Ioannis Svoronos

numismático e arqueólogo grego


Ioannis Nikolaos Svoronos[1] (grego: Ιωάννης Ν. Σβορώνος), nado o 27 de abril de 1863 en Míconos e finado o 7 de setembro de 1922 en Atenas, foi un numismático e arqueólogo grego.[2][3]

Infotaula de personaIoannis Svoronos

Ioannis Svoronos
Biografía
Nacemento27 de abril de 1863
Miconos - Μύκονος, Grecia Editar o valor em Wikidata
Morte7 de setembro de 1922
Atenas
Grecia Grecia
Datos persoais
País de nacionalidadeGrega
EducaciónUniversidade de Atenas
Coñecido porDirector do Museo Numismático de Atenas.
Actividade
Campo de traballoNumismática e arqueoloxía
Ocupaciónarqueólogo , numismático , antropólogo , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Atenas (1918–1920)
Museo Numismático de Atenas Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua grega moderna Editar o valor em Wikidata
Premios
- (1914): Medalla da Royal Numismatic Society.
- (1921): Medalla Huntington.

Traxectoria editar

Svoronos naceu nunha familia de mariños mercantes que se ocupaban do comercio de trigo entre Rusia e Grecia.[4]

Entre 1974 e 1978 cursou a súa educación secundaria, e xa os seus mestres advertiron a súa atracción pola numismática e a arqueoloxía. Seguindo o desexo da familia, Svoronos matriculouse na Escola de Dereito da Universidade de Atenas, mais abandonou os seus estudos para se dedicar á arqueoloxía e á numismática, inicialmente de xeito autodidacta, con frecuentes visitas a Atenas para comprar libros sobre esas materias.[4]

Ao seu regreso a Grecia ingresou no Museo Numismático de Atenas, coa axuda do seu tío, Alexander Meletopoulos, un influente coleccionista de moedas e antigüidades que o recomendou ao daquela director do museo. A súa adscrición a esta institución permitiulle facer frecuentes viaxes para visitar as principais coleccións numismáticas europeas e, entre os anos 1883 e 1887, para se formar nas universidades de Berlín, de Londres e de París, cos mellores profesores do seu tempo.[4]

Ao remate deste período formativo, en 1887 regresou ao Museo Numismático de Atenas, onde ocupou un posto de axudante, aínda que axiña foi reclamado por Theodor Mommsen para volver a Berlín e colaborar un tempo con Friedrich Imhoof-Blumer.[5]

En 1889, cando Svoronos tiña 26 anos, foi nomeado director do Museo Numismático de Grecia, posto que ocupou durante máis de tres décadas, ata a súa morte en 1922.[5]

En 1898, fundou e dirixiu a publicación de periodicidade anual Journal International d’Archéologie Numismatique, na que el mesmo foi un destacado colaborador, coa publicación de múltiples artigos.[6][5]

No período 1918-1920 exerceu a docencia na Universidade de Atenas, como titular da cátedra de Numismática, Metroloxía e Escultura.[7]

Ioannis Svoronos faleceu en Atenas en setembro de 1922 vítima dun derramo cerebral que se atribúe ao exceso de traballo, xa que naqueles momentos estaba a elaborar seis traballos simultaneamente.[8]

Recoñecementos editar

Publicacións editar

Esta é unha escolma das monografías de Ioannis Svoronos ao longo da súa carreira:[1][12][13]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Svoronos, Jean Nikolaus 1863-1922". Digital Library Numis.
  2. Arnold-Biucchi, C. (2015) Arquivado 03 de agosto de 2019 en Wayback Machine..
  3. "Svorònos, Joànnis". Treccani. Enciclopedia on line.
  4. 4,0 4,1 4,2 Arnold-Biucchi, C. (2015) Arquivado 03 de agosto de 2019 en Wayback Machine.. Páxina 26.
  5. 5,0 5,1 5,2 Arnold-Biucchi, C. (2015) Arquivado 03 de agosto de 2019 en Wayback Machine.. Páxina 28.
  6. Sirva como exemplo: Svoronos, I. (1914): "Stylides, ancres hierae, aphlasta, stoloi, akrostolia, embola, proembola et totems marins". En Journal International d’Archéologie Numismatique, XVI. Páxinas 81-152.
  7. 7,0 7,1 7,2 Arnold-Biucchi, C. (2015) Arquivado 03 de agosto de 2019 en Wayback Machine.. Páxina 29.
  8. Arnold-Biucchi, C. (2015) Arquivado 03 de agosto de 2019 en Wayback Machine.. Páxina 30.
  9. "Presentation of the Medal of The Royal Numismatic Society to M. Jean N. Svoronos Arquivado 24 de outubro de 2018 en Wayback Machine.".
  10. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  11. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  12. "Σβορώνος, Ιωάννης Ν.". En The Digital Library of Modern Greek Studies.
  13. "Svorōnos, Iōannēs N. 1863-1922". WorldCat.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar