Sociedade de Estudos Numismáticos e Arqueolóxicos

entidade numismática francesa

Coordenadas: 48°51′43.315″N 02°20′28.446″L / 48.86203194, -2.34123500

A Sociedade de Estudos Numismáticos e Arqueolóxicos (en francés: Société d’Études Numismatiques et Archéologiques SÉNA) é unha sociedade erudita francesa fundada en 1963 e destinada á promoción da investigación numismática e arqueolóxica.[1]

Sociedade de Estudos Numismáticos e Arqueolóxicos
Logo
AcrónimoSÉNA
Tiposociedade científica
Data de fundación1963
Fundador(es)Paul Lafolie, Max Le Roy e Jean Baptiste Colbert de Beaulieu
SedeParís
PaísFrancia
Na rede
http://www.sena.fr/
editar datos en Wikidata ]

A sociedade forma parte do Consello Internacional de Numismática. O seu presidente é Éric Vandenbossche.[2]

Historia editar

A segunda guerra mundial provocou a desaparición de numerosas institucións e publicacións que desde había un século, favorecían o pluralismo no acceso dos numismáticos á información e á investigación. Nese contexto, dous antigos membros do consello de dirección da Sociedade Francesa de Numismática (SFN), Paul Lafolie e Max Le Roy, determinaron a creación da Société d’Études Numismatiques et Archéologiques (SÉNA), o 23 de novembro de 1963, baixo a presidencia de Max Le Roy.[3][4]

 
Documento de inscrición da Sociedade de Estudos Numismáticos e Arqueolóxicos

A constitución formal da SÉNA non se produciu ata o 22 de febreiro de 1964, mediante unha asemblea xeral constituínte na que se designou como membro de honra o académico Fernand Benoît e presidente de honra o patron honorario do Gabinete de Moedas e Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, Jean Babelon, que xa era, pola súa vez, presidente honorífico da SFN.[3][4]

Entre os 31 membros fundadores salientan as figuras do gravador e futuro académico Raymond Corbin, o membro do CNRS e ex vice-presidente da SFN Jean Baptiste Colbert de Beaulieu, e os numismáticos profesionais Serge Boutin, René Kampmann (Maison Platt), Nadia Kapamadji e Bernard Poindessault.[3][4]

En xuño de 1964, a SÉNA creou os Cahiers numismatiques ("Cadernos numismáticos"), revista trimestral complementaria do Bulletin mensual e da Revue numismatique anual editados pola SFN, cos que se mantiña unha coordinación constante.[5][6]

En 1965 Paul Lafolie, o entón presidente da SÉNA, foi o seu representante no centenario da SFN. Pola súa banda, en 2000 a SÉNA organizou en conxunto coa SFN as Xornadas Numismáticas que tiveron lugar na Monnaie de Paris.[7]

Actividades editar

Co paso dos anos, a SÉNA foi ampliando os focos de interese das súas investigacións, da numismática celta á numismática xeral (antiga, medieval, clásica, estranxeira, moderna...) e os estudos arqueolóxicos. Desde a súa creación, a SÉNA agrupa investigadores, profesionais, coleccionistas e outras persoas interesadas pola historia, a numismática e a arqueoloxía.[8]

A sociedade organiza para os seus membros viaxes de estudo por toda Francia e por outros países, ademais de coloquios científicos, cuxas actas son publicadas con regularidade.[9] Ademais, cada trimestre nos Cahiers numismatiques amósanse os resultados de traballos científicos levados a cabo por especialistas relacionados polas áreas de interese da sociedade.[6] Con carácter mensual, a SÉNA celebra reunións mensuais na súa sede.[10] Asemade, tamén mensualmente, organiza na Monnaie de Paris unha conferencia sobre un asunto numismático ou arqueolóxico, seguida dun debate entre os asistentes.[11]

Publicacións editar

Cahiers numismatiques editar

 
Portada de Cahiers numismatiques (marzo de 2020), revista da Sociedade de Estudos Numismáticos e Arqueolóxicos

Os Cahiers numismatiques son, desde xuño de 1964, a revista trimestral da Société d’Études Numismatiques et Archéologiques. A SÉNA publica neles os resultados dos traballos científicos que promove. Eses artigos científicos abordan temas tan variados como os documentos premonetarios, estudos técnicos ou prácticos, moedas gregas e romanas, moedas galas, cecas e utensilios monetarios, moedas ibéricas, moedas bizantinas, moedas dos pobos bárbaros (longobardos, visigodos...), moedas orientais e asiáticas, moedas medievais, fichas comerciais e moedas de necesidade, pesos monetarios, moedas falsas ou achados monetarios, entre outros moitos.[12]

Nos Cahiers numismatiques publícanse igualmente as novidades editoriais e algunhas recensións e notas críticas, así como novas da SÉNA e informacións de actualidade numismática e arqueolóxica.[6]

Colección Recherches et Travaux editar

Desde 2006, a SÉNA edita as actas dos coloquios que organiza en colaboración con outras institucións (museos, universidades, institutos superiores...) na colección Recherches et travaux de la Société d'Études Numismatiques et Archéologiques (RTSÉNA):[13][14]

  • (2006) Hollard, D. (ed). L'armée et la monnaie. Actes de la journée d’études du 10 décembre 2005 à la Monnaie de Paris. ISBN 978-2952660006
  • (2009). Clairand, A.; Hollard, D. (eds). Numismatique et archéologie en Poitou-Charentes. Actes du colloque de Niort, 7-8 décembre 2007, Musée Bernard d’Agesci. ISBN 978-2952660013
  • (2010). Hollard, D. (ed). L'armée et la monnaie II. Actes de la journée d’études du 25 avril 2009 à la Monnaie de Paris. ISBN 978-2952660020
  • (2011). Hollard, D. (ed). La numismatique en Normandie. Actes du colloque de Bayeux du 17 avril 2010, Médiathèque municipale. ISBN 978-2-9526600-3-7
  • (2013). Guihard, P-M.; Hollard, D. (eds). De nummis gallicis. Mélanges de numismatique celtique offerts à Louis-Pol Delestrée. ISBN 978-2952660044
  • (2015). Hollard, D.; Meziane, K. (eds). Numismatiques bretonne. Les faux monétaires. Actes du colloque de Brest, 17-18 mai 2013. ISBN 978-2952660051
  • (2017). Schiesser, P. (ed.). Monnaies et circulation monétaire mérovingiennes (vers 670 - vers 750). Les monnayages d'argent de Touraine. ISBN 978-2952660068
  • (2018). Hollard, D.; Meziane, K. (eds). Numismatique monégasque et provençale de l'antiquité à nos jours. Colloque de la SÉNA à Monaco (2015) à l’occasion du tricentenaire de la mort de Louis XIV (1715). ISBN 978-2952660075
  • (2019). Hollard, D.; Meziane, K. (eds). Le monnayage à Metz et en pays lorrain de l'antiquité à nos jours. Actes du colloque des 27-30 septembre 2018 au Musée de la Cour d’Or - Metz Métropole. ISBN 978-2952660082

Presidentes de honra editar

 
Medalla deseñada por Raymond Corbin (1993) co gallo do 30 aniversario da Sociedade de Estudos Numismáticos e Arqueolóxicos

A SÉNA conta entre os seus presidentes de honra coas seguintes personalidades:[3]

Notas editar

  1. "Statuts Arquivado 18 de marzo de 2021 en Wayback Machine.". Sitio web da SÉNA.
  2. "Le Bureau Arquivado 29 de outubro de 2020 en Wayback Machine.". Sitio web da SÉNA.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Charlet, C. (2016). "Un demi-siécle de SENA, par Laurence Calmels". En CGB.fr. Informations numismatiques.
  4. 4,0 4,1 4,2 "Chronique numismatique". En Revue archéologique du Centre de la France. 1966- 5-1. Páxinas 86-88.
  5. "Cahiers numismatiques". BnF Data.
  6. 6,0 6,1 6,2 "Cahiers Numismatiques Arquivado 29 de outubro de 2020 en Wayback Machine.". Sitio web da SÉNA.
  7. Un demi-siècle de Journées numismatiques (1956-2006). Société française de numismatique. París, 2007.
  8. "Editorial Arquivado 26 de decembro de 2018 en Wayback Machine.". Sitio web da SÉNA.
  9. "Excursions Arquivado 25 de marzo de 2021 en Wayback Machine." e "Colloques Arquivado 25 de marzo de 2021 en Wayback Machine.". No sitio web de SÉNA.
  10. "Réunions et conférences mensuelles Arquivado 24 de marzo de 2021 en Wayback Machine.". Sitio web da SÉNA.
  11. " Conférences de la SENA". Monnaie de Paris.
  12. "[http://senatest.e-monsite.com/medias/files/table-cahiers-numismatiques.pdf Cahiers numismatiques. Table de Matières (196 4-2017)][Ligazón morta]". En Cahiers numismatiques. Hors série. Xuño de 2018.
  13. "Recherches et Travaux Arquivado 30 de marzo de 2021 en Wayback Machine.". Sitio web da SÉNA.
  14. "Recherches et travaux de la Société d'études numismatiques et archéologiques". WorldCat.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar