Behrendt Pick

numismático e historiador alemán

Behrendt Pick, nado o 21 de decembro de 1861 en Poznan, Reino de Prusia (actual Polonia), e finado o 4 de maio de 1940, en Berlín, foi un numismático alemán especializado na numismática antiga.[1][2]

Modelo:BiografíaBehrendt Pick
Biografía
Nacemento21 de decembro de 1861
Poznan, Polonia Editar o valor en Wikidata
Morte4 de maio de 1940
Berlín
Reich alemán.
País de nacionalidadeAlemá
EducaciónUniversidade Humboldt de Berlín
Q89547790Estudos de numismática antiga.
Actividade
Campo de traballoNumismática
Ocupaciónnumismático, arqueólogo, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Jena Editar o valor en Wikidata
Influencias
Premios
(1935): Medalla da Royal Numismatic Society.

Descrito pola fonteEnciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Logo da súa graduación na ensinanza secundaria, en 1880, no instituto Friedrich Wilhelms de Poznam, Behrendt Pick ingresou na Universidade de Berlín para cursar os seus estudos superiores, grazas a unha das bolsas de estudos establecidas por Friedrich Imhoof-Blumer.[3] En 1884 graduouse en Filoloxía Clásica, cunha tese dirixida por Theodor Mommsen e titulada De senatus consultis Romanorum. A influencia de Theodor Mommsen fixo que o seu futuro como investigador se centrase fundamentalmente na numismática.[1][2]

Logo dunha breve etapa como bibliotecario na Biblioteca Real (Königliche Bibliothek), en 1888 Pick ingresou na Universidade de Zürich, onde o ano seguinte obtivo a habilitación para a docencia universitaria de Arqueoloxía. Nesa universidade foi nomeado profesor axudante de Antigüidades Romanas, Historia e Numismática en 1891.[1][2][4]

En 1893 comezou a traballar na biblioteca ducal de Gotha xestionando a colección de moedas do seu gabinete numismático (Münzkabinett), do que pasou a ocupar o posto de director en 1899.[1][2]

En 1897 ingresou como profesor asociado de Numismática Antiga na Universidade de Jena, institución na que de 1903 a 1905 se ocupou da ordenación e da catalogación dos fondos do Gabinete de Moeda Oriental de Jena.[1] En 1911, esta universidade nomeouno profesor honorario e en 1931 acabou alí o seu período como docente.[2]

A obra máis representativa de Pick é o volume dedicado a Dacia e Mesia na serie Die Antiken Münzen Nordgriechenlands (Berlín, 1898), en colaboración con Kurt Regling, unha publicación da Real Academia de Ciencias de Prusia (Königlich-Preußische Akademie der Wissenschaften), no marco do proxecto Griechisches Münzwerk, concibido por Theodor Momsen e dirixido por Friedrich Imhoof-Blumer.[1][2][5]

En 1934, Pick retirouse por mor da súa "fe mosaica". Trasladouse a Berlín, onde se suicidou en 1940.[2]

Recoñecementos

editar

Publicacións

editar

Estas son algunhas das publicacións de Pick ao longo da súa carreira académica:[7]

Escolma de monografías

editar
  • (1884): De senatus consultis Romanorum. Pars prior. Berlín.
  • (1898-1910): Die antiken Münzen Nord-Griechenlands. Band 1: Dacien und Moesien. Reimer, Berlin. Parte I (1898) / Parte II. Die Münzen von Odessos und Tomis (1910) (con Kurt Regling).
  • (1916): Die Arbeiten des Gothaer Stempelschneiders Ferdinand Helfricht (con Ferdinand Helfricht). Schmidt, Gotha.
  • (1922): Die Münzkunde in der Altertumswissenschaft. Ein Vortrag. Perthes, Stuttgart.
  • (1930): Die Kunstmuseen und die Münzen. Riechmann, Halle.
  • (1931): Aufsätze zur Numismatik und Archäologie. Frommann. Jena.

Escolma de artigos

editar
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Singer, I. (1906).
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Lederer, P. (1941).
  3. Bloesch, H. (1974). "Imhoof, Friedrich". En Neue deutsche Biographie. T. X. Berlin. Páxinas 156-157. ISBN ISBN 3-428-00191-5
  4. "Pick, Behrendt". Historische Vorlesungsverzeichnisse. Universität Zürich.
  5. "Griechisches Münzwerk". Berlin-Brandenburgische Akademie der Wissenschaften.
  6. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  7. "Pick, Behrendt". WorldCat.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar