Décimo Magno Ausonio
Décimo Magno Ausonio, nado en Burdigala (actual Bordeos) cara ao ano 310 e finado na mesma vila no 395, foi un poeta e retórico latino.
Nome orixinal | (la) Decimus Magnus Ausonius |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 310 (Gregoriano) Bordeos, Francia |
Morte | 395 (Gregoriano) (84/85 anos) Langon - Lengon, Francia |
Senador romano | |
Cónsul romano | |
Actividade | |
Ocupación | poeta, político, escritor, militar |
Período de tempo | Baixo Imperio Romano |
Profesores | Aemilius Magnus Arborius (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Attusia Lucana Sabina |
Pai | Julius Ausonius |
Irmáns | Avitianus Julia Dryadia Aemilia Melania |
Descrito pola fonte | Enciclopedia Católica Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarPrimeiros anos
editarAusonio naceu probabelmente en Burdigala, mais estudou desde novo en Tolosa. A súa familia era de elevada posición social. Seu pai Xulio Ausonio (287-377) foi médico, protomédico de Valentiniano I e prefecto de Iliria; a súa mai Atusa Lucana Sabina era filla dun senador, Atusio Laucanaco Talisio. Tivo unha excelente educación en gramática e en retórica, pero no logrou éxito no dominio da lingua grega[1].
Fíxose despois avogado, mais Ausonio detestaba esta profesión e volveu a dedicarse ao ensino. No ano 334 fundou en Burdigala unha escola de retórica destinada a coller moita sona no seu tempo.
O seu discípulo máis brillante foi Poncio Anicio Meropio Paulino, futuro bispo de Nola.
Ausonio era considerado como un dos homes máis doctos da súa época, de xeito que o emperador Valentiniano I o chamou a Tréveris como preceptor do seu fillo Graciano. No ano 368 tomou parte na campaña militar contra os alamáns, na que obtivo como botín unha moza sueva chamada Bissula, a que logo dedicaría obra poética. No 369, coñeceu a Quinto Aurelio Símaco, con quen mantivo a amizade e conseguiron beneficios mutuos.[2]
Como recoñecemento a seu mestre, Graciano outorgoulle os máis altos títulos e as maiores honras, pasou de cuestor a pretor, primeiro na Galia e posteriormente de toda a Galia, Italia e África[2]; e de feito no ano 379 Ausonio foi cónsul xunto con Quinto Clodio Hermoxeniano Olibrio.
Regreso a Burdigala
editarMorto Graciano no 383, Ausonio tornou a Burdigala, onde entrou en contacto coa relixión cristiá e, segundo opinións, converteuse á mesma. Morreu na súa cidade natal sobre o ano 395.
Obra
editarO poema Mosella, minuciosa crónica de viaxe en verso, e considerado como a súa obra mestra. Escribiu tamén moitos epigramas en lembranza de parentes defuntos e aínda epitafios, como Parentalia. Escribiu ademais unha oración dedicada a Graciano; cartas en verso e en prosa dirixidas a Paulino de Nola; e cultivou outros xéneros, mesmo teatro. Famoso é, igualmente, o centón que compuxo tirando versos da obra de Virxilio (Cento Nuptialis). As súas obras son, ademais, un valioso documento da vida da Galia romana do século IV, nos estertores do Imperio.
As súas obras aínda son loadas polos críticos contemporáneos, mais en tempos de Ausonio eran consideradas pouco orixinais por estaren escritas en estilo; esta opinión aínda se mantén e é pouco aprezado polos autores de Literatura latina.
Bibliografía esencial
editar- Mosella,
- Parentalia,
- Ordo nobilium urbium,
- Efemeride
Notas
editar- ↑ O mesmo Ausonio o confesou aos seus amigos de Roma
- ↑ 2,0 2,1 Trout, Dennis E. (1999). Paulinus of Nola: Life, Letters, and Poems, p. 33 (en inglés). Berkeley/Londres: University of California Press. ISBN 9780520922327
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Décimo Magno Ausonio |