Valente
Valente, nado no ano 328 e finado o 9 de agosto do 378 en Cibalae, a actual Vinkovci (Croacia), foi emperador romano de 364 a 378, despois de que o seu irmán Valentiniano I lle cedese a parte oriental do imperio.
Valente | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 328 |
Lugar de nacemento | Vinkovci |
Falecemento | 9 de agosto de 378 |
Lugar de falecemento | Edirne |
Causa | Batalha de Adrianópolis |
Nacionalidade | Roma Antiga |
Ocupación | político e oficial |
Pai | Graciano |
Cónxuxe | Albia Dominica |
Fillos | Valentiniano Galates e Anastasia |
Irmáns | Valentiniano I |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Traxectoria editar
Durante o seu reinado tivo que solucionar os problemas relixiosos xurdidos durante o mandato de Xuliano. Destituíu aos bispos arianos e reafirmou o Credo de Nicea. Así mesmo tivo que facer fronte á rebelión encabezada por Procopio, un parente de Xuliano por parte de nai que pretendía ter máis dereitos á sucesión deste. Durante meses de campañas en Tracia e Asia Menor, Valente conseguiu derrotar a Procopio en Thyatira (Lidia) en 366, executando ao rebelde o 27 de maio do mesmo ano.
De 366 a 369 Valente liderou unha expedición de castigo con pouco éxito contra a tribo dos terwingos que apoiaran a Procopio.
Os godos, que estaban sufrindo a invasión dos hunos desde 376, buscaron refuxio dentro das fronteiras do imperio.
Valente admitiu que se asentasen en territorio romano na rexión de Tracia a cambio de tropas, xa que estaba planeando unha campaña militar contra o imperio Sasánida.
Unha rebelión dos godos ao mando de Fritixerno deu lugar á batalla de Adrianópole, onde o exército imperial foi completamente derrotado. O mesmo emperador Valente achou a morte nesta batalla.
Do seu matrimonio con Alba Domnica naceu o ulterior cónsul Valentiniano Galates e dúas fillas, Anastasia e Carosa.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Valentiniano I |
Valente | Precede a: Graciano |
Dinastía Valentiniana-Teodosiana |