Cidade de Westminster
A Cidade de Westminster (en inglés City of Westminster, pronunciado [ˈwɛstmɪnstə]) é unha municipalidade (Borough) con rango de cidade (City) do Reino Unido, situada na zona central do Gran Londres, ao oeste da Cidade de Londres e ao norte do río Támese. A mediados de 2013 tiña unha poboación estimada de 226.841 habitantes.[1]

Historia Editar
Foi creada o 1 de abril de 1965, cando se estableceu a rexión do Gran Londres. Anexáronse os antigos distritos de Marylebone e Paddington, situados máis ao norte; deste xeito, a actual Cidade de Westminster cobre unha área moito máis extensa ca no pasado. Cando se creou recibiu o rango de cidade, que xa anteriormente tiña o municipio metropolitano de Westminster, de menor tamaño.
O seu escudo foi outorgado oficialmente o 2 de setembro de 1964.[2]
Monumentos e lugares de interese Editar
Westminster é mundialmente coñecida por ser sede da residencia do Primeiro Ministro, o seu Parlamento, o Palacio de Buckingham (residencia do monarca) ou a Abadía de Westminster.
Notas Editar
- ↑ "Westminster population". Westminster City Council. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2016. Consultado o 2016-08-23.
- ↑ "Westminster (London)". Heraldry of the World. Consultado o 2016-08-23.