Ulfilas
Ulfilas (en gótico Wulfila: pequeno lobo), nado cara o 311 e finado cara o 383, foi un bispo, misioneiro e tradutor da biblia godo, que viviu no auxe da controversia ariana. Era de orixe grega, máis concretamente capadocia.
Ulfilas | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 311 |
Falecemento | 383 |
Lugar de falecemento | Constantinopla |
Nacionalidade | valor descoñecido |
Relixión | Cristianismo primitivo |
Ocupación | misioneiro, sacerdote, tradutor, tradutor da Biblia e escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Os seus avós, capadocios helenizados, foron vítimas dos ataques godos en Asia Menor na fin do século III a.n.e. e Ulfilas naceu no seu reino, na beira do Mar Negro. Ademais de aprender a lingua dos seus donos desde a máis tenra infancia, falaba tamén o grego, que aprendeu a escribir ao estar destinado probablemente á carreira eclesiástica.
O seu talento valeulle ser embaixador en favor do seu pobo adoptivo ante o Imperio romano de Oriente. Alí entrou en contacto co bispo ariano Eusebio de Nicomedia, que o consagrou bispo o ano 341. Co fin de evanxelizar os godos, dedicouse a traducir a Biblia á lingua gótica, coa axuda dun alfabeto que inventou para tal fin. Convertido en apóstolo dese pobo bárbaro, dirixiuse a Constantinopla en moitas ocasións, especialmente a un concilio sobre o arianismo, en 360, e en 383 para defender o Arianismo contra o emperador Teodosio I.
Morreu pouco despois.
O seu arianismo editar
Ignórase precisamente as circunstancias da conversión de Ulfilas ao arianismo: esta herexía era a relixión dominante baixo o emperador Constancio II. En calquera caso, Ulfilas mostrouse un ariano fiel ata a fin da súa vida e foi baixo a súa influencia cando os godos, e logo outros pobos xermánicos orientais adoptaron esta versión do cristianismo. A el débese, aínda que indirectamente, o rexurdimento do arianismo en Occidente nos séculos VII e VIII, por medio dos godos, dos vándalos e dos burgundios, e finalmente dos longobardos.
A biblia de Ulfilas editar
A tradución da Biblia que el fixo consérvase ata hoxe e constitúe un dos documentos dos que dispomos para o coñecemento da lingua gótica.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Heather, Peter (2005). La caída del imperio romano. Barcelona: Crítica/Círculo de Lectores. ISBN 978-84-672-3049-9.
- Villar, Francisco (1996). Los indoeuropeos y los orígenes de Europa. Lenguaje e historia. Madrid: Gredos. ISBN 84-249-1787-1.