Nepociano
Flavio Xulio Nepociano, en latín Flavius Iulius Popilius Nepotianus Constantinus, († 30 de xuño de 350) foi un membro da Dinastía Constantiniana, e un usurpador do Imperio romano de curta duración.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século IV Roma, Italia |
Morte | 30 de xuño de 350 Roma, Italia |
Senador romano | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Período de tempo | Baixo Imperio Romano |
Familia | |
Familia | Dinastia constantiniana (pt) |
Pais | Vírio Nepociano (probabelmente) e Eutrópia |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |
Gobernou na cidade de Roma durante vinte e oito días, ata que Marcelino, xeneral do usurpador Magnencio, acabase coa súa vida.
Nepociano era fillo de Eutropia, media irmá do emperador Constantino I O Grande; e de Virio Nepociano. Por parte de nai, era neto do emperador Constancio I Cloro e de Flavia Maximiana Teodora, da Dinastía Valentiniana.
Tras a revolta de Magnencio, Nepociano autoproclamouse emperador e penetrou en Roma cun grupo de gladiadores o 3 de xuño de 350, o que fixo que o Praefectus urbi Ticiano (ou Anicio, ou Aniceto), aliado de Magnencio, fuxise, tras ser derrotado ao mando dunha forza composta por cidadáns sen preparación militar.
Magnencio pronto afrontou a situación enviando á súa magister officiorum de confianza, Marcelino a Roma. Nepociano morreu na loita (30 de xuño de 350), e a súa cabeza foi posta nunha pica e levada ao redor da cidade. Nos días seguintes, Eutropia tamén foi asasinada, incluída na persecución dos seguidores do defunto, moitos dos cales eran senadores.