Oscar Ulrich-Bansa

numismático italiano

Oscar Ulrich-Bansa, nado en 1890 e finado o 17 de xuño de 1982 en Besana in Brianza, Lombardía, foi un numismático e xeneral do exército italiano.[1]

Oscar Ulrich-Bansa
Datos persoais
Nacemento1890
Falecemento17 de xuño de 1982 (92 anos)
LugarBesana in Brianza.
Lombardía
Italia Italia
Nacionalidade italiana
Actividade
CampoNumismática.
Contribucións e premios
Coñecido porEstudos de numismática imperial romana.
Premios- (1959): Medalla da RNS.
- (1959): Medalla Huntington (ANS).
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Na súa xuventude ingresou no exército italiano, co que participou tanto na primeira como na segunda guerra mundial, ata acadar o rango de xeneral.[1]

Foi profesor de Numismática na Universidade de Padua (1948-1963)[2] e investigador especializado na moeda do Imperio Romano dos séculos IV e V, particularmente das cecas romanas da Italia setentrional, como as de Mediolanum e Aquileia.[1]

Dirixiu a Rivista Italiana di Numismatica, editada pola Società Numismatica Italiana, entre 1952 e 1958 e posteriormente de 1962 a 1966,[3] e foi membro de honra da Comisión Internacional de Numismática e de diversas sociedades numismáticas nacionais.[1]

Recoñecementos editar

Publicacións editar

Estes son algúns dos traballos máis representativos da carreira académica de Ulrich-Bansa.[6]

  • (1936). Note sulla zecca di Aquileia romana: i multipli del soldo d'oro. Chiesa, Udine.
  • (1949). Moneta mediolanensis (352-498). C, Ferrari, Venecia.
  • (1963). Alcune monete commemorative di Cesare e di Augusto. P & P Santamaria, Roma.
  • (1966). Note di numismatica teodosiana: il solidus aureus dal 392 al 395. Popolare, Pavia.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar