Leo Mildenberg

numismático e coleccionista de antigüidades alemán

Leo Mildenberg, nado o 14 de febreiro de 1913 en Kassel e finado o 14 de xaneiro de 2001 en Zürich, foi un numismático, comerciante de moedas, historiador da arte e coleccionista de antigüidades alemán.[1]

Modelo:BiografíaLeo Mildenberg
Biografía
Nacemento14 de febreiro de 1913
Kassel, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte14 de xaneiro de 2001 (87 anos)
Zürich
Suíza Suíza
País de nacionalidadeAlemá
RelixiónXudaísmo.
Educación Universidade de Frankfurt.
Universidade de Leipzig.
Universidade de Tartu.
Q89547790Estudos de numismática xudía.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónnumismático Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeElsi Brunner. Editar o valor en Wikidata
Premios
- Premio Leo Kadman.
- (1983): Premio da GIG.
- (1985): Medalla Huntington .
- (1994): Premio Otto Paul Wenger.

Traxectoria

editar

Leo Mildenberg naceu en Kassel nunha familia de relixión xudía, fillo de Max Mildenberg e Jeny Loeb, e criouse no sur de Alemaña. Recibiu a súa primeira formación nas localidades de Bad Mergentheim e Schwäbisch Hall, no estado de Baden-Württemberg, e posteriormente os seus estudos superiores de Historia Antiga e Estudos Semíticos na Universidade de Frankfurt e na Universidade de Leipzig, que se viu forzado a abandonar por mor da persecución do nazismo. Logo da súa fuxida de Alemaña en 1933, concluíu os seus estudos na Universidade Dorpat (logo denominada Universidade de Tartu), en Estonia, onde en 1938 acadou o seu doutoramento e onde tamén exerceu como profesor, antes de que a URSS ocupase o país en 1941, durante a Segunda guerra mundial.[2][3][4]

Entre 1941 e 1946 estivo deportado polos soviéticos en Kazakhstán, pola súa condición de alemán, e nese país casou con Elsi Brunner, de Zürich. Acabada a guerra, en 1947 a parella emigrou a Suíza e nese país Mildenberg comezou a súa carreira como comerciante numismático, que o levou a se converter nun dos principais distribuidores mundiais de moedas antigas. Entre 1954 e 1969 dirixiu, xunto co seu amigo o experto Hermann Rosenberg, unha serie de poxas numismáticas en Lucerna que acadaron repercusión internacional. En Zürich fundou tamén o departamento numismático do Banco Leu,[3] moi activo na organización de poxas numismáticas, que dirixiu ata a súa xubilación en 1990.[4] A rivalidade neste negocio estaba representada pola compañía Münzen und Medaillen AG, de Basilea, dirixida polos irmáns Herbert Adolf e Erich B. Cahn.[2]

O labor de Leo Mildenberg tamén foi salientable no ámbito da investigación numismática, centrada sobre todo nas antigas cuñaxes xudías e na moeda da Antiga Grecia. Neste campo foi obxecto de numerosos recoñecementos internacionais.[2][4]

 
Cabalo grego do s. VIII a. de C., parte da colección de Leo Mildenberg, que foi doado por este ao Museo de Arte Cleveland en 1991.

Á parte da numismática, outra das súas paixóns foi o coleccionismo de representacións de animais na arte da Antigüidade.[2][3] Comezou a súa colección en 1950 e chegou a se converter na máis grande de salientable do mundo no seu xénero.[4][5][6][7] Entre 1981 e 1999 foi obxecto de varias exposicións nos Estados Unidos e en Israel e, logo do seu falecemento, a maior parte dos seus fondos foron vendidos en poxa entre 2004 e 2005 pola casa Christie’s, de Londres.[8][9]

Entre outras entidades numismáticas internacionais, Mildenberg era membro da Sociedade Real de Numismática de Bélxica[10] e da Sociedade Suíza de Numismática, de cuxa revista científica Schweizerische Numismatische Rundschau foi editor entre 1966 e 1980.[3][4]

Leo Mildenberg faleceu en Zürich o 14 de xaneiro de 2001 como consecuencia dunha insuficiencia cardíaca.[3]

Recoñecementos

editar

En 1980 foi nomeado membro honorario da Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais e en 1999 membro honorario da Royal Numismatic Society, de Londres. Pola súa banda, en 1995 foi recoñecido co doutoramento honoris causa pola Universidade de Tubinga.[4]

Con motivo do seu 70 aniversario en 1983, foi honrado coa publicación dun libro-homenaxe composto por 25 artigos de diferentes autores, sobre numismática, historia da arte e arqueoloxía, así como cunha medalla co seu retrato.[11][12] Ademais, polo seu 85 aniversario, en 1998, publicouse na súa honra o volume Vestigia Leonis, unha reimpresión dos seus artigos máis sobranceiros.[4][13]

Premios

editar

Publicacións

editar

Esta é unha escolma das publicacións máis sobranceiras de Leo Mildenberg:[18][19]

  1. Krmnicek, S. (2014).
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Coins Weekly (2009).
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Hurter, S. (2001-d-).
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Hurter, S. (2001-a-).
  5. Kozloff, A. P. (1981) (ed.) Animals in Ancient Art from the Leo Mildenberg Collection (I). The Cleveland Museum of Art, Cleveland. ISBN 978-0910386654
  6. Kozloff, A. P. et al. (1986). More Animals in Ancient Art from the Leo Mildenberg Collection (II). Zabern, Maguncia. ISBN 9783805309271
  7. Walker, A. S. (1996) (ed.). Animals in ancient art from the Leo Mildenberg collection (III). Zabern, Maguncia. ISBN 9783805319058
  8. A peaceable kingdom. The Leo Mildenberg Collection of ancient animals. Tuesday, 26 and Wednesday 27 October 2004. Christie’s, Londres. 2004.
  9. Antiquities: Wednesday 20 April 2005: including property from the Leo Mildenberg collection. Christie´s, Londres. 2005.
  10. "Liste des membres. V. Membres étrangers". En Revue belge de numismatique. CXIV. Société royale de numismatique de Belgique. 1968. Páxinas 224, 226.
  11. Houghton, A.; Hurter, S. et al. (1984). Festschrift für Leo Mildenberg. Studies in honor of Leo Mildenberg: Numismatik, Kunstgeschichte, Archäologie. Éditions NR, Wetteren. ISBN 90-71165-01-9
  12. "372, Lot: 640. Switzerland. Leo Mildenberg". Classical Numismatic Group.
  13. Véxase (1998) en "Bibliografía".
  14. Kindler, A. (2007). "The History of the Israel Numismatic Society". En Israel Numismatic Research. Nº 2. Páxina 14.
  15. "GIG-Ehrenpreisträger". No sitio web da SHMI.
  16. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  17. "Otto Paul Wenger-Preis". NumisPost (www.numis-online.ch).
  18. "Mildenberg, Leo 1913-2001 Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  19. "Mildenberg, Leo". WorldCat Identities.
  20. Recensión da obra. En American Journal of Archaeology. Vol 90. Nº 2. Abril de 1986. Páxinas 254-256.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Barag, D. (2002). "Leo Mildenberg in memoriam". En Israel Numismatic Journal, 14. The Israel Numismatic Society. Páxinas 7-8.
  • Berghaus, P. (2001). "Leo Mildenberg +". En Numismatisches Nachrichtenblatt, 50, 5. Páxina 195.
  • Coins Weekly (2009). "Leo Mildenberg". En Coins Weekly. 14 de outubro.
  • Geiger, H. U. (2001). "Die Freude des Sammlers: Zum Tod von Leo Mildenberg". En Neue Zürcher Zeitung. Nr. 22, 27/28. Xaneiro. Páxina 48.
  • Goldberg, I. (2001). "Personal remembrances of Dr. Leo Mildenberg". En The Celator 15, 3. Páxina 37.
  • Huebner, U. et al. (2001). "Nachruf auf Leo Mildenberg". En Rundbrief der Schweizerischen Gesellschaft für Orientalische Altertumswissenschaft / Société Suisse pour l'Étude du Proche-Orient Ancien 47. Páxinas 33-34.
  • Hurter, S. (2001-a-). "Zum Gedenken an Leo Mildenberg". En Schweizerische Numismatische Rundschau 80. Páxinas 4-6.
  • Hurter, S. (2001-b-). "Dr. Leo Mildenberg: 14. Februar 1913 bis 14. Januar 2001". En Helvetische Münzenzeitung 36, 2. Páxina 157.
  • Hurter, S. (2001-c-). "Leo Mildenberg, 14 février 1913-14 janvier 2001". En Bulletin de la Société Française de Numismatique 56, 2. Société française de numismatique. Páxinas 27-28.
  • Hurter, S. (2001-d-). "In memoriam: Leo Mildenberg (13. Februar 1913 – 14. Januar 2001)". En Schweizer Münzblätter 51, 201. Páxina 20.
  • Kolbe, G. F. (2003). "Dr. Leo Mildenberg, 1913-2001". En The Celator 17, 5. Páxina 32.
  • Krmnicek, S. (2014). "Mildenberg, Leo". En Brill’s New Pauly Supplements I. Volume 6: History of classical Scholarship. A Biographical Dictionary.
  • Mannsperger, D. (2001). "Numismatische Evidenz und Arche Noah. Zum Tode von Leo Mildenberg". En Antike Welt 32. Páxinas 223-224.
  • Walker, A. S. (2001). "Numismatist and antiquarian Dr. Leo Mildenberg dies in Zürich". En The Celator 15, 3. Páxinas 26-27, 36.