François Thierry

numismático francés


François Thierry de Crussol, nado o 17 de agosto de 1950[1], é un numismático francés de ascendencia chinesa (o seu nome en chinés é 蒂埃里 Di Ali), especializado na moeda do Extremo Oriente.[2]

Infotaula de personaFrançois Thierry de Crussol
Biografía
Nacemento17 de agosto de 1950
Conservador Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia
1989 – 2015 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidade Francia
Coñecido porConservador do Gabinete de Medallas da BNF.
Actividade
Campo de traballoNumismática do Extremo Oriente
Ocupaciónconservador , numismático Editar o valor em Wikidata
Influencias en
LinguaLingua turca, lingua chinesa, Lingua vietnamita e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios
- (2000): Medalla da Royal Numismatic Society.
- (2018): Premio Hirayama.

Traxectoria editar

Formación editar

Thierry estudou Historia na Universidade da Sorbona (París 7) onde se graduou en 1975, cunha tese de licenciatura centrada nas relacións entre o poder e o exército en Turquía no período 1876-1918. O ano seguinte presentou unha nova tese sobre o movemento nacional kurdo na fin do Imperio Otomán. Entre 1982 e 1986 focalizou a súa formación na aprendizaxe de linguas e culturas do Extremo Oriente, en particular da China e do Vietnam.[2]

Carreira numismática editar

Logo de acadar a súa acreditación como profesor universitario, comezou as súas investigacións sobre a moeda chinesa e pasou a integrarse no Museo da Administración de Moedas e Medallas (Musée de l'Administration des Monnaies et Médailles), onde entre 1984 e 1986 levou a cabo a publicación das coleccións do Extremo Oriente procedentes do tesouro Huê.[2]

En 1986 correu a cargo tamén da publicación do catálogo das moedas vietnamitas do Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, en París, institución na que foi nomeado conservador de moedas orientais en 1989, conservador xefe en 1993 e conservador xeral en 2009.[2]

As súas investigacións na BNF centráronse en aspectos como as moedas chinesas da dinastía Song (960-1279), as vietnamitas e as turcas do período preislámico. Na actualidade, Thierry é conservador honorario do Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, desde a súa xubilación en 2015.[2]

Entre outras institucións, Thierry é membro da Société française de numismatique, de París, e da Royal Numismatic Society, de Londres.[2]

Recoñecementos editar

  • 2006: Medallla da Royal Numismatic Society, polo seu estudo titulado The Identification of the Nguyen Thong coins in the monetary law of the sixth year of Canh Hung (Vietnam 1745).[2][3][4]
  • 2018: Premio Hirayama, da Académie des Inscriptions et Belles Lettres, pola súa publicación Les monnaies de la Chine ancienne, des origines à la fin de l’Empire.[2][5]

Publicacións editar

Estas son algunhas das publicacións máis salientables de François Thierry:[6][7]

Escolma de monografías

Escolma de artigos

  • (1998): "Les monnaies de Boquq Qaghan des ouïgours (795-808)". En Turcica. Vol. 30. No 0. Association pour le Développement des Etudes Turques. Páxinas 263-278. ISSN 0082-6847
  • (2007): "Identification of the Nguyên Thông Coins of the C?nh Hirng Period (1740 -1786)". En Numismatic Chronicle. 167. Royal Numismatic Society. Páxinas 237-241.
  • (2011): "The Confucian Message on Vietnamese Coins A closer look at the Nguy?n dynasty's large coins with moral maxims". En Numismatic Chronicle. 171. Royal Numismatic Society. Páxinas 367-406.

Notas editar

  1. "Notice de personne: Thierry, François". BnF Catalogue général.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 "Thierry de Crussol, François". En Coins Weekly. 13 de setembro de 2017.
  3. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  4. "Proceedings". En The Numismatic Chronicle. Número 167. 2007. Páxinas 397-417. Royal Numismatic Society.
  5. "Prix 2018. Palmarès". Académie des Inscriptions et Belles-Lettres.
  6. "François Thierry: Curriculum Vitae". Academia.edu
  7. "Thierry, François". WorldCat.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar