Jean Baptiste Colbert de Beaulieu

numismático e arqueólogo francés


Jean Baptiste Colbert de Beaulieu, nado o 25 de decembro de 1905 en París e finado o 26 de xaneiro de 1995 en Joinville-le-Pont, na rexión da Illa de Francia, foi un erudito, numismático e historiador, director de investigación do CNRS, especialista na numismática celta e en concreto no estudo da moeda gala, cuxa serie de cuños estableceu baseándose nunha nova metodoloxía.

Infotaula de personaJean-Baptiste Colbert de Beaulieu
Biografía
Nacemento25 de decembro de 1905
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte26 de xaneiro de 1995 (89 anos)
Joinville-le-Pont.
Illa de Francia.
Francia
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancesa.
Coñecido porEstudos da moeda celta da Galia.
Actividade
Campo de traballoEstudos celtas, numismática, arqueoloxía.
Ocupaciónarqueólogo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Premios
- 1976: Medalla da RNS.
- 1981: Premio Derek Allen (BA).

Traxectoria editar

Aínda que Jean-Baptiste Colbert de Beaulieu era médico exerceu esta profesión pouco tempo. Durante a segunda guerra mundial dirixía un laboratorio de produtos de beleza en Bruxelas.[1]

A súa curiosidade fixo que se interesase por ámbitos tan diversos como a astronomía, a pintura clásica, a numismática, a filatelia, a radio ou os libros antigos, sobre os que publicou diversos artigos, así como sobre outros estudos históricos.[1] En 1931 fundou en Aviñón o Groupe numismatique du Comtat et de Provence, do que foi nomeado presidente de honra en 1970.[2].

En 1948, nunha das súas frecuentes viaxes de volta a Francia, atopou un grupo de moedas nun anticuario de Sanit-Jacques-de-la Lande que, coa axuda de Paul Naster, catalogou como moedas celtas da Galia; ese mesmo ano e sobre ese mesmo tema publicou o seu primeiro artigo sobre numismática.[3][4] A partir dese momento dedicou gran parte da súa vida á clasificación dos cuños destas emisións, para o que estableceu unha nova metodoloxía.[1]

O 1 de outubro de 1951 ingresou, da man de Adrien Blanchet, como bolseiro de investigación no CNRS, onde 25 anos despois culminou a súa carreira como director de investigación. Nesa institución desenvolveu as súas investigacións sobre a moeda da Galia, que deron lugar a numerosas publicacións, entre as que destaca o tratado de numismática celta publicado en 1973, onde expón a súa metodoloxía e sintetiza as súas achegas doutros traballos parciais.[5][6][7][8]

Colbert de Beaulieu foi membro de diversas sociedades e entidades académicas. En 1963 foi un dos fundadores da Sociedade de Estudos Numismáticos e Arqueolóxicos (SENA), en París, que presidiu e da que foi nomeado posteriormente presidente de honra.[9][10]

Recoñecementos editar

Publicacións editar

Colbert de Beaulieu foi un autor prolífico: entre 1948 e 1983 a súa bibliografía totaliza 306 artigos (máis de oito cada ano). Esta é unha listaxe dos seus traballos monográficos e unha escolma dalgúns dos seus artigos máis representativos:[13][14][15][16][17]

Monografías editar

  • (1960). Catalogue des collections archéologiques de Montbéliard. 2: Les monnaies gauloises (con F. Blind e P-D. Labarrière). Les Belles Lettres, París.
  • (1962). Catalogue des monnaies gauloises du Jura. Les Belles Lettres, París.
  • (1967). Catalogue des collections archéologiques de Besançon. IV: les monnaies gauloises. Les Belles Letres, París.
  • (1970). Les monnaies gauloises des Parisii (con G, Fabre). Impr. nationale, París.
  • (1973). Traité de numismatique celtique. I: méthodologie des ensembles. Les Belles Lettres, París.
  • (1978). Les monnaies antiques d'Afrique du Nord trouvées en Gaule. CNRS, París. ISBN 9782222022503
  • (1986). Recueil des inscriptions gauloises. III: Les calendriers (con P-M. Duval, M. Lejeune et al.). . CNRS, París. ISBN 9782222036685
  • (1998). Recueil des Inscriptions Gauloises. IV: Les légendes monétaires (con B. Fischer). París. CNRS, París. ISBN 9782271054487
  • (2002). Recueil des inscriptions gauloises. II-2: Textes gallo-latins sur "instrumentum" (con M. Lejeune, P-M. Duval et al). CNRS, París. ISBN 9782271058447

Escolma de artigos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Fischer, B. (1995). Páxina 261.
  2. "Colbert de Beaulieu Jean-Baptiste". Comité des travaux historiques et scientifiques.
  3. Véxase (1948) e (1951) en "Publicacións - Escolma de artigos".
  4. Gihard, P-M. (2016-b-) Arquivado 09 de xuño de 2021 en Wayback Machine.. Páxina 24.
  5. Véxase (1973) en "Publicacións - Monografías".
  6. Guihard. P-M.; Van Heesch, J. (2016). "Que reste-t-il du Traité de Numismatique Celtique ? Relire l’œuvre de Jean-Baptiste Colbert de Beaulieu (1905-1995) vint ans après.". En Revue belge de numismatique. CLXII.
  7. Gihard, P-M. (2016-b-) Arquivado 09 de xuño de 2021 en Wayback Machine.. Páxina 27.
  8. Fischer, B. (1995). Páxinas 261-262.
  9. Charlet, C. (2016). "Un demi-siécle de SENA, par Laurence Calmels". En CGB.fr. Informations numismatiques.
  10. Fischer, B. (1995). Páxina 263.
  11. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  12. "Derek Allen Prize". The British Academy.
  13. Gihard, P-M. (2016-b-) Arquivado 09 de xuño de 2021 en Wayback Machine.. Páxina 26.
  14. "Colbert de Beaulieu, Jean-Baptiste 1905-1995 Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  15. "Colbert de Beaulieu, Jean-Baptiste (1905-1995)". Persee.fr
  16. "Colbert de Beaulieu, J.-B (Jean-Baptiste)". WorldCat Identities.
  17. "Jean-Baptiste Colbert de Beaulieu (1905-1995)". Bibliothèque nationale de France.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar