Constancio I Cloro

Marcus Flavius Valerius Constantius, nado en Salona, Espalato, na Dalmacia no 243, pasou á historia coma Constancio I Cloro, a causa da súa palidez.

Constancio I Cloro
Const.chlorus01 pushkin.jpg
Nome completoFlavius Constantius
Nacemento31 de marzo de 250
Lugar de nacementoDardania
Falecemento25 de xullo de 306
Lugar de falecementoEboracum
NacionalidadeRoma Antiga
Relixiónrelixión na Roma antiga
Ocupaciónpolítico
PaiFlavius Eutropius e Maximiano
NaiClaudia Crispina
CónxuxeHelena de Constantinopla e Flávia Maximiana Teodora
FillosConstantino I o Grande, Flávia Júlia Constância, Anastácia, Eutrópia, Júlio Constâncio, Flávio Dalmácio e Flavius Hannibalianus
Na rede
WikiTree: Constantius-4
editar datos en Wikidata ]
Efixie de Constancio I Cloro

TraxectoriaEditar

Da súa xuventude sábese pouco. No ano 272 casa con Helena, beatificada despois coma Santa Helena, nai do futuro emperador Constantino I o Grande. Poucas cousas se saben de certo da orixe de Helena. Puido ser filla do rei bretón Coel Hen ou filla dunha concubina.

O 1 de marzo do ano 293 foi nomeado César de occidente por Maximiano. Foi o elixido pola súa competencia no goberno da Dalmacia. Na división de Diocleciano de dous augustus e dous césares, a Constancio tocáronlle as provincias de Britania e a Galia. Repudiara a Helena e casou con Teodora, fillastra de Maximiano no ano 289.

No ano 296, na Britania rebélase Carausio, e proclámase emperador. Toma as terras británicas e algúns portos da Galia. Constancio lógrao derrotar, pero non nunha batalla definitiva, pero Carausio morre a mans do seu lugartenente Alecto. Pouco despois este é derrotado por Constancio, que se fai co control da Britania.

No ano 298 vence aos alamáns en Lingones e fai reforzar toda a fronteira do Rhin. No ano 305, despois da abdicación de Maximiano, é nomeado augustus, pero morre en Eboracum (York) no ano 306 nunha expedición contra os pictos. As lexións elixen ao seu fillo Constantino coma César.

Imperio Romano

Segue a:
Maximiano
Constancio I Cloro
Precede a:
Galerio
Segunda Tetrarquia