Ariarico (latín: Ariaricus) ou Ariaco (latín: Ariacus) foi o primeiro xefe (xuíz) tervingo cuxa existencia está historicamente confirmada e que aparece noutras fontes independentes dos Getica de Xordanes, sendo ás veces considerado o primeiro xefe coñecido.[1]

Infotaula de personaAriarico
Nome orixinal(la) Ariacus Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo III Editar o valor em Wikidata
MorteDespois de 333 Editar o valor em Wikidata
Xuíz dos Tervingi
291 – 332 – Aorico → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGodos Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónXefe tribal Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaBaltingos Editar o valor em Wikidata
FillosAorico Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Segundo informan as fontes, na década de 320 os tervingos dominaban o Baixo Danubio. Como resultado do seu apoio militar a Licinio (reinado 308–324) durante as guerras civís da Tetrarquía, en 328 o emperador Constantino o Grande (reinado 306–337) ordenou a construción dunha ponte sobre o río e fortes ao longo do seu curso,[2] especialmente nas rexións de Oltenia e Valaquia.[3] Esta presión romana obrigou á migración dos tervingos e taifales ao Tisza, entón unha zona controlada polos sármatas. Estes últimos solicitaron, á súa vez, axuda ao imperio e o César Constantino II (reinado 317–340) foi enviado a unha campaña no inverno de 332 que conseguiu expulsalos de volta ao Baixo Danubio.[4] Segundo se informa, esta campaña provocou a morte de aproximadamente 100.000 persoas debido ao clima e á falta de alimentos.[3]

Ese mesmo ano, 332, Constantino e Ariarico acordaron un pacto (foedus) polo cal os tervingos debían pagar un tributo ao imperio e proporcionar recrutas ao exército imperial; moitos destes recrutas foron dirixidos a Oriente para loitar contra o Imperio Sasánida. O fillo de Ariarico, Aorico,pata garanti-lo acordo de paz, foi entregado como refén e educado en Constantinopla..[5][6] Ariarico, segundo Getica, foi substituído por Xeberico.[7]

Notas editar

  1. Wolfram (1990), p. 61.
  2. Cameron (1998), p. 497.
  3. 3,0 3,1 Lenski (2002), p. 120.
  4. Heather (2011), p. 108.
  5. Hinds (2009), p. 19.
  6. Geary (2003), p. 87.
  7. "JORDANES. THE ORIGIN AND DEEDS OF THE GOTHS, XXIII, 113-116". people.ucalgary.ca (en inglés). (tradución de Charles C. Mierow). 22 de abril de 1997. Consultado o 26 de setembro de 2022. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Cameron, Averil; Garnsey, Peter (1998). The Cambridge Ancient History. 13 (en inglés). Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0521302005. 
  • Geary, Patrick J (2003). The Myth of Nations: The Medieval Origins of Europe (en inglés). Princeton, NJ: Princeton University Press. ISBN 9780691114811. 
  • Heather, Peter (2011). Empires and Barbarians (en inglés). Oxford: Oxford University Press. ISBN 9780330540216. 
  • Hinds, Kathryn (2009). Goths (en inglés). Nova york: Marshall Cavendish. ISBN 9780761445166. 
  • Lenski, Noel Emmanuel (2002). Failure of Empire: Valens and the Roman State in the Fourth Century A.D (en inglés). Berkeley, Os Ánxeles e Londres: University of California Press. ISBN 978-0-520-23332-4. 
  • Wolfram, Herwig (1990). History of the Goths (en inglés). Berkeley, Os Ánxeles e Londres:: University of California Press. ISBN 9780520069831. 

Outros artigos editar

Predecesor:
Primeiro xuíz documentado
Xuíces dos tervingos
291-332
Sucesor:
Aorico