Friedrich von Kenner

arqueólogo e numismático austríaco


Friedrich von Kenner, nado en Linz o 15 de xullo de 1834 e finado en Viena o 28 de novembro de 1922, foi un arqueólogo e numismático austríaco especializado na moeda romana, vinculado ao Gabinete Numismático de Viena.

Infotaula de personaFriedrich von Kenner

Placa de 1899 co busto de
Friedrich von Kenner
[1]
Biografía
Nacemento15 de xullo de 1834.
Linz, Austria Editar o valor em Wikidata
Morte28 de novembro de 1922.
Viena
Austria Austria
Lugar de sepulturaCemiterio central de Viena. 
Datos persoais
País de nacionalidadeAustríaca
Educación Universidade de Viena
Actividade
Campo de traballoNumismática e arqueoloxía.
Ocupaciónhistoriador da arte , arqueólogo , numismático Editar o valor em Wikidata
Membro de
Premios
1902: Salvatormedaille.
1910: Medalla da RNS.

Traxectoria editar

Friedrich Kenner naceu o 15 de xullo de 1834 na vivenda familiar da rúa Klostergasse de Linz, nunha familia con vinculacións artísticas. Era o oitavo dos nove fillos de Anna Kreil (nada en 1803) e de Joseph Kenner (1794-1868) un alto funcionario imperial coñecido como o poeta da Alta Austria.[2][3][4] Do seu pai herdou o interese pola numismática, xa que este foi o encargado da colección de moedas da Asociación de Museos da Alta Austria, da que era secretario.[5]

Logo de estudar na Escola de Secundaria de Linz, en 1853 comezou os a súa formación superior de Historia e Estudos Clásicos na Universidade de Viena, onde acadou o doutoramento en 1858.[2][6][7]

En 1854 comezou a traballar como colaborador no Gabinete Imperial de Moedas e Antigüidades de Viena e alí permaneceu ata a súa xubilación en 1899. En 1854 foi nomeado asistente científico, en 1862 conservador e en 1883 asumiu o cargo de director do Gabinete,[7] logo do falecemento do seu antecesor, Eduard Freiherr von Sacken.[2][8]

Kenners realizou diversas viaxes por Italia, Francia e Alemaña que foron de particular importancia na súa formación como arqueólogo.[6]

Os centros de interese de Kenners foron a moeda da Antiga Roma e a investigación dos solos nas zonas de Viena e a Baixa Austria. Foi impulsor do Museo Vindobonense e da exploración do Limes austríaco. As súas numerosas publicacións documentan os achados romanos no solo vienés.[2][7]

Entre outras entidades asociativas e académicas, en 1864 ingresou na Academia Austríaca de Ciencias como membro correspondente e en 1872 como membro pleno.[9] En 1870 pasou a formar parte tamén da Academia de Belas Artes de Viena. Así mesmo, foi membro do Instituto Arqueolóxico Alemán e da Comisión Central de Arte e Monumentos Históricos.[7] Kenner foi un dos fundadores da Sociedade Numismática Austríaca; entre 1870 e 1919 formou parte da súa xunta directiva e a partir dese ano foi nomeado membro honorario.[2][8][10][11]

En 1899, con motivo da súa xubilación e dos 30 anos de pertenza, a Sociedade Numismática de Viena honrouno cunha medalla-placa co seu busto e a súa data de nacemento, coa lenda DIE NUMISMATISCHE / GESELLSCHAFT IN WIEN / IHREM VEREHRTEN / MITGLIEDE ("A Sociedade Numismática de Viena ao seu honorable membro)". A placa está asinada polo medallista Rudolf Marschall.[12][13][14][15]

Logo da súa xubilación como director do Gabinete de Moedas e Antigüidades de Viena, esta institución dividiuse en tres seccións: unha para a colección de antigüidades clásicas, outra para a de moeda antiga, que pasou a estar dirixida por Wilhelm Kubitschek, e outra para a de moeda medieval e moderna, na que foi sucedido por Karl Domanig.[16]

Vida persoal editar

 
Tumba de Friedrich von Kenner no cemiterio central de Viena.[9]

Kenner casou o 2 de xullo de 1877 cunha curmá súa, Josefa Magdalena Hassler von Ostfeld-Kreil (1852-1913), na capela do vicariato de St. Georgen im Attergau, e non tivo descendencia.[9][17]

Faleceu na súa residencia da rúa Traungasse, en Viena, o 28 de novembro de 1922, e foi soterrado no cemiterio central da cidade.[9][16]

Recoñecementos editar

Honras editar

  • 1873: Cruz de Cabaleiro da Orde de Francisco Xosé.[16]
  • 1888: Cruz da Orde da Coroa de Ferro (3ª clase).[16]
  • 1891: Nomeado Conselleiro Imperial e do Goberno Real.[16]
  • 1899: Cruz de Cabaleiro da Orde de San Leopoldo.[16]
  • 1908: Condición de nobreza hereditaria, co título de "Edler".[16]
  • 1925: Denominación da rúa Kennergasse en Viena.[18]
  • 1958: Denominación da rúa Kennerwegs en Linz.[19]

Premios editar

Publicacións editar

Esta é unha escolma dos traballos máis salientables publicados por Friedrich Edler von Kenner ao longo da súa carreira.[21][22]

Monografías editar

Artigos editar

Notas editar

  1. "Marschall, Rudolf: Friedrich Kenner". Digitale Münzkabinett des Instituts für Klassische Archäologie. Universität Tübingen.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Postel, R. (1977).
  3. ÖBL (1965). "Kenner, Joseph (1794-1868), Schriftsteller".
  4. Hauser, P. (1984). Páxinas 203-204, 208.
  5. Hauser, P. (1984). Páxinas 203-204.
  6. 6,0 6,1 Hauser, P. (1984). Páxina 204.
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 ÖBL (1965). "Kenner, Friedrich von (1834-1922), Archäologe"
  8. 8,0 8,1 Hauser, P. (1984). Páxina 206.
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 "Dr. Friedrich Edler von Kenner". http://www.viennatouristguide.at/
  10. Koch, B. (1970). "Festschrift 100 Jahre Österreichische Numismatische Gesellschaft. 1870-1970". En Numismatische Zeitschrift. 84/85.
  11. "Österreichische Numismatische Gesellschaft". Wien Geschichte Wiki.
  12. Krmnicek, S.; Gaidys, M. (2020). "Kat. 23 Friedrich Kenner". En Gelehrtenbilder. Altertumswissenschaftler auf Medaillen des 19. Jahrhunderts. Universität Tübingen. Páxina 64
  13. "Marschall, Rudolf: Friedrich Kenner". Digitale Münzkabinett des Instituts für Klassische Archäologie. Universität Tübingen.
  14. Von Wurzbach-Tannenberg, W. R. (1943). Katalog meiner Sammlung von Medaillen, Plaketten und Jetons. Nº 4594.
  15. Hauser, P. (1984). Páxinas 206-207.
  16. 16,0 16,1 16,2 16,3 16,4 16,5 16,6 Hauser, P. (1984). Páxina 207.
  17. Hauser, P. (1984). Páxinas 206, 207, 208.
  18. "Kennergasse 10: Der Name". Stadt Wien. Wiener Wohnen.
  19. "Kennerweg". Stadtgeschichte Linz.
  20. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  21. "Kenner, Friedrich 1834-1922 Arquivado 22 de novembro de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  22. "Kenner, Friedrich". WorldCat Identities.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar