Tervingos

(Redirección desde «Terwingos»)

Os Tervingos, Tervingi, ou Teruingi, foron un pobo godo que habitaba as chairas danubianas situadas ao oeste do Dnister, entre os séculos III e IV. Tiveron estreitas relacións cos Grutungos, outro pobo godo asentada ao leste de Dnister, e co Imperio romano (ou o recentemente nado Imperio bizantino). Arqueoloxicamente corresponden á cultura Chernyakhov, xunto cos Grutungi ou Grutungos.

A zona verde é a extensión tradicional de Götaland e a zona rosa é a illa de Gotland. A zona vermella é a extensión da cultura Wielbark a principios do século III, e a zona laranxa é a cultura Chernyakhov, a principios do século IV. A zona violeta é o Imperio Romano.

Etnónimo editar

O nome Tervingi pode ter orixes pre-pónticas e escandinavas[1] e, convencionalmente acéptase que, pode significar "xente do bosque".[2] Esta hipótese está avalada polo feito de que os termos xeográficos empregáronse, en moitas ocasións, para indicar aos pobos que vivían ao norte do Mar Negro antes e despois do asentamento dos godos; tamén polo feito de que os Tervingi usasen nomes relacionados cos bosques e a falta de evidencias de que o termo Tervingi-Grutungi se empregase antes de finais do século III.[1]

Historia editar

Século III editar

Os tervingos apareceron por primeira vez como pobo no ano 268, cando invadiron o Imperio Romano.[3][4][5] A invasión afectou ás provincias romanas de Panonia e Iliria, poñendo en risco a propia Italia. En todo caso, os tervingos foron derrotados no verán seguinte, preto da actual fronteira italo-eslovena, e finalmente vencidos en setembro na batalla de Naisso. Nos tres anos seguintes foron empurrados, de novo, máis aló do Danubio cunha serie de campañas militares dirixidas polos emperadores Claudio o Gótico e Aureliano, máis conseguiron manter o control de Dacia, unha provincia abandonada por Aureliano no 271.

Un texto posterior pouco fiable, o texto da Historia Augusta sobre o emperador Probo (morto en 282), menciona aos greutungi xunto con vándalos e xépidos, que supostamente estaban asentados en Tracia, xunto con 100.000 Bastarnas. Segundo ese relato, mentres os Bastarnas seguían fieis, os outros tres pobos romperon a fidelidade e foron esmagados por Probo.[6][7] Máis dubidoso aínda, no artigo de Historia Augusta sobre o emperador Claudio o Gótico (reinou entre 268 e 270), dáse a seguinte lista de pobos "escitas" que foran conquistados por ese emperador cando conseguiu o título de "Gothicus": "peuci trutungi austorgoti uirtingi sigy pedes celtae etiam eruli". Estas palabras son transcritas modernamente para incluír pobos coñecidos: "Peuci, Grutungi, Austrogothi, Tervingi, Visi, Gipedes, Celtae etiam et Eruli".[8]

A división dos godos maniféstase por primeira vez no 291, cando se produce a primeira mención dos tervingi.[9] Concretamente, aparecen nun panexírico ao emperador Maximiano (285 - 305), escrito no 291 ou pouco despois (quizais en Tréveris, o 20 de abril do 292),[10] tradicionalmente atribuído a Claudio Mamertino[11]

na que, despois de mencionar que os pobos mouros que loitan entre si, volve a Europa onde se describen dous conflitos diferentes de forma que non queda claro en que conflito estaban implicados os tervingos: "Os godos destrúen por completo aos burgundios, e de novo os alamanos usan armas para os conquistados, e tamén os Tervingi, outro grupo de godos (literalmente: Tervingi pars alia Gothorum [en galego; Tervingos, outra división dos godos]), coa axuda dunha banda de taifales únense á batalla contra os vándalos e os xépidos".[12] Porén, este fragmento pódese interpretar de dous xeitos. Por unha banda, pódese interpretar como unha explicación de que os tervingos eran un tipo de godos e, por outra, que estaban implicados no segundo dos dous conflitos no que loitan contra vándalos e xépidos.[13]

Outra mención, dáse no século III, no Breviarium de Eutropio (369), onde escribiu que a provincia de Dacia agora (nunc) estaba habitada por Taifali, Vicotali e Tervingi. [14] Porén, unha vez máis os textos que sobreviviron teñen grandes variantes: Terbingi, Tervulgi, Terviginti e Τερβίται (Tervitai).[13] Isto situaría aos tervingos preto dos Cárpatos, ao norte do Danubio, o que é consistente co que se coñece das probables posicións dos taifales, xépidos e vándalos mencionadas no panexírico.

Século IV editar

Segundo Xordanes, que non menciona aos tervingos, o gobernante gótico Ariarico viuse obrigado a asinar un tratado con Constantino o Grande no 332 despois de que o seu fillo Constantino II derrotara de xeito decisivo os godos. Despois dese tempo, un número substancial de valiosos medallóns romanos de ouro foron distribuídos en territorios góticos desde Holanda até Ucraína, e foron descubertos por arqueólogos; o que demostraría unha forte influencia romana entre os godos.[15]

prometendo nunca pisou chan romano.[14] .

Guerra gótica (367 - 369) editar

No 367, o emperador romano Valente atacou os Tervingi ao norte do Danubio por teren apoiado ao usurpador Procopio, que morrera no 366. Non puido loitar directamente con eles, ao parecer, debido ao feito de que os godos se retiraron aos Montes Serrorum (que probablemente se correspondan cos Cárpatos meridionais). Segundo Amiano Marcelino, Valente non atopaba con quen loitar (nullum inveniret quem surpass possibilat vel terrere) e mesmo dá a entender que fuxiron aterrorizados cara ás montañas (omnes formidine perciti... montes petivere Serrorum). No ano seguinte as inundacións do Danubio impediron que os romanos o cruzasen e, no 369, Valente penetrou profundamente no territorio gótico, gañando unha serie de escaramuzas aos Grutungos (que son mencionados por vez primeira nun rexistro clásico) e quizais tamén aos Tervingos. Nesta pasaxe descrita por Amiano, Atanarico, é nomeado como o seu xuíz máis poderoso, "iudicem potentissimum", o que implicaría que era un líder dos tervingos, e que se viu obrigado a fuxir e, posteriormente, a aceptar un tratado de paz no medio do Danubio,[16][17][18][19] debido a que prometera non pisar xamais chan romano.[20][21][22][23] Con todo, en partes posteriores do seu texto, Amiano describe a Atanarico como un xuíz (iudex) dos tervingos, que foi atacado polos grutungos que se uniran aos hunos.[24]

Guerra gótica (376 - 382) editar

Os tervingos permaneceron ao oeste de Escitia (probablemente, actual Moldavia e Valaquia) até o 376, cando un dos seus líderes, Fritixerno, pediu permiso ao emperador romano Valente para se estableceren na beira sur do Danubio. A versión tradicional explica que esperaban atopar un refuxio e escapar dos hunos[25] mais, hoxe en día, hai autores que a poñen en cuestión, afirmando que, seguramente, se establecesen alí como consecuencia das negociacións de paz posteriores á Primeira guerra gótica.[26]

En calquera caso, Valente concedeulles o permiso, pero a fame que asolou Roma impediu que o emperador proporcionase os alimentos e as terras prometidas e, segundo parece, para conseguir comida chegouse a vender os cativos coma escravos.[27] Esta situación, provocou unha revolta seguida de seis anos de saqueos e destrucións por tódolos Balcáns e tamén a morte do emperador romano xunto coa aniquilación de todo un exército romano. que procuraba evita-los saqueos.[28] A batalla de Adrianópole (378) foi o momento clave dun conflito no que as forzas romanas foron masacradas e o propio emperador Valente morreu durante a batalla, conmocionando a todo o Imperio e obrigando aos romanos a pactar cos bárbaros, outorgándolles permiso para se estableceren en terras romanas, xerando así unha nova tendencia que tivo graves consecuencias que provocaron, a longo prazo, a caída do Imperio Romano.

Sociedade editar

Por época histórica e polo territorio ocupado, os Tervingos, emparellados cos Grutungos, poden considerarse característicos da cultura Chernyakhov. Esta cultura abrangue unha grande área do leste de Europa, concretamente a área correspondente á actual Ucraína, Romanía, Moldavia e partes de Belarús.[29][30] Crese que esta cultura foi o resultado dunha mestura de culturas e etnias: godos, xetas, tracios romanizados, sármatas e algúns eslavos.

Asentamentos editar

Os asentamentos de Chernyakhov son grupos abertos situados en vales atravesados ​​por ríos. Entre as vivendas, algunhas delas están construídas a ras de chan, outras son subterráneas e outras tiñan pisos. O asentamento máis grande coñecido, Budesty, ocupa 35 hectáreas.[31] Moitas aldeas carecen de fortificacións.

Prácticas funerarias editar

Os cemiterios de Sîntana de Mureş (Romanía) son máis coñecidos que os asentamentos do mesmo nome.[32] Estes cemiterios presentan algunhas das características básicas que se ven noutros cemiterios de Chernyakhov como, por exemplo, a cremación e o enterramento; neste segundo caso, colocábase a cabeza do defunto apuntando cara ó norte. Tamén, algunhas tumbas quedaron baleiras. Entre os bens enterrados cos mortos hai cerámica, peites de óso e utensilios de ferro pero, curiosamente, case non se atoparon armas entre estes obxectos.[33]

Relixión editar

Descoñécese a relixión orixinal dos tervingos, mais a martiroloxía de Saba o Godo e a tradución da Biblia de Ulfilas dan algunhas pistas. Sábese que tiñan uns días e uns meses considerados sagrados e que as prácticas de culto eran obrigatorias e que foron os prisioneiros romanos levaron o cristianismo aos tervingos. Tamén que un dos seus líderes, Fritixerno, mesmo chegou a se converter como xesto de achegamento ao emperador romano, pero seguindo a tendencia ariana.

Porén, o cambio de relixión non foi ben visto pola maioría dos tervingos e, outros reis, perseguiron e expulsaron a aqueles conversos ao cristianismo, como testemuñan as historias do martirio de Wereka e Batwin e o exilio dunha minoría de tervingos cristiáns cara á provincia romana de Moesia e, nese exilio foi onde Ulfilas levou a cabo a tradución da Biblia ao gótico.[34]

Asentados en Dacia, os tervingos adoptaron como relixión o arianismo, rama do cristianismo segundo a cal Xesús non formaba parte da Trindade, senón que era un ser separado, creado directamente por Deus. Esta crenza era contraria aos principios do cristianismo oficial, que acabaría converténdose na póla maioiritaria do cristianismo entre os séculos IV e V.

Lingua editar

Probablemente, a lingua que falaban os tervingos era a lingua gótica, unha lingua extinta da rama oriental das linguas xermánicas,[35] aínda que algúns estudosos apoian o uso de diferentes linguas.

Relacións cos Vesi/Visigodos editar

Segundo Herwig Wolfram, na Notitia Dignitatum, os Vesi (máis tarde coñecidos como visigodos) estaban vinculados aos Tervingos nun escrito dos anos 388 - 391;[36] aínda que isto non está tan claro na propia Notitia. Houbo numerosos debates entre os estudosos para a identificación dos Vesi como Tervingos e dos Grutungos como Ostrogodos. Wolfram afirmou que as fontes primarias usaban as denominacións correspondente como pares de termos Tervingos e Grutungos correspondéndose a Vesi e Ostrogodos, sen mesturalos nunca[9] e Heather, tamén, afirma que esa diferenciación aparece, igualmente, en Xordanes[37] que identifica aos reis visigodos de Alarico I a Alarico II como herdeiros do rei Atanarico do século IV, e os reis ostrogodos de Teodorico o Grande a Teodato como herdeiros do rei grutungo Hermanarico. Esta interpretación, porén, a pesar de ser moi popular entre os historiadores actuais, non é compartida por todos.

Herwig Wolfram conclúe que os termos Tervingi e Grutungi eran identificadores xeográficos usados ​​por cada tribo para describir a outra.[2] Esta terminoloxía desapareceu despois de que os godos fosen expulsados ​​pola invasión dos Hunos, e se apoia en Zósimo cando este se refire a un grupo de escitas ao norte do Danubio, denominados Grutungi polos bárbaros do Ister.[38] Wolfram conclúe que estas persoas eran os Tervingi que permaneceron despois da conquista dos hunos.[36] Tamén opinaba que os termos "Vesi" e "Ostrogodos" eran usados ​​polas poboacións para presumir nas súas descricións de si mesmos. Deste xeito, os Tervingi autodenominaríanse a si mesmos como Vesi e, a partir do 400, as denominacións de Grutungi e Tervingi, para se referir a subgrupos dos godos foron esmorecendo e quedaron en desuso[9] até desaparecer gradualmente a medida que eses pobos ingresaban no territorio do imperio e ían sendo absorbidos polo Imperio Romano.[2]

Finalmente, Christensen, resume a cuestión indicando que para os anteriores autores como Casiodoro ou Xordanes, os tervingos convertéronse en Vesi/Visi/visigodos con posterioridade á súa entrada no Imperio romano e que os grutungos, se converten en ostrogodos baixo a dominación húnica.[39]

Xefes editar

Reis pagáns editar

Caudillos rebeldes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Wolfram 1988, pp. 387 - 388, nota 58
  2. 2,0 2,1 2,2 Wolfram 1988, p. 25
  3. Eutropio, en Breviarium ab Urbe condita, 9, 8, fala de 320.000 armados.
  4. Mazzarino 1973, p. 560
  5. Zósimo, Historia Nova, I, 42.1
  6. "Historia Augusta. The Life of Probus, 18, 1-3". penelope.uchicago.edu (en inglés). Consultado o 19 de setembro de 2022. 
  7. Christensen 2002, p. 212
  8. Christensen 2002, pp. 201–205.
  9. 9,0 9,1 9,2 Wolfram 1998, 24
  10. Guizot, I, 357
  11. Genethl. Max. 17, 1
  12. Nixon & Rodgers 1994, p. 100-101
  13. 13,0 13,1 Christensen 2002, pp. 201-212
  14. Vékony p. 156, citando a Eutropio, Brev., 8, 2, 2
  15. Bursche 2000, pp. 758-771
  16. Amiano Marcelino, Res Gestae libro 27, capítulo 5
  17. Heather 1996, p. 62
  18. Heather 1991, p. 86
  19. Heather & Matthews 1991, pp. 17-26
  20. Amiano Marcellno, Res Gestae, Libro 27, capítulo 5, 5-9
  21. Heather 1996, p. 62
  22. Heather 1991, p. 86
  23. Heather & Matthews 1991, pp. 17–26.
  24. Amiano Marcelino, Res Gestae, Libro 31, capítulo 4, 13
  25. Burns 1994, p.23
  26. Hoppenbrouwers & Blockmans 2016, p. 43
  27. Burns 1994, páx. 24
  28. Amiano Marcelino, XXXI VII,1-16
  29. Cameron & Garnsey 1999, p. 488
  30. Heather & Matthews 1991, pp. 88 e 92
  31. Heather & Matthews 1991, pp. 52-54
  32. Heather & Matthews 1991, p. 54
  33. Heather & Matthews 1991, pp. 52-54
  34. Philostorgius, Storia della chiesa, libro 2, capítulo 5
  35. Cercignani 1986, pp. 121–151
  36. 36,0 36,1 Wolfram 1988, p. 24
  37. Heather & Matthews 1991, pp. 52-57 e 300-301
  38. Wolfram 1988, p. 387, nota 57.
  39. Christensen (2002), p. 216
  40. Passion of St. Saba
  41. Martyrology of Batwin and Wereka

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bursche, Aleksander (2000). "Roman gold medallions in Barbaricum: Symbols of power and prestige of Germanic élite in Late Antiquity". En Kluge, Bernd; Weisser, Bernhard. XII. Internationaler Numismatischer Kongress Berlin 1997 (en inglés). Berlin: Buchhandel Gebr. Mann Verlag. pp. 758–771. ISBN 378612373X. 
  • Burns, Thomas Samuel (1994). Barbarians Within the Gates of Rome (en inglés). Bloomington: Indiana University Press. ISBN 0-253-31288-4. 
  • Cameron, Averil; Garnsey, Peter (1997). The Cambridge Ancient History, Volume 13: The Late Empire, AD 337–425 (en inglés). Cambridge / Nova York: Cambridge University Press. ISBN 9780521302005. 
  • Cercignani, Fausto (1986). "The Development fo the Gothic Vocalic System". En Brogyanyi, Bela; Krömmelbein, Thomas. Dialectos xermánicos: investigacións lingüísticas e filolóxicas. Serie: Current Issues in Linguistic Theory, nº 38 (en inglés). Amsterdam & Philadelphia: John Benjamins. pp. 121–151. ISBN 90-272-3526-0. 
  • Christensen, Arne Søby (2002). Cassiodorus, Jordanes and the History of the Goths: Studies in a Migration Myth (en inglés). Copenhague: Museum Tusculanum Press. ISBN 9788772897103. 
  • Heather, Peter (1991). Goths and Romans 332-489 (en inglés). Oxford: Clarendon Press. ISBN 978-0198202349. 
  • Heather, Peter (1996). The Goths (en inglés). Oxford: Clarendon Press. ISBN 9780631165361. 
  • Heather, Peter; Matthews, John (1991). Goths in the Fourth Century (en inglés). Liverpool: Liverpool University Press. ISBN 9780853234265. 
  • Hoppenbrouwers, Pieter; Blockmans, Wim (2016). Introduction to Medieval Europe (en inglés) (8ª ed.). Ámsterdam: Bert Bakker. 
  • Mazzarino, Santo (1973). L'impero romano (en italiano). Bari: Laterza. ISBN 88-420-2377-9. 
  • Nixon, C.E.V.; Rodgers, Barbara Saylor (1994). In Praise of Later Roman Emperors: The Panegyrici Latini (en inglés). Berkeley/O Ánxeles/Oxford: University of California Press. ISBN 0-520-08326-1. 
  • Wolfram, Herwig (1988). History of the Goths (en inglés). Berkeley, Ca: University of California Press. ISBN 0-520-05259-5. 

Outros artigos editar