Margaret E. Thompson

numismática estadounidense

Margaret E. Thompson, nada o 22 de febreiro de 1911 en Trenton (Nova Jersey) e finada o 29 de febreiro de 1992 en Haverford (Pensilvania), foi unha numismática estadounidense especializada na moeda da Antiga Grecia.[1][2]

Modelo:BiografíaMargaret E. Thompson
Biografía
Nacemento22 de febreiro de 2011
Trenton, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte29 de febreiro de 1992 (81 anos)
Haveford
Pensilvania
Estados Unidos de América Estados Unidos
País de nacionalidadeEstadounidense
Educación- Universidade de Columbia.
- American Numismatic Society
-Escola Americana de Estudos Clásicos de Atenas.
Q89547790Estudos da moeda da Antiga Grecia.
Actividade
Campo de traballoNumismática
Ocupaciónnumismático, arqueóloga Editar o valor en Wikidata
EmpregadorAmerican Numismatic Society Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios
- 1961: Medalla Huntington, da ANS.
- 1967: Medalla da Royal Numismatic Society.
- 1984: Medalla de ouro do Archaeological Institute of America (AIA).

Foi conservadora da American Numismatic Society (ANS) desde 1949 ata 1979 e ao longo da súa carreira foi merecedora dos máis prestixiosos premios outorgados no ámbito numismático.[1][2]

Traxectoria

editar

Margaret E. Thompson concluíu os seus estudos no Radcliffe College de Cambridge, Massachusetts, en 1931 e, logo da súa graduación, exerceu como profesora de lingua inglesa nunha escola de ensino secundario durante cinco anos.[1][2]

En 1937, Thompson foi contratada como secretaria por T. Leslie Shear, que era o director das escavacións que se estaban a levar acabo na Ágora de Atenas. Shear decatouse axiña da súa potencialidade intelectual e ao pouco tempo Thompson empezou a colaborar coa Escola Americana de Estudos Clásicos de Atenas. Fíxoo en dous períodos, entre 1937 e 1940, e de 1947 a 1949, e alí as súas responsabilidades transcenderon as do seu labor inicial de secretaria e dedicouse á limpeza, a organización e a documentación das moedas antigas atopadas no sitio arqueolóxico da Ágora. Entre eses dous períodos, durante os anos da II guerra mundial, Thompson regresou a Nova York e traballou na Greek War Relief Association.[1][2]

Finalizado o seu labor en Grecia, Margaret Thompson publicou un resumo dos seus traballos na Ágora nunha serie de artigos curtos en 1949, que chegaron ás mans de Sydney P. Noe, o conservador xefe da American Numismatic Society, e logo da súa lectura decidiu contratala como conservadora axudante de moedas da Antiga Grecia da ANS, en Nova York, en 1949. Logo de dúas décadas ascendeu, en 1969, ao posto de conservadora titular de moedas da Antiga Grecia, que ocupou ata 1976, ano en que foi nomeada conservadora xefa. Margaret E. Thompson mantivo ese cargo ata a súa xubilación en 1979.[1][2]

No seu período como conservadora da ANS, en 1954 publicou un catálogo de 37.000 moedas da expedición da Ágora, desde a era romana ata a veneciana. En 1961 Thompson publicou The New Style Silver Coinage of Athens, unha obra na que propuña unha cronoloxía das cuñaxes áticas e un corpus destas emisións, o que lle supuxo o merecemento para recibir a Medalla Archer M. Huntington da American Numismatic Society. Seis anos máis tarde obtivo outra importantísima condecoración: a medalla de ouro da Royal Numismatic Society, de Londres, en 1967.[1][2]

Foi elixida para presidir o Instituto Arqueolóxico dos Estados Unidos (AIA) entre 1964 e 1968. Tamén foi a vicepresidenta do Consello Internacional de Numismática entre 1973 e 1979 e, no exercicio dese cargo, organizou o oitavo Congreso Internacional de Numismática de 1973, celebrado simultaneamente en Nova York e en Washington.[1][2]

Margaret E. Thompson foi tamén membro da American Philosophical Society desde 1972.[3]

Como docente, impartiu seminarios de verán na American Numismatic Society e foi profesora asociada de Historia da Arte e Arqueoloxía na Universidade de Columbia, en 1968, e tamén na Universidade de California, Berkeley, en 1979. A Universidade de Columbia, ademais, nomeouna doutora honoris causa en Letras en 1986.[1][2]

Logo da súa xubilación na American Numismatic Society, foi nomeada conservadora xefa emérita e, en 1989, denominou co seu nome o posto de conservador de moedas gregas (Margaret Thompson Curatorship of Greek Coins).[1][2]

Recoñecementos

editar

Publicacións

editar

A seguir preséntase unha listaxe coas monografías e os artigos sobre numismática escritos por Margaret E. Thompson: [7][8]

Monografías

editar
  • (1954): The Athenian Agora. Results of excavations conducted by the American School of Classical Studies at Athens. Vol. 2. Coins from the Roman through the Venetian Period. Princeton. The American School of Classical Studies at Athens.
  • (1961): The New Style Silver Coinage of Athens. Numismatic Studies Nº 10. Nova York. American Numismatic Society.
  • (1961-1962): The Burton Y. Berry Collection (I-II). Sylloge Nummorum Graecorum. Nova York. American Numismatic Society.
  • (1968): The Agrinion Hoard. Numismatic Notes and Monographs Nº 159. Nova York. American Numismatic Society.
  • (1973): An Inventory of Greek Coin Hoards (con Otto Mørkholm e Colin M. Kraay). Nova York. American Numismatic Society.
  • (1983): Alexander's drachm mints I: Sardes and Miletus. Nova York. American Numismatic Society.
  • (1991): Alexander's drachm mints II: Lampsacus and Abydus. Nova York. American Numismatic Society.

Artigos

editar
  • (1939): "A Hoard of Greek Federal Silver". Hesperia. 8. American School of Classical Studies at Athens. Páxinas 116-154.
  • (1940): "Some Unpublished Bronze Money of the Early Eighth Century". Hesperia. 9. American School of Classical Studies at Athens. Páxinas 358-80.
  • (1941): "Some Athenian 'Cleruchy' Money". Hesperia. 10. American School of Classical Studies at Athens. Páxinas 199-236.
  • (1942): "Coins for the Eleusinia". Hesperia. 11. American School of Classical Studies at Athens. Páxinas 213-229.
  • (1949). "A Hoard of Bosporus Electrum". Hesperia. Supl. 8. American School of Classical Studies at Athens. Páxinas 378-381.
  • (1950). "Some Greek Coins in the American Numismatic Society Collection". American Numismatic Society Museum Notes (ANSMN). 4. Páxinas 79-89.
  • (1950): "The 'Owls' of Athens". Archaeology. Páxinas 151-54.
  • (1951): "A Ptolemaic Bronze Hoard from Corinth". Hesperia. 20. American School of Classical Studies at Athens. Páxinas 355-367.
  • (1952): "The Beginning of the Athenian New Style Coinage". American Numismatic Society Museum Notes (ANSMN). 5. Páxinas 25-33.
  • (1952): "Workshops or Mines?". American Numismatic Society Museum Notes (ANSMN). 5. Páxinas 35-48.
  • (1954): "A Countermarked Hoard from Büyükçekmece". American Numismatic Society Museum Notes (ANSMN). 6. Páxinas 11-34.
  • (1955): "Greek Coins in the Yale Collection. IV: A Hoard of Alexander Drachms" (con Alfred R. Bellinger). Yale Classical Studies. 14. Páxinas 3-45.
  • (1957): "A Hoard of Athenian Fractions". American Numismatic Society Museum Notes (ANSMN). 7. Páxinas 1-11.
  • (1958): "The Grain-Ear Drachms of Athens". Centennial publication. American Numismatic Society. Páxinas 651-671.
  • (1959): "Gold and Copper Traces in Late Athenian Silver". Archaeometry. 3. Páxinas 10-15.
  • (1962): "Athens Again". Numismatic Chronicle. 2. Royal Numismatic Society. Páxinas 301-333.
  • (1964): "A Hoard from Thessaly". American Numismatic Society Museum Notes (ANSMN). 11. Páxinas 77-80.
  • (1964): "Ptolemy Philometor and Athens". American Numismatic Society Museum Notes (ANSMN). 11. 119-129.
  • (1965): "Sulla's War Chest". Congresso Internazionale di Numismatica, Roma 11-16 settembre 1961. Páxina 61.
  • (1965): "The Coinage of Proconnesus". Revue Numismatique. Société Française de Numismatique. 7. Páxinas 30-35.
  • (1966): "Some Noteworthy Greek Accessions". American Numismatic Society Museum Notes (ANSMN). 12. Páxinas 1-18.
  • (1966): "A Hoard from Northern Greece". American Numismatic Society Museum Notes (ANSMN). 12. Páxinas 57-63.
  • (1966): "The Monogram of Charlemange in Greek". American Numismatic Society Museum Notes (ANSMN). 12. Páxinas 125-27.
  • (1968): "The Mints of Lysimachus". En Kraay, C. M.; Jenkins, G. K. Essays in Greek Coinage Presented to Stanley Robinson. Páxinas 163-182.
  • (1970): "A Hoard of Gold Coins of Phillip and Alexander from Corinth" (con G. Roger Edwards). American Journal of Archaeology. 74. Páxinas 343-350.
  • (1973): "Byzantium over Aesillas". Revue Numismatique. 15. Société Française de Numismatique. Páxinas 54-65.
  • (1973): "Money Relations Between Crete and the Mediterranean World". ?ep?a?µ??a t?? G' ??e????? ???t???????? S??ed???? I (Rethymnon, 18-23 Sept.). Páxinas 350-353.
  • (1977): "A Greek Imperial Medallion from Pautalia". American Numismatic Society Museum Notes (ANSMN). 22. Páxinas 29-36.
  • (1979): "Hoards and overstrikes: the numismatic evidence". Expedition. Vol. 21. Nº 4. Verán. Páxinas 40-46.
  • (1981): "The Cavalla hoard (IGCH 450)". American Numismatic Society Museum Notes (ANSMN). 26. Páxinas 33-49.
  • (1982): "Posthumos Philip II staters of Asia Minor". En Scheerrs, S. (ed.). Studia Paulo Naster oblata I. Lovaina.
  • (1982): "Reflections on the Athenian Imperial coinage". Hesperia. American School of Classical Studies at Athens. Supl. XX. Páxinas 163-171.
  • (1982): "The coinage of Philip II and Alexander III". En Barr-Sharrar, B.; Borza, E. N. (eds.). Macedonia and Greece in late classical and early Hellenistic times. Studies in the history of art 10. Páxinas 112-121.
  • (1984): "Paying the Mercenaries". Festschrift für Leo Mildenberg. Wetteren. Páxinas 241-247.
  • (1986): "The Armenak hoard (IGCH 1423)". American Numismatic Society Museum Notes (ANSMN). 31. Páxinas 63-106.
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 "Thompson, Margaret E., 1911-1992". American Numismatic Society.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 Metcalf, W. E. "Margaret Thompson". Breaking Ground: Women in Old World Archaeology.
  3. "Member History: Margaret Thompson". American Philosophical Society.
  4. "Recipients of the Huntington Medal Award". No sitio web da American Numismatic Society.
  5. "The Society's Medal". The Royal Numismatic Society.
  6. "Gold Medal Award For Distinguished Archaeological Achievement". Archaeological Institute of America.
  7. "Published Works of Margaret Thompson". American Numismatic Society.
  8. "Margaret Thompson". En World Cat.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Mørkholm, O.; Waggoner, N. (1979). Greek numismatics and archaeology. Essays in honor of Margaret Thompson. Cultura Press. Wetteren.
  • Metcalf, W. E. (1992). "Margaret Thompson, 1911-1992". En American Journal of Archaeology. 96. Páxinas 547-549.
  • Krmnicek, S. (2012). "Thompson, Margaret". En Kuhlmann, P.; Schneider, H. Geschichte der Altertumswissenschaften. Biographisches Lexikon (Der Neue Pauly. Supplemente Bd. 6). Metzler, Stuttgart. Páxinas 1.221-1.222. ISBN 978-3-476-02033-8

Outros artigos

editar