Zeitschrift für Numismatik
O Zeitschrift für Numismatik ("Revista de Numismática") foi unha publicación periódica alemá de periodicidade anual especializada en numismática, publicada en Berlín entre 1874 e 1935 pola compañía editora Weidmannsche Buchhandlung, fundada en 1680. A revista estivo vinculada á Sociedade Numismática de Berlín (Numismatische Gesellschaft zu Berlin).[1][2]
Zeitschrift für Numismatik · | |
---|---|
País | Alemaña |
Lugar | Berlín. |
Lingua | Alemán. |
Especialidade | Numismática |
Abreviatura | SfN |
Fundación | 1874 |
Fundador | Alfred von Sallet (1º director). |
Primeira edición | 1874 |
Última edición | 1935 |
Desenvolvemento | |
Editor | Alfred von Sallet, Hermann Dannenberg, Heinrich Dressel, Julius Menadier, Kurt Regling. |
Publicador | Weidmannsche Buchhandlung Verlag |
Circulación | |
Frecuencia | Anual. |
[ editar datos en Wikidata ] |
Directores
editar- 1874-1897: Alfred von Sallet.
- 1898-1906: Hermann Dannenberg, Heinrich Dressel e Julius Menadier.
- 1907-1920: Heinrich Dressel e Julius Menadier.
- 1921-1935: Julius Menadier e Kurt Regling.
Contidos
editarA introdución do seu primeiro director, Alfred von Sallet, no número inicial da revista iníciase con estas palabras:
(Alemán)
«Mancherlei Umstände machten es wünschenswerth, dass in Berlin eine numismatische Zeitschrift erscheinen möchte, welche in erster Linie das classische Alterthum, daneben aber auch das Mittelalter und das sechzehnte Jahrhundert, ohne allzuenge Grenzen, behandele». |
(Galego)
«Diversas circunstancias fixeron conveniente que en Berlín se publicase unha revista numismática que se ocupase principalmente da antigüidade clásica, mais tamén da Idade Media e do século XVI, sen límites demasiado estreitos.». |
Alfred von Sallet.
Zeitschrift für Numismatik, Nº 1. Berlín, 1874[3] |
Os artigos, nunha cantidade variable mais cunha media de 20 en cada número, están organizados en diversas categorías ou seccións: "Antigüidade", "Idade Media"... "Colaboracións menores" "Literatura" e "Obituarios".
Aínda que o número de páxinas é diferente en cada tiraxe, habitualmente está comprendido entre as 300 e as 400 en cada número. No apéndice de cada edición preséntanse varias táboas e láminas de ilustracións. Ademais, entre os anos 1879 e 1909, despois desas táboas atópase información das actividades da Sociedade Numismática de Berlín.
Autores
editarForon moi numerosos os autores que contribuíron cos seus artigos en Zeitschrift für Numismatik, algúns ocasionalmente ou mesmo unha soa vez e outros, sinaladamente os editores, con regularidade ao longo dos anos. Estes son algúns dos máis salientables:[1]
- Ernest Babelon.
- Agnes Baldwin.
- Hermann Dannenberg.
- Heinrich Dressel.
- Hans Droysen.
- Friedrich von Duhn.
- Ferdinand Friedensburg.
- Julius Friedländer.
- Hugo Gaebler.
- Hermann Grote.
- Adolf Holm.
- Friedrich Imhoof-Blumer.
- Julius Menadier.
- Eugen Merzbacher.
- Theodor Mommsen.
- Franz Reber.
- Kurt Regling.
- Alfred von Sallet.
- Friedrich von Schrötter.
- Ioannis Svoronos.
- Rudolf Weil.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Zeitschrift für Numismatik (ZfN) der Numismatischen Gesellschaft Berlin". www.coingallery.de
- ↑ "Zeitschrift für Numismatik (ZfN)". Forum Ancient Coins.
- ↑ "Worwort". En Zeitschrift für Numismatik, Nº 1. Berlín, 1874
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Autores e artigos de todas as edicións por orde alfabética do autor Arquivado 17 de abril de 2014 en Wayback Machine.