Jules Maurice

numismático francés


Jules Maurice, nado en Douai, Hauts-de-France, o 19 de marzo de 1859 e finado en París o 30 de xuño de 1938,[1] foi un numismático francés.

Infotaula de personaJules Maurice
Biografía
Nacemento19 de marzo de 1859
Douai, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte30 de xuño de 1938 (85 anos)
París.
Francia.
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancesa.
Coñecido porEstudos de Numismática constantiniana.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónnumismático Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Premios
1929: Medalla da RNS.

Traxectoria editar

Jules Maurice, nado nunha familia de maxistrados, cursou os estudos de Medcina, aínda que nunca chegou a exercer esta profesión.[2][3]

O contacto co numismático Ernest Babelon espertou o seu interese pola moeda imperial romana e afondou no estudo das emisións do príodo constantiniano, a partir do cal comezou a facer sobre este tema as súas primeiras publicacións en revistas de arqueoloxía e numismática, sinaladamente francesas, británicas e italianas.[2][3]

A súa obra cumio é un compendio monográfico da numismática constantiniana que recolle o resultado das súas investigacións previas en tres volumes, publicados entre 1908 e 1912.[3][4][5]

Entre outras entidades asociativas e académicas, Maurice foi nomeado membro honorario da Royal Numismatic Society, de Londres, o 16 de xuño de 1904.[6][7] Pertenceu tamén á Sociedade Francesa de Numismática e á Sociedade Nacional de Anticuarios de Francia, que presidiu ata 1922.[8][9]

Recoñecementos editar

Publicacións editar

Con anterioridade a 1908, Maurice publicou numerosos artigos en revistas numismáticas do seu tempo acerca da actividade dos obradoiros monetarios do baixo Imperio, que posteriormente serviron para compor o seu traballo monográfico máis sobranceiro: Numismatique constantinienne.[11][12][13]

Artigos editar

Monografías editar

Notas editar

  1. Aínda que a maioría das fontes indican 1938 como ano do pasamento, como Merlin, A. (1939) ou BnF Data, outras apuntan a 1939, como Digital Librari Numis Arquivado 26 de novembro de 2021 en Wayback Machine..
  2. 2,0 2,1 Dieudonné, A. (1939). Páxina 138.
  3. 3,0 3,1 3,2 Merlin, A. (1939).
  4. Véxase (1908-1912) en "Publicacións".
  5. Dieudonné, A. (1939). Páxina 139.
  6. Carson, R. A. G.; Pagan, H. (1986). A History of the Royal Numismatic Society (1836-1986). Royal Numismatic Society, Londres. ISBN 0 901405 24 8. Páxina 142.
  7. "Honorary Fellowship". The Royal Numismatic Society.
  8. Maurice, J. (1922). Société nationale des antiquaires de France. Discours de M. Jules Maurice, président sortant, prononcé dans la séance du 4 janvier 1922. Klincksieck, París [separata de Bulletin de la Société nationale des antiquaires de France. 1º trimestre de 1922]
  9. Dieudonné, A. (1939). Páxina 140.
  10. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  11. "Maurice, Jules 1859-1939 Arquivado 26 de novembro de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  12. "Jules Maurice (1859-1938)". BnF Data.
  13. "Maurice, Jules". WorldCat Identities.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar