Coiraza
- Para outro significado, véxase Coiraza (tartarugas).
A coiraza,[1] termo derivado do latín coiracea, feminino de coiraceus, "de coiro", é unha peza da armadura, ríxida, que pode estar confeccionada con materiais moi diversos, entre eles ferro, bronce, aceiro, coiro endurecido ou até madeira, deseñada para a protexer o torso.
Coiraza | |
---|---|
[ editar datos en Wikidata ] | |
Orixinalmente tratábase dunha soa peza pectoral de coiro,[2] moldeada coa forma desexada.
Por extensión, tamén se chaman coirazas as armaduras formadas por dúas pezas feitas de coiro ou metal.
Descrición
editarUnha coiraza consistía nunha armadura ríxida para protexer o torso dun soldado ou guerreiro. Habitualmente compoñíase de dúas partes: unha para protexer o peito, denominada peto [3] ou plastrón,[4] e outra para o lombo, o espaldar, aínda que tamén, como no caso da lorica segmentata romana, podía ter reforzos nos flancos do pescozo e nas ombreiras, para protexer os deltoides.
Sobre as coirazas de coiro podíanse coser elementos metálicos, tiras de coiro para reforzala ou mallas de ferro entretecidas (cotas[5] e cotas de malla).
Galería de imaxes
editar-
Armadura hoplita. Nótese no centro a coiraza de coiro endurecido.
-
Coirazas da Idade Antiga, de bronce.
-
Coiraza en ferro na que a aresta media, moi resaltada, indica que se trata dunha peza dos séculos XVI-XVII.
-
Coiraza (e casco) da cabalería francesa, 1854.
-
Coiraza de trincheiras alemá (e casco), da Primeira Guerra Mundial.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para coiraza.
- ↑ De onde deriva o seu nome.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para peto.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para plastrón.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cota.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Coiraza |
Outros artigos
editar Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|