Frederic William Madden
Frederic William Madden, nado o 9 de abril de 1839 en Londres e finado o 21 de xuño de 1904 en Brighton, foi un numismático inglés vinculado ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, considerado unha autoridade na moeda romana, xudía e cristiá.[1]
Frederic William Madden | |
---|---|
Datos persoais | |
Nacemento | 9 de abril de 1839 |
Lugar | ![]() ![]() |
Falecemento | 21 de xuño de 1904 |
Lugar | ![]() ![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Cónxuxe | Elizabeth Sarah Rannie. |
Actividade | |
Campo | Numismática |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | Estudos de numismática romana, xudía e cristiá. |
Premios | 1896: Medalla da RNS. |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Frederic W. Madden foi o maior dos seis fillos de Frederic Madden (1801-1873), un anticuario e paleógrafo que traballaba como conservador nesa institución, e da súa muller, Emily Sarah Robinson (1813-1872). Madden naceu nas propias instalacións do Museo Británico, onde a súa familia tiña a súa residencia.[2][3]
Logo de cursar a súa educación primaria e secundaria nas escolas Merchant Taylors, St Paul e Charterhouse, foi contratado como asistente polo Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico en 1861, onde permaneceu ata 1868, cando tivo que renunciar logo dunha investigación sobre a venda dunhas copias de moedas romanas.[2][3]
Despois Madden traballou en varias exposicións internacionais. En 1874 foi nomeado secretario e bibliotecario do Brighton College, en Brighton, Sussex oriental, e de 1888 a 1902 foi o bibliotecario xefe da Biblioteca Pública da cidade.[2][3]
Madden foi elixido membro da Royal Numismatic Society en 1858 e en 1860 foi nomeado secretario da institución, de cuxo xornal Numismatic Chronicle foi editor adxunto entre 1860 e 1868. En 1898 foi nomeado membro honorífico desa sociedade. Tamén pertenceu á Royal Asiatic Society desde 1877, e a diversas entidades académicas en Norteamérica.[3][4]
Frederic William Madden estaba casado con Elizabeth Sarah Rannie, con quen tivo catro fillos. Faleceu en Holt Lodge, Brighton, o 21 de xuño de 1904.[3][5]
RecoñecementosEditar
- (1896): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres.[6][5]
PublicaciónsEditar
- (1861). The Handbook of Roman Numismatics. Russell Smith, Londres.
- (1864). The History of Jewish Coinage and Money in the Old and New Testaments. Quaritch, Londres.
- (1866). Coins of the two revolts of the Jews. Royal Numismatic Society, Londres.
- (1975). Jewish Numismatics. Royal Numismatic Society, Londres.
- (1881). Coins of the Jews [serie International Numismata Orientalia, parte 7]. Trübner, Londres.
- (1889). A dictionary of Roman coins. Republican and Imperial (con W. Stevenson e C Roach Smith). Bell and Sons, Londres.
NotasEditar
- ↑ "Obituary. Frederic William Maiden". En American Journal of Numismatics. 39. Nº 4 (abril de 1905). Páxina 119.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 RNS (1905). Páxina 27.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Caygill, M. L. (2004).
- ↑ RNS (1905). Páxinas 27-28.
- ↑ 5,0 5,1 RNS (1905). Páxina 28.
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Frederic William Madden |
BibliografíaEditar
- Caygill, M. L. (2004). "Madden, Frederic Madden (1839-1904)". Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press.
- RNS (1905). The Numismatic Chronicle. Vol. 5. Royal Numismatic Society. Páxinas 27-28.