Alecto
Alecto (en latín Allectus), finado en 296, foi un emperador romano proclamado en Gran Bretaña en 293.
Nome orixinal | (la) Gaius Allectus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. século III |
Morte | 296 Britania, Roma Antiga |
Causa da morte | morte en combate |
Romano-British emperor (en) | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Período de tempo | Imperio Romano |
Outro | |
Título | Emperador |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |
Traxectoria
editarEra o prefecto, tesoureiro e lugartenente de Carausio, que se proclamou emperador en 286, a quen matou en 293 e asumiu a púrpura imperial durante tres anos. A Gallia Bononia non o recoñeceu e someteuse a Constancio Cloro. No ano 296, Constancio Cloro enviou ao xeneral Xulio Asclepiodoto cun exército e unha frota e derrotou a Alecto e someteu a Gran Bretaña, segundo Sexto Aurelio Víctor.[1]
A vila de Branding na illa de Wight probabelmente pertenceu a Alecto[2]e é a máis grande de Inglaterra e foi escavada en 1880 .
Deixou unhas moedas coa inscrición IMP. C. ALLECTUS PF AUG. Geoffrey de Monmouth inclúe a Alecto na súa historia semi-lendaria, e afirma que matou a moitos partidarios de Carausio para permanecer independente de Roma.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "William Smith. A Dictionary of Greek and Roman biography and mythology. London".
- ↑ Cristina Masanés, La mansió de Wight. Sàpiens n.72 (octubre 2008)