Galerio

emperador romano entre 305 e 311

Caius Valerius Galerius Maximianus, nado en Serdica (actual Sofía, daquela na provincia de Moesia Superior) arredor do ano 260 e finado na mesma vila en abril ou maio do ano 311, foi un emperador do Imperio Romano, máis coñecido como Galerio.

Galerio
Nome completoGalerius Maximinus
Nacemento250
Lugar de nacementoDacia
Falecemento5 de maio de 311
Lugar de falecementoSerdica
SoterradoSofía
NacionalidadeRoma Antiga
Relixiónrelixión na Roma antiga
Ocupaciónpolítico e gobernante
Paivalor descoñecido, Xúpiter e Diocleciano
NaiRomula
CónxuxeGaleria Valeria
FillosValeria Maximila, Candidianus e Maximino Daia
IrmánsGaleria
Coñecido porÉdito de Tolerância de Galério
Na rede
WikiTree: Maximianus-1 Find a Grave: 35827724 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Follis da ceca de Tesalónica coa imaxe de Galerio.

Traxectoria editar

Fillo dunha humilde familia, adicouse na súa xuventude a coidar gando, o que lle valeu o alcuño de Armentarius. A súa educación militar levouno a realizar unha brillante carreira militar baixo os emperadores Aureliano e Probo. Fillo adoptivo de Diocleciano, quen o nomeou César durante a Tretarquía no 293, casando ao mesmo tempo con Valeria, filla natural de Diocleciano. Recibiu para gobernar todos os Balcáns, excepto a Tracia.

Tanto o Augusto como o César dedicaron os seus esforzos a poñer paz nos territorios orientais, emprendendo a guerra contra os persas que ocuparan Armenia e Mesopotamia. Nun primeiro momento, Galerio foi derrotado polos persas, pero na segunda campaña derrotounos de tal xeito que chegou a recuperar todos os territorios e conseguiu a firma dunha paz que durou corenta anos.

No 303, Galerio instou a Diocleciano á persecución dos cristiáns, que se negaban a aceptar o culto ao emperador, un dos piares da recuperación política. Empréndese entón, especialmente na parte oriental do Imperio, a derradeira persecución contra a igrexa e a cristiandade, xa que foron derrubados templos e igrexas, perseguidos e martirizados moitísimos cristiáns. Foron expulsados do exército e de todos os cargos públicos, queimáronse libros sagrados e cando había algunha liorta, todo se resolvía matando algúns deles, xa que tiñan a culpa de todo. Posibelmente foi a persecución máis cruenta da historia do imperio.

Como Augusto editar

No ano 305, Diocleciano abdicou como prometera e obrigou a facer o mesmo a Maximiano no occidente. Galerio convértese en emperador da parte oriental do Imperio.

Pero tomando ao seu cargo o mesmo papel que desempeñara Diocleciano, el nomea os césares das dúas partes do Imperio. Os elixidos foron Flavio Valerio Severo para Occidente e Valerio Maximiano Daia para Oriente. Estes nomeamentos non sentaron ben en Occidente, xa que o augustus desa parte, Constancio I Cloro, tiña a intención de nomear o seu fillo Constantino e Maximiano coidaba que Maxencio, o seu fillo, tamén tiña dereitos sobor do trono occidental. A crise estaba servida.

O primeiro en actuar foi Maxencio, que se autoproclamou augustus en Roma, e chamou ao seu carón o seu pai, quen non tardou en secundar os planos do seu fillo. Galerio envía a sufocar esta rebelión a Severo II, que foi vencido e feito prisioneiro en Rávena. Levado a Roma e condenado a morte.

Mentres isto ocorría, Constancio estaba ocupado nunha campaña contra os pictos en Britania. Pero morre en Eboracum (York) no 306. Seu fillo Constantino vai cara a Britania, onde é elixido Augustus polas lexións.

Galerio atópase de súpeto cun grave problema. Tenta resolvelo invadindo Italia para rematar con Maxencio e Maximiano, pero é rexeitado e vai cara a Panonia. Diocleciano, dende o seu retiro tenta de arbitrar a situación, pero non ten moito éxito. No ano 308, xúntanse en Carnotum (Panonia) para arranxar a crise. Constantino é degradado a César, Maxencio é posto fóra da lei coma inimigo publico, Licinio é nomeado Augustus para reconquistar Italia e o Norte de África, mentres que en Oriente as cousas seguen igual que antes. Pero eran feridas que se pechaban en falso, xa que a elección de Licinio coma augustus sen pasar polo cargo de César non foi ben aceptada nin por Constantino nin por Maximiano, quen pouco despois tentaba de loitar contra o seu xenro con pouca sorte, xa que foi obrigado a se suicidar.

No ano 311, Galerio morre de morte natural. Pouco antes de morrer fai público un edicto de tolerancia para os cristiáns, emitido en Serdica, permitindo a reconstrucións das igrexas e o culto. Tal troco na súa actitude crese que foi debido á terrible enfermidade (posiblemente cancro) que o levou a pedir axuda ao Deus dos cristiáns.

Imperio Romano

Segue a:
Constancio I Cloro
Galerio
Precede a:
Flavio Severo
Tetrarquia