Alfred Bellinger

numismático e arqueólogo estadounidense

Alfred Raymond Bellinger, nado en Durham, Pensilvania, o 24 de xullo de 1893,[1] e finado o 11 de febreiro de 1978,[2] foi un numismático e arqueólogo estadounidense.

Alfred Raymond Bellinger
Datos persoais
Nacemento24 de xullo de 1893
LugarDurham.
Pensilvania
Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento11 de febreiro de 1978
NacionalidadeEstadounidense
CónxuxeCharlotte Blake Brinsmade (1920)
Actividade
CampoNumismática e arqueoloxía.
Alma máter Universidade Yale.
Escola Americana de Estudos Clásicos de Atenas.
Contribucións e premios
Premios- 1943: Medalla Huntington (ANA).
-1955: Medalla da RNS.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Alfred Bellinger naceu en Durham o 24 de xullo de 1893, fillo de Hiram Paulding e de Elizabeth Dwight (Raymond) Bellinger.[3]

Graduouse en artes en 1917 na Universidade Yale, onde tamén acadou o seu doutoramento en 1925, e ese mesmo ano marchou a Grecia para completar a súa formación durante un curso na Escola Americana de Estudos Clásicos de Atenas.[3][4]

A vida profesional de Bellinger estivo vinculada á Universidade Yale, onde exerceu diversos postos docentes na década de 1920. Entre 1930 e 1962 foi profesor de Lingua Latina, e a partir de 1966 profesor emérito.[3][5]

Participou nas escavacións de Dura Europos e en entre 1931 e 1949 publicou diversos estudos sobre as moedas alí achadas.[5]

Ao longo da súa carreira académica participou tamén como docente na Biblioteca de Investigación Dumbarton Oaks (desde 1948) e no Instituto de Estudos Avanzados de Princeton (1960-1961). Tamén ocupou diversos postos de responsabilidade, como membro da dirección do Consello de Sociedades Eruditas (1946-1949) ou presidente do consello da Escola Americana de Estudos Clásicos de Atenas (1960-1965).[3][6]

Entre outras sociedades e entidades académicas, foi membro da Royal Numismatic Society (Londres), da American Philological Association e da American Numismatic Society . Así mesmo, foi membro correspondente do Instituto Arqueolóxico Alemán e membro honorario da Comisión Internacional de Numismática.[3]

Vida persoal editar

Alfred Bellinger casou o 26 de xuño de 1920 con Charlotte Blake Brinsmade, con quen tivo cinco fillos.[3]

Bellinger faleceu o 11 de febreiro de 1978.[2]

Recoñecementos editar

Publicacións editar

Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables dos publicados por Bellinger ao longo da súa carreira académica:[9][10]

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Notas editar

  1. "Alfred Raymond Bellinger". Prabook.com: "[...] Born: July 24, 1893. Durham, Pennsylvania" [...]"
  2. 2,0 2,1 Luci Shoe Merit (1984). Páxina 104: "[...] On February 11, 1978 Alfred Raymond Bellinger died [...]".
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "Alfred Raymond Bellinger". World Biographical Encyclopedia. Prabook.com
  4. Luci Shoe Merit (1984). Páxinas 104-237. Páxina 104: "[...] Fellow of the School in 1925-26 [...]". / Páxina 237: "[...] Fellow of the School in Greek Language, Literature an History [...]".
  5. 5,0 5,1 "Bellinger, Alfred Raymond". En Enciclopedia Treccani.
  6. "The Chairmanship of Alfred Raymond Bellinger, 1960-1965". En Luci Shoe Merit (1984). Páxina 64.
  7. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  8. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  9. "Bellinger, Alfred Raymond 1893-1978 Arquivado 06 de outubro de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  10. "Bellinger, Alfred R. (Alfred Raymond) 1893-1978". WorldCat Identities.
  11. Recensión do libro (a acargo de D. M. Robinson). En The American Historical Review. Vol. 55. Nº 3. 1950. Páxinas 572-574.
  12. Recensión do libro (a acargo de A. André). En Revue des Études Grecques . Tomo 64. Fascículo 299-301. Xaneiro-xuño de 1951. Páxinas 347-349.. 1950. Páxinas 572-574.
  13. Recensión do libro (a cargo de C. M. Kraay), en The Classical review. Vol. 12. Nº 3. Decembro de 1962. Páxinas 320-321.