Atanarico

Atanarico, finou no 381[1] en Constantinopla. Fillo de Aorico e neto de Ariarico,[2] foi un xuíz.[1] Daquela os godos daban, ás persoas que ostentaban o mando, o título de xuíz en troques do de rei[3] e caudillo dos tervingos;e doutras tribos confederadas, e chegou a ser considerado polos visigodos como o seu rei fundador.[4] O significado de Aþanareiks é "rei do ano" (aþni=ano e reiks=rei).

Atanarico
01-ATANARICO.JPG
Nacemento318
Falecemento25 de xaneiro de 381 e 25 de marzo de 381
Lugar de falecementoConstantinopla
Ocupaciónmonarca e Xefe tribal
PaiAorico
FillosAlarico I, Ataúlfo e Walia
IrmánsRocestes
Na rede
WikiTree: Visigoths-74
editar datos en Wikidata ]

O período do seu mando estivo marcado polas guerras contra romanos, hunos (ao se desprazaren estes cara o leste) e as guerras internas contra o seu rival Fritixerno, polas persecucións que levou Atanarico contra os visigodos convertidos ao cristianismo, polo que os historiadores cristiáns de época posterior retratárono como unha persoa cruel.

Os visigodos do século VII considerárono o seu primeiro rei[5] e hoxe en día hai unha gran unanimidade sobre esta idea.[6] Sucedeuno Alavivo, trala división dos tervingos.[7]

TraxectoriaEditar

Atanarico sendo xuíz e caudillo dos tervingos, unha subdivisión orixinaria dos godos, tomou parte nas guerras civís dos romanos do século IV. Ao se producir a sublevación de Procopio contra o emperador Valente, Atanarico tomou partido a prol de Procopio a quen enviou un continxente de 3 000 guerreiros.[8] No 366, Valente derrotou e executou a Procopio, e durante o ano seguinte, coa axuda do seu sobriño o emperador romano occidental Graciano, cruzou o Danubio e marchou contra Atanarico e os tervingos. Este fuxiu cos seus súbditos cara as montañas dos Cárpatos mais, finalmente, no 369 foi derrotado por Valente.

En medio do Danubio, como lugar neutral, asinaron unha paz que satisfizo a Valente (prohibía o paso do Danubio aos godos)[8] pero para se vingar deste, que era cristián ariano, Atanarico o mesmo ano comezou unha xeira de persecucións contra aqueles godos que eran cristiáns, polo que acabou sendo rexeitado polos seus propios súbditos.[1]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Carbonero (1875), p. 109.
  2. Pampliega (1998), p. 28.
  3. Valverde Castro (2000), p. 22. "A súa posición preeminente sobre os outros xefes de banda é reflectida por Amiano Marcelino como iudex gentis ou iudex Theruingorum".
  4. Frassetto (2003), p. 44.
  5. Wolfram (2003), p. 64.
  6. Huete Fudio (1994), p. 8.
  7. Wolfram (2003), p. 72.
  8. 8,0 8,1 Alamán (1853), p. 342.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Predecesor:
Xeberico
Xuíces dos tervingos
365-376
Sucesor:
Alavivo