Leonard Forrer
Leonard Forrer, nado o 7 de novembro de 1869 en Winterthur, Suíza, e finado o 17 de novembro 1953 en Londres, Reino Unido, foi un erudito e comerciante numismático anglo-suízo.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de novembro de 1869 Winterthur, Suíza |
Morte | 17 de novembro de 1953 (84 anos) Gran Londres Reino Unido |
País de nacionalidade | Suízo nacionalizado británico. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Ocupación | historiador, numismático |
Premios | |
Recibidos: Medalla da Royal Numismatic Society (1944) Na súa honra: Medalla de Honra da Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais (desde 1963). |
Traxectoria
editarAos seus 18 anos, en 1887, Forrer marchou a Inglaterra para realizar os seus estudos, e dous anos máis tarde comezou a traballar na prestixiosa casa de poxas londiniense Spink and Son, onde axiña pasou a ser o responsable da súa sección de venda de moedas e medallas, que elevou ata lle conferir un prestixio internacional.
A partir de 1893 encargouse da edición de todas as publicacións de Spink and Son, tanto as de carácter comercial como as de índole científica, entre as que cómpre salientar un dicionario biográfico de gravadores e maxistrados monetarios desde a antigüidade clásica ata 1900, unha obra en oito volumes publicada entre 1904 e 1930 que segue a ser referencia máis dun século despois.[2]
En 1944 foi galardoado pola Royal Numismatic Society coa súa prestixiosa medalla de honra.[3]
Leonard Forrer foi un dos numismáticos que, a partir dun encontro mantido en Xenebra en 1951 con outros responsables das empresas máis salientables do sector, se converteu en socio fundador da Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais (AINP), da que foi ademais o seu primeiro presidente. Na súa hora, a AINP estableceu en 1963 a Medalla de Honra da institución, concedida como recoñecemento ao labor prestado ao servizo da institución.[4]
Os seus fillos Leonard Steyning Forrer (1895-1968) e Rudolph Forrer continuaron o seu labor como comerciante numismático.[5][6]
Publicacións
editar- (1904-1930): Biographical dictionary of medallists: coin, gem, and seal-engravers, mint-masters, etc. ancient and modern. With references to their works, B. C. 500 – A. D. 1900. Londres (existsen diversas reedicións recentes).
- (1938): Portraits of Royal Ladies on Greek Coins. Spink & Son. Londres.
Notas
editar- ↑ Cahn, H. A. "Leonard Forrer senior". En Gazette numismatique suisse. 4. 1953. Páxinas 71-72.
- ↑ "In praise od Forrer's Biographical Dictionary". En Coinbooks.com.
- ↑ "The Society?s Medal". The Royal Numismatic Society.
- ↑ "History Arquivado 05 de xullo de 2018 en Wayback Machine.". No sitio web de IAPN-AINP.
- ↑ Schmid-Forrer, J. Die Familie Forrer von Winterthur. Vol I: 1983. Vol. II: 1988. Vol III: 1996.
- ↑ "ФОРРЕР (2): (Leonard Steyning Forrer, 1895 - 1968)". En www.nimuzm.ru (en ruso)'
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Martin, Joan S. Index to Leonard Forrer’s Biographical Dictionary of Medallists. Royal Numismatic Society. Londres. 1987