Ceca de Ostia

ceca imperial romana en Italia
Ceca de Ostia

Follis de Maxencio

IMP C MAXENTIVS P F AVG; cabeza laureada cara á dereita. AETERNITAS AVGN, os dióscuros[1] en pé e afrontados, cos seus cabalos no medio; MOSTQ no exergo.
Follis. Ceca de Ostia(marca MOSTQ). Cuñado ca. 309-312. 6,41 g. [2]

A ceca de Ostia foi un obradoiro monetario do Imperio Romano operativo durante o século IV, situado na antiga cidade de Ostia, preto de Roma, na costa do mar Tirreno.

Historia editar

A ceca de Ostia foi fundada polo emperador Maxencio (306-312) en 308/309 ou en 311, e estivo dotada inicialmente de persoal procedente da ceca de Cartago, pechada logo da represión pola rebelión de Domicio Alexandre, e estivo activa ata 313, cando, por mor da vitoria sobre o propio Maxencio, lo emperador Costantino I transferiu o persoal á ceca de Arelate (o actual Arles).[3][4]

A ceca de Ostia estaba moi próxima á cidade de Roma, aínda que as cecas destas dúas cidades servían a dúas provincias diferentes. En tanto que a ceca de Roma servía a Península, baixo a xurisdición do rationalis summarum urbis Romae, a de Ostia estaba encargada de abastecer as Tres Provinciae (Sicilia, Sardeña e Córsega), baixo a xurisdición do rationalis trium provinciarum, e probablemente tamén a provincia de África.[3]

Marcas de ceca editar

 
Moeda da terceira officina da ceca de Ostia, con marca de ceca MOSTT

Nas moedas de Ostia, como na maior parte das moedas romanas desta época, as marcas de ceca alóxase no exergo do reverso e, neste caso, están formadas por tres elementos:[5]

  • A letra M (moneta) ou a letra P (pecunia).[5]
  • A abreviatura do topónimo "Ostia": OST.
  • A officina ou obradoiro concreto, dos catro en que se dividía a ceca. Nas primeiras moedas desta ceca indicábase engadindo as letras gregas A, B, C e D (marcas: MOSTA, MOSTB, MOSTC e MOSTD). Posteriormente, estas substituíronse polas letras latinas P (primus), S (secundus), T (tertius) e Q (quartius) (marcas: MOSTA, MOSTB, MOSTC e MOSTD).[4][5]

No caso de moitas das moedas de ouro cuñadas nesta ceca (áureos, sólidos e divisores), entre eles todos os cuñados antes de outubro de 312, a marca de ceca é unicamente POST, sen indicación do obradoiro concreto.[5]

Notas editar

  1. "The Dioscuri on Roman coins". En Taylor, E. The Maxentian Mint at Ostia.
  2. (RIC) VI 35.
  3. 3,0 3,1 Hendy, M. H. (2008). Páxina 381.
  4. 4,0 4,1 "Ostia: port of ancient Rome". Forum Ancient Coins.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "Ostian Mintmarks". En Taylor, E. The Maxentian Mint at Ostia.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar