Ceca de Londinium

antiga ceca romana na Britania
Ceca de Londinium

Antoniniano de Carausio

Antoninianus Carausius leg4-RIC 0069v.jpg
IMP CARAVSIVS P F AVG; cabeza radiada e busto acoirazada cara á dereita. LEG IIII FL, león andando cara á dereita; ML no exergo.
Antoniniano. Ceca de Londinium (marca ML). Ca. 286-293. 2,99 g. [1]

A ceca de Londinium foi un obradoiro monetario do Imperio Romano establecido na cidade de Londinium (a actual Londres).[2]

HistoriaEditar

A ceca foi fundada polo usurpador Carausio en torno ao ano 286, xunto coa ceca de Camulodunum. Carausio cuñou aí moedas de ouro, de prata e de cobre. Ata ese momento, a Britania romana non tivera activo ningún outro establecemento de cuñaxe de moeda.[3][4]

 
Áureo da ceca de Londinium a nome de Carausio

Os áureos coñecidos a nome de Carausio son moi escasos, o que fai pensar que a provisión de ouro destinada á súa cuñaxe non debeu ser moi abundante, e ademais a lei do ouro era baixa en comparación coa establecida por Diocleciano para a cuñaxe dese metal.[3]

Agás unhas poucas excepcións, as emisións de prata limítanse a denarios, nos que non se reproduce ningunha das marcas de ceca habituais, aínda que si as letras RSR no exergo dos reversos. En analoxía coa inscrición COM(itis) habitual nos sólidos do baixo imperio, esas letras representan a expresión R(ationalis) S(ummae R(ei).[3]

A maior parte das moedas emitidas en Londinium a nome de Carausio son antoninianos, cuñados en cobre e cun baño de prata.[3]

 
Follis da ceca de Londinium a nome de Constantino I

A ceca foi utilizada tamén polo seu sucesor Alecto (293-296), quen non cuñou en prata e utilizou para o ouro a mesma baixa lei que Carausio.[3] Posteriormente, o obradoiro monetario sobreviviu á reconquista das illas por parte de Costancio Cloro e mantívose activa para as cuñaxes de toda a dinastía Constantiniana, ata que pechou cara ao ano 326.[4]

A partir de aí reabriu de xeito efémero baixo o usurpador Magno Máximo (383-388), coa denominación de Augusta (con marca de ceca AVG).[3][4][5][6]

Marcas de cecaEditar

As marcas de ceca máis utilizadas polo obradoiro monetario de Londinium foron: AVG, AVGOB (Augustae obryzum), AVGPS, L, LD, LG, LI, LN, LON, LVG, LVGD, LVGPS, ML (Moneta Londinii), MLL, MLN, MSL, PL (percussa Londinii), PLN, PLON e SML (Sacra Moneta Londinii).[3][5]

NotasEditar

  1. RIC V pt. 2, 69 (variante).
  2. Ceca de Londinium”. En Tesorillo.com
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 "Appendix 4: Roman coinage in London". En Hill, G. F. (1928). Páxinas 187-191
  4. 4,0 4,1 4,2 Mattingly, H. (1928). Páxina 213.
  5. 5,0 5,1 "Roman Mints: Londinium (London, England)". Forum Ancient Coins.
  6. Mayreder, F. (1947). Páxinas 122-125.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

BibliografíaEditar

  • De Salis, J. F. W. (1867). "Roman Coins Struck in Britain". En The Numismatic Chronicle and Journal of the Numismatic Society. RNS. Londres. Vol. 7. Páxinas 57-62, 250.
  • Hill, G. F. (1928). An Inventory of the Historical Monuments in London. Volume 3. Roman London. Royal Commission on Historical Monuments. Londres.
  • Mattingly, H. (1928). Roman coins from the earliest times to the fall of the western empire. Taylor & Francis.
  • Mayreder, F. (1947). "Londinium or Augustodunum". En The Numismatic Chronicle and Journal of the Royal Numismatic Society. RNS. Londres. Vol. 7. Nº 3/4. Páxinas 122-125.
  • (RIC): Roman Imperial Coinage (1923-1994). 10 volumes.