Harvard University Press

Harvard University Press (HUP) é unha editorial fundada o 13 de xaneiro de 1913, como unha división da Universidade Harvard, e especializada en publicacións académicas. En 2005 publicou 220 títulos novos. É membro da Association of American University Presses. A editorial ten as súas sedes en Cambridge, Massachusetts, preto de Harvard Square, e en Londres, Inglaterra. Entre os seus autores de maior relevancia atópanse Eudora Welty, Walter Benjamin, E. O. Wilson, John Rawls, Emily Dickinson, Stephen Jay Gould, Helen Vendler, e Carol Gilligan.

Harvard University Press

Tipoeditora universitária (pt) Traducir e editorial de libros Editar o valor en Wikidata
Personalidades
Fundador/aUniversidade Harvard Editar o valor en Wikidata
Entidades
MatrizUniversidade Harvard Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación1913 Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 42°22′59″N 71°07′37″O / 42.3831, -71.1269
PaísEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
SedeCambridge Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBhup.harvard.edu Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: HarvardPress Twitter: harvard_press Instagram: harvardpress Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Marcas editoriais e series relacionadas

editar

HUP é propietaria da marca Belknap Press, que se inaugurou en maio de 1954 coa publicación da Harvard Guide to American History (en galego: Guía Harvard da Historia Americana).[1] A serie John Harvard Library publícase baixo o selo Belknap.

Harvard University Press distribúe a colección Loeb Classical Library e é editora de I Tatti Renaissance Library e de Dumbarton Oaks Medieval Library.

Outras editoriais de nome similar son Harvard Business Press, que é parte de Harvard Business Publishing, e a independente Harvard Common Press.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar