John Rawls, nado o 21 de febreiro de 1921 en Baltimore (Maryland) e finado o 24 de novembro de 2002 en Lexington (Kentucky) foi un filósofo estadounidense, mestre de filosofía política na Universidade Harvard e autor de A Theory of Justice (1971), Political Liberalism, Justice as Fairness: A Restatement, e The Law of Peoples. É amplamente considerado un dos filósofos políticos de fala inglesa máis importantes do século XX, e, en xeral, considerado como o máis influente defensor do liberalismo desde John Stuart Mill.

John Rawls
Nacemento21 de febreiro de 1921
Lugar de nacementoBaltimore
Falecemento24 de novembro de 2002
Lugar de falecementoLexington
SoterradoMount Auburn Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Princeton, Kent School e Calvert School
Ocupaciónfilósofo, pedagogo, profesor universitario e político
CónxuxeMargaret Warfield Fox
FillosAnne Warfield Rawls
Coñecido porA Theory of Justice, Political Liberalism e The Law of Peoples
InfluenciasImmanuel Kant · John Locke
Karl Marx · Abraham Lincoln
H.L.A. Hart
PremiosBolsa de estudos Guggenheim, Medalha Nacional de Humanidades, Rolf Schock Prize in Logic and Philosophy, Ralph Waldo Emerson Award e Programa Fulbright
Na rede
Dialnet: 550316 WikiTree: Rawls-902 Find a Grave: 42435445 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Rawls foi beneficiario do Premio Schock de Lóxica e Filosofía e Medalla Nacional de Humanidades en 1999, o último, que foi presidido polo presidente Bill Clinton, en recoñecemento por como o pensamento de Rawls "axudara a unha xeración enteira de estudantes estadounidenses a revivir a súa fe na propia democracia."[1]

Notas Editar

  1. "Remarks by the president at presentation of the national medal of the arts and the national humanities medal". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2011. Consultado o 22 de novembro de 2007. 

 
 Este artigo sobre filosofía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.