Maximino Daia

Caius Galerius Valerius Maximinus (Iliria, arredor do 270 - Tarso, agosto de 313) foi un emperador romano.

Maximino Daia
Bronze bust of Maximinus Daia.jpg
Nacemento20 de novembro de 270
Lugar de nacementoGamzigrad
Falecemento313
Lugar de falecementoTarso
NacionalidadeRoma Antiga
Relixiónrelixión na Roma antiga
Ocupaciónpolítico e labrego
Paivalor descoñecido e Galerio
NaiGaleria
Cónxuxevalor descoñecido
FillosMaximus e Maximina
Na rede
Find a Grave: 35941160 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Follis acuñado por Maximino Daia na ceca de Antioquía

TraxectoriaEditar

Maximino Daia era fillo dunha irmá do emperador Galerio, quen o adoptou. O seu nomeamento como césar tivo lugar despois da abdicación de Diocleciano no 305, encarregándose das provincias de Siria e as provincias orientais. Os acontecementos de occidente, coa Conferencia de Carnutum, onde saíu Licinio elixido coma Augustus, non ían resolver a situación, pero Maximino Daia non trocou a súa política nin a súa lealdade a Galerio. No ano 310, estando xa Galerio moi enfermo, declarouse augustus, pero nada trocou até a morte do seu tío no 311.

No 312, Maxencio, que usurpara o trono en Italia, fíxose o seu aliado, xa que estaba enfrontado con Constantino. Pero este era aliado de Licinio, o que converteu a Maximino Daia no seu inimigo.

Maxencio foi derrotado e Constantino quedou coma augustus da parte occidental do Imperio. O acordo ao que chegaran Maximino Daia e Licinio pola repartición das terras quedou rachado e o enfrontamento de ambos os dous era claro. Con motivo dunha xuntanza en Milán no 313 entre Licinio e Constantino o grande, Maximino viu a oportunidade para atacar a Licinio. Pero este, cun pequeno pero organizado exército, venceu na batalla de Campus Ergenus, e Maximino fuxiu disfrazado de escravo.

Chegou a Nicomedia e tratou de fortificar as portas de Cilicia, pero non aguantou a presión de Licinio, quen o perseguiu até Tarso, onde o venceu e lle dá morte en agosto do 313.

Toda a súa familia foi condenada a morte e executada. A súa esposa foi tirada viva ao río Orontes, ao igual que outras moitas mulleres cristiás que fixera tirar Maximino Daia.

Imperio Romano

Segue a:
Maxencio
Maximino Daia
Precede a:
Constantino o Grande
Imperio do Occidente