos artigos sobre numismática india, fundamentalmente publicados en Journal of the Asiatic Society e en Numismatic Chronicle, da Royal Numismatic Society.[18]

Vida familiar editar

Dous dos irmáns de Alexander Cunningham, Francis e Joseph, adquiriron notoriedade polas súas actividades na India Británica, en tanto que outro, Peter, é coñecido como autor do libro Handbook of London (1849).[19]

Cunningham casou con Alicia Maria Whish, filla de Martin Whish, o 30 de marzo de 1840. A parella tivo dous fillos, o tenente coronel Allan J. C. Cunningham (1842-1928), matemático e tamén membro do Grupo de Enxeñeiros de Bengala, e Alexander F. D. Cunningham (1852-1935) funcionario civil na India.[4]

Cunningham morreu o 28 de novembro de 1893[2] na súa casa de South Kensington e foi soterrado no cemiterio Kensal Green, de Londres.[4]

Recoñecementos editar

Publicacións editar

Esta é unha escolma dos traballos monográficos publicados por Alexander Cunningham ao longo da súa traxectoria:[21][22][23]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Maj-Gen Sir Alexander Cunningham". The British Museum.
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 Buckland, C. E. (1906).
  3. Chisholm, H. (1911). "Cunningham, Allan". En Encyclopædia Britannica. Vol. 7 (11ª ed.). Cambridge University Press. Páxinas 662-633.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Cotton, J. S.; Lunt, S. (2004).
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 Vibart, H. M. (1894).
  6. Kejariwal, O. P. (1999). The Asiatic Society of Bengal and the Discovery of India's Past 1784-1838 (1988 ed.). Oxford University Press. Páxina 200. ISBN 0-19565089-1
  7. Waller, D. J. (2004). The Pundits: British Exploration of Tibet and Central Asia. University Press of Kentucky. Páxina 13. ISBN 978-0813191003
  8. Strachey, H. (1854). Physical Geography of Western Tibet. William Clowes and sons, Londres. Páxina III.
  9. Véxase en "Publicacións": (1854). Bhilsa Topes or Buddhist Monuments...
  10. 10,0 10,1 "Alexander Cunningham (1814-1893): the first phase of Indian archaeology". En Journal of the Royal Asiatic Society of Great Britain and Ireland (34): 194-207. 1963.
  11. Cunningham, A. (1843). "An Account of the discovery of the Ruins of the Buddhist City of Samkassa". En Journal of the Royal Asiatic Society. Páxinas 241-247.
  12. Véxase en "Bibliografía": (1871-1873). Archaeological Survey... Vol. 1 (1871). Páxinas I-III.
  13. Cunningham, A. (1848). "Verification of the Itinerary of the Chinese Pilgrim, Hwan Thsang, through Afghanistan and India during the First Half of the Seventh Century of the Christian Era". En Journal of the Royal Asiatic Society of Bengal. 17 (2). Páxinas 13-60.
  14. Singh, U. (2008). A history of ancient and early medieval India : from the Stone Age to the 12th century. Pearson Education, Nova Delhi. Páxina 265. ISBN 9788131711200
  15. Véxase en "Bibliografía": (1871). Ancient Geography of India I... Páxina 105.
  16. Véxase en "Bibliografía": (1871). Ancient Geography of India I...
  17. Iman, Abu (1966). Páxina 191.
  18. Mathur, S. (2007). India by Design: Colonial History and Cultural Display. University of California Press. Páxina 146. ISBN 978-0520234178
  19. Cunningham, Joseph Davey (1849). "Biographical note on the Cunningham Family". En Cunningham's History of the Sikhs. John Murray. Páxinas XII-XIV.
  20. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  21. "Cunningham, Alexander 1814-1893 Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  22. "Cunningham, Alexander Sir 1814-1893". WorldCat Identities.
  23. "Alexander Cunningham (1814-1893)". BnF.fr

Véxase tamén editar

Bibliografía editar