Moeda constantiniana
A moeda constantiniana é a que constitúe o conxunto das emisións monetarias producidas polas cecas imperiais romanas desde o momento en que o emperador Constantino I (324-337) acadou o título de único Augusto, en 324, ata a morte de Xuliano (361-363), que supón a fin da dinastía constantiniana.
Durante este período, logo do falecemento do primeiro gobernante cristián, liberáronse guerras fratricidas como a producida en 340 entre Constantino II (337-340) e Constante I (337-350),[1] ou a que tivo lugar entre 351 e 352 entre Constancio II (337-361) e o usurpador Magnencio (350-353).[2]
Cecas constantinianas
editar- Artigo principal: Cecas da Antiga Roma.
Ademais das cecas tetrárquicas instituídas por Diocleciano (284-305), engadíronse outras catro á produción de moeda constantiniana:
- Ceca de Arelate (Arles), fundada en 313 ou 314, co persoal proveniente da ceca de Ostia (operativa ata 475).[3]
- Ceca de Sirmium (Sremska Mitrovica, Serbia), creada etre 320 e 326 (operativa ata 397).[4]
- Ceca de Constantinopla (Istambul), a nova capital imperial a partir de 330.[5]
- Ceca de Ambianum (Amiens), establecida entre 350 e 353.[6]
No entanto, produciuse o pechamento doutras catro:
- Ceca de Ostia, próxima a Roma, pechada en 313, logo da vitoria de Constantino sobre Maxencio (306-312) na Batalla da Ponte Milvio.[7]
- Ceca de Londinium (Londres) pechada en 326.[8][9]
- Ceca de Ticinum (Pavia) operativa ata 326 ou 327.[10][11][12]
- Ceca de Mediolanum (Milán) establecida en 327, aínda que reabriu en épocas posteriores.[13][14]
Periodización e temáticas
editarTítulos imperiais de Constantino I | Número de veces | Datación do acontecemento |
---|---|---|
Tribunicia potestas | 33 anos consecutivos.[15] | De 306 ao 22 de maio de 337.[15] |
Cónsul | 8 veces.[15] | En 307 (I), 312 (II), 313 (III), 315 (IV), 319 (V), 320 (VI), 326 (VII), 329 (VIII). |
Salutatio imperatoria | 32 veces.[15] | A primeira en 306, cando foi proclamado Caesar; logo en 307 (2° e 3°) e en 308 (4°), e renovada anualmente de xullo de 309 a xullo de 336.[15] |
Cognomina ex virtute (títulos vitoriosos) | - Germanicus maximus IV (en 307, 308, ca. 314 e 328-329.[16][17][18][19][20]
- Sarmaticus maximus III [17] (317/319,[21] 323[16] e 334[16]).[18][19][20] - Gothicus maximus II (328 ou 329 e 332).[16][17][18][20] - Dacicus maximus (336). [16][17] - Adiabenicus (antes de 315).[20] - Arabicus maximus (entre 315 e 319).[21] - Armeniacus maximus (entre 315 e 319).[21] - Britannicus maximus (antes de 315).[20][21] | |
Outros títulos | - Caesar (de 306 a 313) e Augustus (de 313 a 337).[15]
- Pater Patriae, Felix, Invictus, Proconsul e Pontifex Maximus (en 307).[15] |
Da unificación do Imperio á morte de Constantino I (325-337)
editarA fase abranguida entre a reunificación imperial (325) e o pasamento de Constantino o Grande (337) serviulle ao emperador cristián para reorganizar tanto a Administración civil como a relixiosa, ademais de consolidar todo o sistema defensivo ao longo dos cursos do Rin e do Danubio, e de obter importantes éxitos militares, que lle propiciaron o control de boa parte deses territorios que xa pertenceran a Roma anteriormente e que foran abandonados por Galieno (253-268) e Aureliano (270-275): desde Alamannia (os Campos Decumanos) ata Sarmatia (chaira ao sur do Tisza e rexión do Banato) e ata a Gothia (Oltenia e Valaquia). E tamén a partir deses anos, Constantino seguiu a utilizar como as súas residencias imperiais favoritas Serdica, Sirmium e Tesalónica, á parte de Nicomedia.
O 18 de setembro de 335, Constantino elevou o seu sobriño neto Dalmacio ao rango de Caesar e asignoulle a Tracia, Acaia e Macedonia (con probable capital en Naisso, na actual Serbia)[23], coa tarefa principal de defender esas provincias dos godos, que as ameazaban coas súas incursións.[24] Deste xeito, Constantino dividiu o Imperio en catro partes, tres para os seus fillos e unha para o seu sobriño. O nomeamento de Dalmacio, porén, debeu atopar a oposición do exército,[25] que revelou a súa preferencia polo acceso da liña dinástica directa ao trono.
A seguir, algúns exemplos das súas cuñaxes:
Imaxe | Valor | Anverso | Reverso | Datación | Outros datos | Catalogación |
---|---|---|---|---|---|---|
Follis | CONSTANTINUS AVG, cabeza laureada cara á dereita. | SARMATIA DEVICTA, Vitoria camiñando cara á dereita, con trofeo e palma nas mans, pisando un prisioneiro; SIRM no exergo. | 324/325 | 19 mm
2,97 g |
RIC VII 48. | |
Follis | FL IVL CRISPVS IVN NOB CAES, cabeza laureada á dereita. | ALEMANNIA DEVICTA, Vitoria camiñando cara á dereita, con trofeo e palma nas mans, pisando un prisioneiro; SIRM no exergo. | 324/325 | 20 mm.
3,15 g Ceca de Sirmium |
RIC Crispus, VII 49.
LRBC 803. | |
Follis | CONSTANTINVS IVN NOB CAES, busto laureado e acoirazado cara á dereita. | ALEMANNIA DEVICTA, Vitoria camiñando cara á dereita, con trofeo e palma nas mans, pisando un prisioneiro; SIRM no exergo. | 324/325 | 20 mm
3,40 g Ceca de Sirmium |
RIC Constantinus II, VII, 50. | |
Follis | FL HELENA AVGVSTA, busto drapeado da nai de Constantino I, Flavia Xulia Helena, co diadema imperial, cara á dereita. | SECVRITAS REI PVBLICE, a Securitas da República Romana en pé cara á esquerda, con ramo na man dereita. STR no exergo. | 325-326 | 19 mm
3,45 g Ceca de Augusta Treverorum. (2ª officina) |
RIC VII 465. | |
Follis | FLAV MAX FAVSTA AVG, busto drapeado cara á dereita de Flavia Fausta, a muller de Constantino. | SALVS REIPVBLICAE, Fausta en pé como a Salus, cara á esquerda, cos fillos Constantino II e Constancio II no colo. CONS no exergo. | 326 | 19 mm
3,07 g Ceca de Constantinopla |
RIC Constantinus, VII 12.
LRBC 976. | |
Follis | CONSTAN-TINVS AVG, busco cara á dereita con cabeza laureada. | D N CONSTANTINI MAX AVG, campamento romano con dúas torres; estrela encima; P unha palma T no exergo. | 326/327 | 17 mm
3,44 g Ceca de Ticinum (1ª officina) |
RIC VII 205. | |
Sólido | Cabeza de Constantino I cara á dereita cun diadema de tres ringleiras de perlas; os ollos cara ao ceo. | GLORIA CONSTANTINI AVG, Constantino en pé, con lanza e espada nas mans, e trofeo no ombreiro esquerdo; dous prisioneiros atados aos seus pés; SMTS no exergo. | 327 | 6,83 gm | RIC Constantinus I, VII 163 var. (diadema) | |
Follis | [...] CONSTANTINUS MAX AUG, cabeza de Constantino I con diadema; busto drapeado e acoirazado cara á dereita. | GLORI-A EXER-CITVS, dous soldados, ambos con escudo e lanza, en pé e un fronte ao outro con dous estandartes no medio. AQ P no exergo. | 334/335 | 16 mm
2,71 g Ceca de Aquileia (1ª officina) |
RIC Constantinus, VII 124. | |
Sólido | CONSTANTI-NVS MAX AVG, cabeza diademada; busto drapeado e acoirazado cara á dereita. | VICTORIA CO-NSTANTINI AVG, a Vitoria andando cara á dereita, con trofeo e fronde de palma nas mans; crismón e LXXII no campo; SMAN no exergo. | 335/336 | 4,42 g | RIC VII 100 | |
Fracción de follis | FL DELMATIVS NOB C, cabeza laureada; busto drapeado e acoirazado cara á dereita. | GLORI-A EXER-CITVS, dous soldados, ambos con lanza e escudo; en pé un fronte ao outro, cun estandarte no medio; SMTSB no exergo. | 336/337 | 17 mm
1,55 gm Ceca de Tesalónica (2° officina). |
RIC Delmatius, VII 228. | |
Fracción de follis | FL DELMATIVS NOB C, cabeza laureada e busto drapeado e acoirazado cara á dereita. | GLORI-A EXER-CITVS, dous soldados, ambos con lanza e escudo; en pé un fronte ao outro, cun estandarte no medio; AQ S no exergo. | 336/337 | 18 mm
1,22 gr |
RIC Delmatius, VII 142. | |
Follis | CONSTANTI-NVS MAX AVG, cabeza laureada de Constantino cara á dereita. | SPES PVBLICA, lábaro no centro, con tres medallóns e, no alto, un cristograma; abaixo unha serpe; CONS no exergo. | 337 | 2,97 g
Ceca de Constantinopla |
RIC VII 19. | |
Sólido | FL HANNIBALIANO REGI, cabeza laureada de Anibaliano cara á dereita. | SE-CVRITAS PVBLICA, o río Éufrates deitado cara á dereita; CONSS no exergo. | 337 | Ceca de Constantinopla | RIC VII 147.
LRBC 1034. |
Os fillos e os netos de Constantino I (337-363)
editarA situación logo do falecemento de Constantino o 22 de maio de 337, mentres estaba a preparar unha campaña militar contra os sasánidas, presentaba un poder repartido entre os seus fillos e o seu neto, todos co título de César. Deles, Constancio II (337-361), implicado na supervisión das fortificacións fronteirizas no norte de Mesopotamia,[26] regresou axiña a Constantinopla, onde organizou os actos funerarios do seu pai; con este xesto reforzou os seus dereitos como sucesor e obtivo o apoio do exército, compoñente fundamental da política de Constantino.
Durante o verán de 337 o exército masacrou os membros masculinos da dinastía constantiniana e outros membros destacados do Estado, e apenas sobreviviron os tres fillos de Constantino e dous dos seus sobriños pequenos (Galo e Xuliano, fillos do seu medio irmán Xulio Constancio) .[27] As motivacións deste masacre non son claras: segundo Eutropio, Constancio non estaba entre os seus promotores, aínda que o certo é que non amosou oposición nin condenou os asasinatos.[28] No entanto, para Zósimo o organizador foi Constancio.[29] En setembro do mesmo ano, os tres césares restantes (Dalmacio fora vítima da purga purga) reuníronse en Sirmium, en Pannonia, onde o 9 de setembro foron aclamados emperadores polo exército e repartiron entre eles o Imperio: Constancio viu recoñecida a súa soberanía sobre o Oriente.
A división do poder entre os irmáns non durou moito: Constantino II morreu en 340, mentres intentaba derrocar a Constante I; en 350, Constante foi derrocado polo usurpador Magnencio, e pouco despois Constancio II converteuse no único emperador, e reuniu unha vez máis o Imperio en 353). A partir de aí veu un período de 25 anos de guerras nos límites orientais contra os sasánidas, primeiro baixo Constancio II e despois baixo Xuliano (entre 337 e 363).[30]
En 361, Xuliano foi proclamado Augusto, César na Galia. O seu goberno durou só dous anos, aínda que tivo unha grande importancia, tanto polos seus intentos de establecer un sistema relixioso politeísta (por iso se lle chamou o Apóstata) como pola campaña militar emprendida polos sasánidas.
A seguir, algúns exemplos das cuñaxes da dinastía Constantiniana posteriores a Constantino I:
Imaxe | Valor | Anverso | Reverso | Datación | Outros datos | Catalogación |
---|---|---|---|---|---|---|
Follis | FL MAX THEO DORAE AVG, busto cara á dereita da muller de Constancio Cloro, Flavia Maximiana Teodora. | PIETAS ROMANA, a Piedade en pé de fronte ollando cara á dereita, cun cativo no colo; •TRS• no exergo. | 340 | 15 mm
1,62 g Ceca de Augusta Treverorum (2ª off.) |
RIC VIII 65.
LRBC 113. | |
Sólido | DN CONSTANS PF AVG, cabeza de Constante I cara á dereita. | FEL TEMP REPARATIO ("retorno do período feliz"), Constante I en pé nun barco de guerra, cruzando o canal da Mancha para ir a Britania en 342; SMTS no exergo. | 342 | Ceca de Tesalónica | ||
Centenional | CONTANT-IUS P[31] F[32] AUG, cabeza laureada e diademada, e busto drapeado e acoirazado cara á esquerda, cun orbe na man. | FEL TEMP REPAR-ATIO, un soldado con lanza avanza cara á dereita, ollando á esquerda, e conduce un cativo fóra dunha casoupa baixo unha árbore; AQP • no exergo. | 348/350 | 4,82 g Ceca de Aquileia (1ª officina) |
RIC Contantius II, VIII 102.
LRBC 887. | |
Centenional | D N CONSTAN TIVS P F AVG, cabeza de Constancio II cara á dereita, con busto drapeado e acoirazado. | FEL TEMP REPARATIO, o emperador en pé cara á esquerda sobre unha galera, con Fénix e lábaro, e a Vitoria na popa; TESE no exergo. | 350 | 18 mm
2,91 g Ceca Tesalónica (5ª officina) |
RIC VIII 119.
LRBC 1641. | |
Siliqua | D N CONSTAN TIVS P F AVG, cabeza diademada de Constancio II cara á dereita; busto drapeado e acoirazado. | Grilanda de loureiro, e dentro dela, en catro ringleiras: VOTIS / XXX / MULTIS / XXXX; SIRM no exergo. | 351 | 21 mm
3,14 g Ceca de Sirmium |
RIC VIII 17. | |
Ás | DN CONSTANTIUS NOB C(aesar), cabeza diademada de Constancio Galo cara á dereita; busto drapeado e acoirazado; A á súa esquerda. | HOC SI[G]NO VICTOR ERIS, Constancio en pé de fronte, coa cabeza cara á esquerda, cun lábaro e unha lanza; ao seu lado a Vitoria cunha palma, coroándoo; III no campo; ASIRM no exergo. | 351 | 21 mm
4,94 g Ceca de Sirmium (1ª officina) |
RIC VIII 31. | |
Sólido | D N CONSTANTIVS MAX AVG, cabeza diademada de Constancio II cara á dereita; busto drapeado e acoirazado. | GLORIA REI PUBLICAE, Roma e Constantinopla no trono, a primeira de fronte, a segunda cara á esquerda; entre elas un escudo no que se le: VOT/XXX/MVLT/XXXX en catro liñas; TES no exergo. | 351 | 20 mm
4,36 g Ceca de Tesalónica |
RIC VIII 150. | |
Sólido | D N CONSTANTI-VS NOB CAES, cabeza de Constancio Galo cara dereita; busto drapeado e acoirazado. | GLORIA REI-PVBLICAE, Roma (con lanza) e Constantinopla (cun cetro e cun arco no pé) no trono, a primeira de fronte, a segunda cara á esquerda; entre elas un escudo no que se le: VOT/V/MVLT/X en catro liñas; *TES* no exergo. | 351 | 4,44 g
Ceca de Tesalónica |
RIC VIII 149. | |
Sólido | FL IVL CONSTANTIVS PERP AVG, cabeza cun diadema de perlas e busto acoirazado. | VICTORIA AVGUSTORVM, a Vitoria sedente cara á dereita sobre unha armadura, cun escudo na man coa lenda VOT/XV/MVLT/XX en catro liñas, axudada por un xenio; SMANΔ no exergo. A moeda conmemora os 15 anos de reinado. | 352 | 4,51 g | RIC VIII 25. | |
Centenional | DN CONSTANTIVS P F AVG, cabeza cara á dereita con diadema de perlas; con busto acoirazado. | FEL TEMP REPARATIO, soldado en pé cara á esquerda, apunta a lanza contra un cabaleiro caído (un sármata dos Limigantes). No exergo •ASIRM•. | 359 | 17 mm
2,84 gm Ceca de Sirmium (1ª officina) |
RIC Constantius II, VIII 75.
LRBC 1612. | |
Siliqua | DN IVLIAN-VS P P AVG, cabeza cara á dereita con diadema de perlas; busto acoirazado. | VOT/V/MVLT/X en catro liñas, dentro dunha grilanda; SCON no exergo. | 360/361 | 17 mm
1,81 g Ceca de Arelate (2ª officina) |
RIC Fl.Claudius Iulianus, VIII 295. | |
Sólido | FL IVL CONSTANTIVS PERP AVG, cabeza de fronte con diadema de perlas; busto acoirazado. | GLORIA REPVBLICAE, Roma e Constantinopla sosteñen un escudo no que está escrito VOT XXX MVLT XXXX; no exergo SMANΔ. | 361 | Ceca de Antioquía | RIC VIII, 165. | |
Centenional | FL CL IVLIA-NVS P P AVG, cabeza cara á esquerda con busto de perlas; busto acoirazado. | VOT/X/MVLT/XX en catro liñas, dentro dunha grilanda de loureiro; BSIRM no exergo. | 361/362 | 20 mm
3,04 g Ceca de Sirmium (2ª officina) |
RIC Fl.Claudius Iulianus, VIII 108.
LRBC 1619. | |
Centenional | FL CL IULI-ANUS P F AUG, testa cara á esquerda, diademada, con helmo e coiraza; escudo e espada. | VOT / X / MVLT / XX en catro liñas, dentro dunha grilanda de loureiro; TESA no exergo. | 361-363 | 20 mm
2,96 g Ceca de Tesalónica (1ª officina) |
RIC VIII 228.
LRBC 1697. | |
Sólido | FL CL IVLIA-NVS P P AVG, cabeza cara á esquerda, cun diadema de perlas; busto acoizazado. | VIRTVS EXERCI-TVS ROMANORVM, un soldado en pé avanza cara á dereita e olla cara á esquerda, con trofeo no ombreiro e coa man na cabeza dun prisioneiro; SIRM no exergo. | 361/362 | 4,28 g
Ceca de Sirmium |
RIC Fl.Claudius Iulianus, VIII 95. | |
Sólido | FL CL IVLIA-NVS P P AVG, cabeza á dereita, cun diadema de perlas; busto acoirazado. | VIRTUS EXERCITUS ROMANORUM, un soldado en pé avanza cara á dereita e olla cara á esquerda, con trofeo no ombreiro e coa man na cabeza dun prisioneiro; ANTI no exergo. | 363 | 4,47 g
Ceca de Antioquía |
RIC VIII 201. |
Notas
editar- ↑ Aurelio Víctor. De Caesaribus, 41.22. / Aurelio Vítor, Epitome, 41.21. / Eutropio. Breviarium historiae romanae., X, 9.2. / Sozomeno. Εκκλησιαστική Ιστορία / Historia Ecclesiastica, III, 2.10. / Zósimo. Hitoria nova, II, 41-2. Zonaras, III, 5.7-16.
- ↑ Amiano Marcelino, Storie XVI, 12.5. Codex Theodosianus, XV, 14.5. Eutropio, X, 12. Sozomeno, IV, 4. Zósimo, II, 43.
- ↑ "Knowing the Roman imperial mints: II- Arelate". Aeternitas Numismatics.
- ↑ Hendy, M. F. (2008). Páxinas 392 e 397.
- ↑ "Knowing the Roman imperial mints: VI- Constantinople". Aeternitas Numismatics.
- ↑ "Amiens". En Nicholson, O. (2018) The Oxford Dictionary of Late Antiquity. Vol 1. Páxina 61. ISBN 978-0-19-881624-9
- ↑ Taylor, E. (2005). The Maxentian Mint at Ostia.
- ↑ “Ceca de Londinium”. En Tesorillo.com
- ↑ "Roman Mints: Londinium (London, England)". Forum Ancient Coins.
- ↑ RIC VII 205.
- ↑ "Knowing the Roman imperial mints: IV- Ticinum". Aeternitas Numismatics.
- ↑ Savio, A. (2001). Páxina 201.
- ↑ Chiaravalle, M. (1990). "La produzione delle zecche di Milano e di Ticinum". En Sena, G. Milano capitale dell'Impero romani (286-402 d.C.). Milán. Páxina 47.
- ↑ "Mediolanum: Milan, Italy". Forum Ancient Coins.
- ↑ 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 15,5 15,6 15,7 15,8 Scarre, C. (1995 -a-). Páxina 214.
- ↑ 16,0 16,1 16,2 16,3 16,4 Barnes, T. D. (1976). "Victories of Constantine". En Zeitschrift fur Papyrologie und Epigraphik. 20. Páxinas 149-155.
- ↑ 17,0 17,1 17,2 17,3 CIL VI, 40776
- ↑ 18,0 18,1 18,2 CIL VIII, 8477 (p 1920).
- ↑ 19,0 19,1 CIL VIII, 10064.
- ↑ 20,0 20,1 20,2 20,3 20,4 20,5 CIL VIII, 23116.
- ↑ 21,0 21,1 21,2 21,3 21,4 CIL VIII, 8412 (p 1916). Inscrición datable en 319 na que se atopan diversos títulos votoriosos: «Imperatori Caesari Flavio Constantino Maximo Pio Felici Invicto Augusto pontifici maximo, Germanico maximo III, Sarmatico maximo Britannico maximo, Arabico maximo, Medico maximo, Armenico maximo, Gothico maximo, tribunicia potestate XIIII, imperatori XIII, consuli IIII patri patriae, proconsuli, Flavius Terentianus vir perfectissimus praeses provinciae Mauretaniae Sitifensis numini maiestatique eius semper dicatissimus».
- ↑ Eusebio de Cesarea, Historia ecclesiastica, IX, 8, 2-4 / Giovanni Malalas, Cronografia, XII, Páxina 311, 2-14.
- ↑ Barnes, T. D. (1982). Páxina 87.
- ↑ Annales Valesiani, XXXV.
- ↑ Aurelio Vítor, Liber de Caesaribus, XLI, 15: «obsistentibus valide militaribus».
- ↑ Cameron, A.; Garnsey, P. (1998). Páxina 12.
- ↑ En particular, foron asasinados os medios irmáns de Constantino I, Xulio Constancio, Nepociano e Dalmacio; algúns dos seus fillos, como Dalmacio César e Anibaliano, e algúns funcionarios, como Optato e Ablabio.
- ↑ Eutropio. Breviarium historiae romanae. X.9.
- ↑ Zósimo. Storia nuova, II, 40.
- ↑ Whittaker, C. R. (1997). Páxina 143.
- ↑ PIO
- ↑ FELIX
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Moeda constantiniana |
Outros artigos
editarBibliografía
editarFontes primarias
editar- Annales Valesiani.
- Aurelio Víctor. De Caesaribus, XXXIX e XLI; Epitome, XLI; De Viris Illustribus.
- Codex Theodosianus.
- Décimo Magno Ausonio. Ordo urbium nobilium.
- Eusebio de Cesarea. Ἐκκλησιαστικὴ ἱστορία / Historia Ecclesiae.
- Eutropio. Breviarium historiae romanae.
- Orosio. Historiarum adversum paganos libri VII.
- Panegyrici latini.
- Procopio de Cesarea. La Guerra Vandalica (texto italiano).
- Sozomeno. Εκκλησιαστική Ιστορία / Historia Ecclesiastica
- Zonaras. Ἐπιτομὴ Ἱστοριῶν - Epitome Historiarum, VIII e XII.
- Zósimo. Hitoria nova, I-II (tradución inglesa do libro II).
Textos historiográficos
editar- Barnes, T. D. (1982). The New Empire of Diocletian and Constantine. Harvard University Press. Londres.
- Cameron, A.; Garnsey, P. (1998). The Cambridge Ancient History. Volume XIII. The Late Empire 337-425. Cambridge University Press. Páxina 12. ISBN 0-521-30200-5
- Mazzarino, S. (1976). L'impero romano. Roma-Bari.
- Ruffolo, G. (2004). Quando l'Italia era una superpotenza. Einaudi.
- Scarre, C. (1995 -a-). Chronicle of the Roman Emperors. Londres. ISBN 0-500-05077-5
- Scarre, C. (1995 -b-). The Penguin Historical Atlas of Ancient Rome. Cambridge. ISBN 0-14-051329-9
- Potter, D. S. (2005). The Roman Empire at Bay: AD 180–395. Nova York. Routledge. ISBN 0-415-10057-7
- Southern, P. (2001). The Roman Empire from Severus to Constantine. Nova York. Routledge. ISBN 0-415-23944-3
- Whittaker, C. R. (1997). Frontiers of the Roman empire. A social ad economic study. Baltimor & Londres.
Textos numismáticos
editar- Radnoti-Alföldi, M. (1963). Die Constantinische Goldprägung. Maguncia.
- Belloni, G. G. (2004). La moneta romana. Roma. Carocci. ISBN 88-430-2105-2
- Carson, R. A. G. et al. (1978). Late Roman Bronze Coinage. Londres.
- Depeyrot, G. (1995-1996). Les monnaies d'or. 2 voll. Wetteren.
- Cohen, H. (1880-1882). Description Historique des monnaies frappées sous l'Empire Romain. París. 8 vol.
- Hendy, M. F. (2008). Studies in the Byzantine Monetary Economy C.300-1450. Cambridge University Press.
- Maurice, J. (1908-1912). Numismatique constantinienne. Leroux, París.
- (1908). T. I: Iconographie et chronologie, description historique, des émissions monétaires.
- (1911). T. II: La dynastie héracléenne dans l'Empire des Gaules [...].
- (1912). T. III: La persécution de Maximin Daza, dénominations des espèces monétaires de bronze [...].
- Savio, A. (2001). Monete romane. Roma. ISBN 88-7801-291-2
Catalogación numismática
editar- (BMCRE): H. Mattingly. (1923-1975). Coins of the Roman Empire in the British Museum (BMCRE). Londres. Vol. 6.
- Calicó, X. & F. (2003). The Roman Aurei. Barcelona. Vol. 2.
- (LRBC): Carson, R. A. G. et al. (1978). Late Roman Bronze Coinage. Londres.
- (RIC): Roman Imperial Coinage. 10 Volumes. Londres. 1926-1994.
- (RCV): Seaby, H. A. (1954). Roman coins and their values. Londres.