Amiano Marcelino (latín Ammianus Marcellinus), nado en Antioquía ca. 330[1] e finado en Roma ca. 400, é o principal historiador romano. Viviu e relatou o proceso de decadencia e descomposición do Imperio Romano durante o século IV.

Modelo:BiografíaAmiano Marcelino

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Ammianus Marcellinus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 330 Editar o valor en Wikidata
Antioquía do Orontes, Turquía Editar o valor en Wikidata
Mortec. 395 Editar o valor en Wikidata (64/65 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
RelixiónPoliteísmo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistoriografía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónhistoriador, militar, escritor, poeta Editar o valor en Wikidata
Período de tempoBaixo Imperio Romano Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadeImperio Romano de Occidente Editar o valor en Wikidata
Rama militarExército romano tardío Editar o valor en Wikidata
Rango militarsoldado Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteEncyclopedic Lexicon (en) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Enciclopédia Judaica de Brockhaus e Efron (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1071558

Traxectoria

editar

Crese que naceu entre o 330 e o 335, nunha adiñeirada familia de ascendencia grega asentada en Antioquía. Definíase a si mesmo como "un soldado e un grego", pois estaba orgulloso da súa orixe e do seu paso polo exército nos aristocráticos Protectores Domestici. Como tal, estivo baixo o mando de Ursicino na fortaleza de Nisibis, xunto á fronteira persa, desde o ano 353. No ano 355 acompañou a Ursicino a unha breve campaña na Galia contra o franco Silvano, que se autoproclamara emperador. Esta campaña durou ata o ano seguinte, momento en que volveu á fronteira oriental. Alí escapou no último momento da fortaleza de Amida (Diyarbakr) xunto á súa esposa cando a praza foi tomada polas forzas de Shapur II. Amiano perdeu o favor do emperador Constancio II cando o seu superior Ursicino caeu en desgraza, pero recuperou o seu antigo prestixio e posición trala morte de Constancio e o acceso ao trono de Xuliano o Apóstata.

O gran número de eloxios que Amiano Marcelino destina a Xuliano nas súas obras demostran a súa grande admiración por este emperador. Marchou xunto a el ás campañas contra os alamáns e na expedición contra Persia do 363. Pouco despois, ao morrer Xuliano, abandonou o exército pois el tamén era pagán.[2]

Tras visitar Grecia e Exipto, Marcelino asentouse de novo en Antioquía en 371, onde permaneceu os sete anos seguintes. En 378 marchou a Roma e instalouse definitivamente alí, onde pasou o resto da súa vida.

Comezou a escribir a súa obra Res Gestarum Libri XXXI (chamada a miúdo Historias) na capital do Imperio, en principio como unha continuación das obras de Tácito. Os seus escritos concentran todos os acontecementos ocorridos no Imperio entre a ascensión ao trono de Nerva no ano 96 e a morte de Valente na Batalla de Adrianópolis (378), recompilados en 31 volumes dos que se perderon actualmente os 13 primeiros. A resultas diso, só se coñecen os tomos finais, que narran a época comprendida entre 353 e 378.

A obra, escrita en latín para facilitar a súa difusión (Amiano Marcelino falaba e escribía normalmente en grego) reportáronlle gran fama en todo o Imperio, especialmente en Roma e Antioquía. O seu lugar como autor de referencia permaneceu ata o século VI, sumíndose no esquecemento durante a Idade Media. Malia as partes perdidas, considérase ás Historias de Marcelino como unha obra de referencia obrigada para entender os últimos anos de goberno de Constancio II, os mandatos de Xuliano, Xoviano, Valentiniano I e Valente e os primeiros anos de Graciano, ademais de ser un excepcional retrato da realidade política e social no baixo Imperio Romano, a súa decadencia e as causas desta (achacadas polo autor ao deixamento, deshonra e hedonismo da poboación) e a organización política e militar de numerosos pobos bárbaros (incluídos os hunos e os visigodos). Así mesmo, Amiano Marcelino deixa entrever nas súas obras as funestas consecuencias que a situación do momento traerían a Roma, como o saqueo de Alarico I que sobreveu dúas décadas despois da probábel morte do historiador, o cal foi visto polos contemporáneos como o fin do mundo ata entón coñecido. Amiano Marcelino era pagán e non tiña en grande aprecio ao cristianismo, polo que é probábel que a súa postura influíse en quen viron máis tarde a nova fe como a causante da caída de Roma, unha idea que lle causou dificultades mesmo a Santo Agostiño.

Ignórase a data exacta da súa morte. O último ano no que se pode presupoñer que seguía vivo é 391, pois cita a Sexto Aurelio Víctor como prefecto de Roma, que accedeu entón ao cargo.

  1. Harto (2002), p. 15
  2. Heather (2018), p. 186

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar